Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 38, do 15 de febreiro de 2002, publicáronse integramente as bases da convocatoria para a provisión dunha praza de funcionario de carreira técnico de Administración xeral adxunto á Intervención, subescala técnica, clase superior, grupo A, vacante no cadro de persoal do Concello de Oleiros.

A regulación desta convocatoria específica complétase coa establecida na convocatoria unitaria para prazas de persoal laboral fixo, correspondente ó exercicio de 2001.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no BOE, deixando constancia de que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Oleiros, 18 de febreiro de 2002.

María José Varela Neira

Concelleira delegada de Persoal, Gobernación,

Consumo e Sanidade