Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 27 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación número 5.994.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que Pedro Termenón Rodríguez, con enderezo en 24389 Castroquilame, León, presentou nesta delegación provincial, o día 21 de outubro de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Eduviges de 14 cuadrículas mineiras para recursos de lousa e sección C, que se sitúa no concello de Quiroga da provincia de Lugo e á que lle correspondeu o número 5.994 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 11' 00''42º 32' 00''

2-7º 09' 40''42º 32' 00''

3-7º 09' 40''42º 31' 00''

4-7º 10' 20''42º 30' 40''

5-7º 10' 20''42º 30' 40''

6-7º 11' 00''42º 30' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 27 de febreiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL