Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a construcción do centro de documentación e arquivo e mellora dos accesos, circulación e comunicación nos campus de Elviña e A Zapateira da Universidade da Coruña.

Antecedentes.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña, con data 25 de xuño de 2001, asinaron un convenio de cola

boración para dotación de novas infraestructuras de servicios para centros universitarios nos campus da Coruña (Elviña e A Zapateira).

2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, con data 17 de setembro de 2001 resolveu inicia-lo expediente de expropiación forzosa, mediante o procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a construcción do centro de documentación e arquivo e mellora dos accesos, circulación e comunicación nos campus de Elviña e A Zapateira da Universidade da Coruña, e sometelo a información pública polo prazo dun mes anunciándose no xornal La Voz de Galicia do 8 de outubro de 2001 e no DOG do 27 de setembro de 2001. Nesta resolución declarase beneficiaria da expropiación a Universidade da Coruña.

3. A taxación foi notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (en adiante LSG).

4. Con data 24 de setembro de 2001 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remite o expediente de expropiación ó Concello da Coruña, para que de acordo co artigo 145.5º da LSG formule as alegacións que estime pertinentes.

5. Unha vez emitido informe sobre as alegacións presentadas polos interesados, con data 18 de novembro de 2001 resolve a remisión do expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da LSG.

Segundo.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da LSG:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Terceiro.-No Concello da Coruña está vixente o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado o 19 de outubro de 1998.

Os terreos obxecto de expropiación están clasificados no planeamento vixente como solo urbano consolidado e urbanizable en réxime transitorio. Os terreos encóntranse comprendidos dentro do ámbito

do plan parcial modificado do campus universitario da Coruña, aprobado polo pleno municipal de data 18 de outubro de 1991.

O PXOM contempla na sección do capítulo 2 do título III o réxime das áreas de planeamento incorporado (API).

No anexo II do PXOM. Normas Urbanísticas. Fichas, aparece como ficha de área de planeamento incorporado Universidade-A Zapateira API-G13.0.1, incorporando ó PXOM o Plan Parcial do Campus Universitario. No plan parcial establece que a obtención de solo farase mediante expropiación forzosa.

Á vista do dito e de acordo co establecido no artigo 54 da LSG en relación co artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (LRSV) resulta acreditada a utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

Cuarto.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria utilizou os criterios de valoración do título III da LRSV.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000) pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, Lei sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a construcción do centro de documentación e arquivo e mellora dos accesos, circulación e comunicación nos Campus de Elviña e A Zapateira da Universidade da Coruña, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da LSG, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación a elas que constan no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146.1º da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146.2º da LSG).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, á Universidade da Coruña, ó Concello da Coruña, e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da LSG, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da LSG).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Campus Elviña (lugar de Rebanles)

Nº pred.PropietarioSup. mValoración A

1 e 2Rogelio Jaspe Otero e Juana Catoira Bermúdez2.113108.848,34

3Africa Vázquez Rojo96449.659,16

4Luis González Taboada96449.659,16

5Avelino Uzal González96449.659,16

6Josefa González González57429.568,83

7Luis Doldán González44422.872,06

8Amparo Seijas González3.177163.658,86

9Antonia Caridad Pedreira75638.944,32

9ADolores de la Iglesia Blanco37819.472,16

10María Suárez de la Iglesia37819.472,16

11Germán Canosa Teijido75738.995,83

12Ramón Rivas Seoane64833.380,84

13Descoñecido64333.123,28

13AVicente Martínez Ramallo46624.005,36

14Juan Veira Fernández39520.347,89

14ADolores Couto Blanco33217.102,53

14BAlida Ponte Pedreira22211.436,03

15Manuel Gómez Portela8.386434.517,71

15ADescoñecido1819.323,97

16Dolores Fernández Pérez2.124109.414,99

17J. Ángel Regueira Suárez1457.469,48

18Mª Luz Gómez Núñez22311.487,54

19José Fernández Fernández48324.881,09

20Antonio Jaspe López1148.712,34

Campus A Zapateira (lugar do Escorial)

Nº pred.PropietarioSup. mValoración A

21Luis Orgeira García29319.945,94

22M. Eladio Camino Tojo3055.084,86

23Camilo Iglesias Méndez1.75090.148,89

24M. Josefa Pérez Brañas2.513129.453,80

Campus Elviña (lugar do Lagar)

Nº pred.PropietarioSup. mValoración A

25M. Carmen Capelán Pardo76033.548,56

26 e 27José Rodríguez Carbón37716.641,85

28Amalia Fernández García23510.373,57

Nº pred.PropietarioSup. mValoración A

29José A. Rumbo Veira2229.799,71

29AFernando Blanco Pardo582.560,28

30Carmelo Seoane Martín1737.636,71

31Miguel Méndez Castro28812.713,14

32Dolores López Zapata50022.071,42

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, segundo o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA). Así mesmo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo

(artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, no lugar do recurso de reposición poderá dirixir ó órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da LXCA.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifestaren a súa desconformidade como se indicou no punto 2º desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da LSG.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2002.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo