Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se lle concede ó Centro de Formación Cofisad a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor autorizado de calefacción e AQS e de climatización.

Examinada a solicitude e a documentación anexa presentada por Pedro L. Díaz Currás, en representación do Centro de Formación Cofisad, con CIF 76273981-R e domicilio na avda. Alfonso Molina, nº 36, da Coruña, solicitando a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor de calefacción e auga quente sanitaria (AQS) e de climatización.

Feitos:

Primeiro.-Con data do 15 de febreiro de 2002, Pedro L. Díaz Currás, en nome e representación do Centro de Formación Cofisad, presentou escrito solicitando, ó amparo da Orde do 27 de decembro de

2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial (DOG do 16 de xaneiro de 2001), que lle fose concedida a renovación como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos nos ámbitos solicitados.

Para tal efecto achegaba a documentación esixida no artigo trece da citada orde.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; nos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullom e 2563/1982, do 24 de xullo, nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro e 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, con relación á Orde do 27 de decembro de 2000 pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para a instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial e demais lexislación concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentariamente establecidos.

Terceiro.-A documentación presentada por Pedro L. Díaz Currás acredita que o Centro de Formación Cofisad cumpre coas esixencias establecidas no artigo 13 da Orde do 27 de decembro de 2000 para a súa actuación nos ámbitos e categorías solicitadas.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgarlle ó Centro de Formación Cofisad a renovación da cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor de calefacción e AQS e de climatización, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido no capítulo quinto da Orde do 27 de decembro de 2000.

Segundo.-Para imparti-los cursos deberáselle comunicar á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia da Coruña, antes de inicia-los cursos, datas de inicio, programa, profesorado, listaxes de alumnos e lugar, horario e data dos exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Terceiro.-Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a dirección xeral competente en materia de industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Cuarto.-As entidades recoñecidas quedan obrigadas a comunica-los cambios que se poidan producir na súa estructura de persoal durante o período de validez da autorización. Así como presentar anualmente unha memoria na que se detallen as actividades desenvolvidas.

Quinto.-Poderase, mediante resolución motivada polo director xeral competente en materia de industria, revoga-la autorización á dita entidade no caso que se incumpran as obrigas e compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000 (DOG do 16-1-2001).

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da data da súa notificación, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas