Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da toma de coñecemento da presentación a esta Administración municipal do proxecto de compensación da unidade de actuación número 35 do PXOU rúa Loureiro Crespo, formulado por Construcciones y Obras Veteris, Sociedad Limitada.

A Comisión de Goberno, en sesión do 11-3-2002, acordou tomar coñecemento do proxecto de compensación da unidade de actuación nº 35 do PXOU, situada na rúa Doutor Loureiro Crespo, número 8, que foi presentado no rexistro do concello, o 18-12-2001, por Construcciones y Obras Veteris, S.L., formulado na súa condición de propietaria única da totalidade dos terreos integrantes, e redactado polos arquitectos Ignacio e José A. Hermo Túñez, dispoñéndose a substitución da cesión do 10% do aproveitamento urbanístico da unidade que lle corresponde ó concello pola cesión e urbanización de parcela de 577 m lindante coa parcela que nos ocupa, para completa-la urbanización de vía prevista no PXOU.

Durante o prazo de vinte días, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar, no servicio municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico, na rúa Churruchaos, número

2 desta cidade, a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 21 de marzo de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente