Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para adquisición de material e maquinaria de agricultura.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adquisición de material e maquinaria para as explotacións agrícolas da deputación, mediante concurso, en procedemento aberto. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten no rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

-Lote 1: un rotovador: prezo 6.000 euros, IVE incluído.

-Lote 2: un tractor: prezo 35.000 euros, IVE incluído.

Ourense, 27 de marzo de 2002.

O presidente

Rubricado