Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 35, do 11 de febreiro de 2002, publicáronse integramente as bases da convocatoria para a provisión dunha praza de TAX coordinador de servicios urbanísticos, vacante no cadro de persoal do Concello de Oleiros.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no BOE, deixando constancia de que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Oleiros, 18 de febreiro de 2002.

María José Varela Neira

Concelleira delegada de Persoal, Gobernación,

Consumo e Sanidade