Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/239-4).

Visto o expediente para outorgamento de declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Palmou II.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T. áerea, a 20 kV, con conductor tipo LA-56, de 424 m de lonxitude, desde a L.M.T. ó C.T. existente de Palmou ata o C.T. que se proxecta en Palmou II, no concello de Lalín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, presenta alegacións o propietario do predio nº 12, manifestando que o paso da liña ocasiona unha serie de prexuízos concretos e efectivos xerados pola: perda da producción agrícola, perda das condicións de salubridade hixiénico-sanitarias e depreciación total do valor do solo. Trasladadas as alegacións a Fenosa, esta contesta que a liña non vai impedi-los labores agrícolas do predio, que a construcción é posible gardando as distancias de seguridade e que a exposición a campos magnéticos non ocasiona efectos adversos para a saúde, de acordo co informe emitido polo Ministerio de Sanidade e Consumo.

Tendo en conta que as alegacións efectuadas en canto á depreciación que poida sufri-lo predio polo tipo de solo que lle corresponde, é algo que, de

se-lo caso de non chegar a acordo coa empresa, será apreciado polo xurado de expropiación e que, en canto ós posibles efectos sobre a saúde, o Ministerio de Sanidade e Consumo emitiu un informe no sentido de que á frecuencia industrial non existe afección.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos II e V do Real decreto 1955/2000, esta delegación provincial resolve:

Declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados, das devanditas instalacións.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo do artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 24 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén podrá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra