Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.S. San Francisco (Parador).
Situación: Ferrol.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 350 m de lonxitude, con orixe na liña Penas de Guitín e final no centro de seccionamento, que se vai instalar.
Centro de seccionamento en caseta prefabricada de formigón, con tres celas de liña, tipo compactas con corte SF6 nas inmediacións do Pardor de Turismo. Concello de Ferrol.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 27 de febreiro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña