Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T. Ribas de Sil-Nocedo, nos concellos de Ribas de Sil e Quiroga e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 18/2000 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

b) Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.

c) Descricións técnicas principais:

1. Liña media tensión aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. de Granxa e remate na L.M.T. Quiroga-Torbeo de 1.496 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa de sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan

destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 27 de febreiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 18/2000Provincia: Lugo

L.M.T. Ribas de Sil-NocedoTermo municipal: Quiroga

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºSitioCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

56HuertasHortaAntonio González Pérez e hnos. R/ Eduardo Pondal, s/n

Monforte de Lemos

22220

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 18/2000Provincia: Lugo

L.M.T. Ribas de Sil-NocedoTermo municipal: Ribas de Sil

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºSitioCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Os VicentesHortaManuel Darriba PuenteR/ Maceiras, 40-1º

Vigo

330

5Os VicentesRpta.: Arturo López González

Pura González

R/ Dieciocho de Julio, 16-18-1º

San Clodio-Ribas de Sil

16256

7Os VicentesPradoRpta.: Luis Manuel Martín Durán

Matilde Durán Ancla

R/ Vales Villamarín, 63-2

A Coruña

1145450

12ForxaPiñeiralRpta.: Vicente López Rodríguez

Rosa Rodríguez Quevedo

Ca. de Pumares, nº 14

San Clodio-Ribas de Sil

26416

20ForxaMonte altoRpta.: Javier Urrutia

Francisco Núñez Arias

Paseo Begoña, nº 12, entol. dta.

Gijón

40400

29GranxaMonte/arb.Rpta.: Vicente López Rodríguez

Rosa Rodríguez Quevedo

Ca. de Pumares, nº 14

San Clodio-Ribas de Sil

62950

30GranxaMonte/arb.Balbina Rodríguez QuevedoR/ Celso Emilio Ferreiro, 3º F

Ourense

5160960

VérticeLonxitudeLatitude