Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do Parque Eólico de Irixo para os efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente 05/2001 DXI-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública

a solicitude de autorización administrativa das instalacións do Parque Eólico de Irixo coas seguintes características:

Peticionario: Hidroeléctrica Galaico-Portuguesa, S.A.; r/ Sáenz Díez, nº 43-entlo., 32003 Ourense.

Situación: concellos de Dozón (Pontevedra), O Carballiño, Piñor e O Irixo (Ourense).

Localización (coordenadas poligonais UTM):

V(577.019, 4.705.193); V(578.281, 4.706.799); V(578.526, 4.706.657); V(578.933, 4.707.285), V(577.249, 4.708.261), V(577.465, 4.709.082), V(577.452, 4.709.370), V(577.001, 4.709.375), V(577.030, 4.709.596), V(577.342, 4.710.181); V(577.880, 4.710.436); V(578.217, 4.711.815); V(578.309, 4.711.802), V(578.959, 4.712.440), V(578.605, 4.712.926), V(577.791, 4.712.400), V(577.402, 4.712.400), V(577.321, 4.711.981), V(577.505, 4.711.830); V(577.238, 4.710.744); V(576.913, 4.710.651); V(576.449, 4.709.783), V(576.368, 4.709.162), V(575.988, 4.708.307), V(575.326, 4.708.397), V(575.238, 4.707.803), V(576.950, 4.705.570), V(577.757, 4.705.103); V(576.555, 4.705.574).

Potencia bruta: 41,25 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria