Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.E. V/F do PERI IV/05 travesía de Vigo-Aragón (expediente 4294/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 7 de marzo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da U.E. V/F do PERI IV-05 travesía de Vigo-Aragón, promovido pola entidade mercantil Gestiones Urbanísticas y de Negocios, S.L. redactado polo equipo de arquitectos Castro y Alonso, C.B., visado polo COAG no 30-10-2001, 8-10-2001 e 21-6-2001 (expediente 4294/401).

Segundo.-Antes do inicio das obras e como condición suspensiva dos efectos do presente acordo de aprobación definitiva, o interesado deberá presentar un aval polo 100% do orzamento das obras, que ascende a 291.850,74 euros (48.559.878 pesetas), como garantía da súa execución.

Terceiro.-Deberase constituír unha entidade urbanística de conservación destinada ó mantemento dos novos espacios verdes cedidos ó concello. Os propietarios particulares resultarán obrigados á conservación do pavimento, superficie, placa de formigón e instalación baixo rasante das zonas sobre as que existe un dereito de uso de superficie en favor do concello.

Cuarto.-No momento inmediatamente anterior ó do inicio das obras efectuarase un replanteo delas en coordinación cos técnicos do departamento de Vías e Obras do Concello. Tamén debe comunicarse o inicio e finalización das obras ó departamento municipal de Servicios Electromecánicos, para a comprobación da rede de iluminación pública.

Quinto.-Publíquese este acordo no BOP e no DOG. Notifíquese ó departamento municipal de Vías e Obras, e ós interesados afectados, con indicación de que contra el cabe interpor, alternativamente, recurso de reposición ante esta Administración municipal no prazo máximo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición: ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 18 de marzo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo