Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica para o control e vixilancia incluído labores de seguridade e saúde da obra acondicionamento da estrada PO-351 Couso-Tomiño. Treito: Couso-Tomiño.

Adxudicatario: G.O.C., S.A.

Orzamento: 109.504,80 E (18.220.066 pesetas).

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída cartografía da obra acondicionamento da estrada PO-226 (antiga EP-0501) Cuntis-Porráns.

Adxudicatario: Prointec, S.A.

Orzamento: 105.020,65 E (17.473.966 pesetas).

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado, construcción e impacto ambiental incluida cartografía da obra variante da estrada C-531 no treito Cortegada-Filgueira, nova ponte sobre o río Miño.

Adxudicatario: Itro Ingenieros, S.L.

Orzamento: 208.934,15 E (34.763.717 pesetas).

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notificase, advertindo que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda