Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.668

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 1 de marzo de 2002, da Dependencia Rexional de Recadación de Galicia, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 de Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítase o interesado que figura

neste anuncio, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar, persoalmente ou mediante representante, as notificacións correspondentes na Delegación Espcial da AEAT de Galicia, sita na rúa Comandante Fontanes, 10, da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

A Coruña, 1 de marzo de 2002.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

de Galicia

ANEXO

InteresadoNIFProcedementoÓrgano de tramitaciónLugar de comparecencia

Hoytrans, S.L.B15394620Suspensión de reclamacións económico-administrativasDependencia Rexional de RecadaciónDependencia Rexional de Recadación

Delegación Especial da AEAT en Galicia

R/ Comandante Fontantes, 10, 5º (A Coruña)