Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTROVERDE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Castroverde.

2. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: servicio de recollida domiciliaria de residuos sólidos na vila de Castroverde e localidades do concello e transporte á planta correspondente.

b) Duración do contrato: 5 anos.

c) Orzamento base de licitación: 30.050,61 euros, anuais.

d) Garantía provisional: 1.202,02 euros.

Garantía definitiva: 4% do prezo total do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

Concello de Castroverde: praza do concello, 2. CP 27120 Castroverde (Lugo). Teléfono: 982 31 20 80. Fax: 982 31 30 11.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no prego de condicións.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Castroverde, praza do concello, nº 2.

7. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, no salón de sesións da Casa do Concello de Castroverde.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Castroverde, 1 de abril de 2002.

Xosé Mª Arias Fernández

Alcalde