Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.574

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de abril de 2002 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa de Promoción Xeral de Investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria para o ano 2002.

A Lei 12/1993, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social

e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 14 de marzo de 2002, aprobou o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2002-2005).

O plan está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais. Dentro dos programas xerais figura o Programa de Promoción Xeral da Investigación que ten como obxectivo alimenta-la base que sosterá o sistema ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia, fundamentalmente a través da investigación básica e a formación de investigadores.

En consecuencia e co fin de pór en marcha os instrumentos previstos no plan para a execución dos seus programas, esta orde aproba as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ó Programa de Promoción Xeral de Investigación e procédese á convocatoria para o ano 2002. Trátase dun programa que ten como obxecto dar soporte á I+D+I nos aspectos básicos e xerais que afectan o Sistema Público de I+D, e nalgúns aspectos tamén os centros tecnolóxicos. A convocatoria está dedicada á promoción xeral de investigación que inclúe a promoción xeral do coñecemento (axudas para a formación de novos grupos de investigación, proxectos de investigación de grupos consolidados e de excelencia, incentivos para participar noutros programas e outras medidas de apoio tales como: adquisición de infraestructuras científico técnicas e material bibliográfico, axudas para a constitución de redes temáticas, publicacións periódicas, organización de congresos, asistencia a congresos e

investigadores/tecnólogos visitantes).

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Anualmente convocaranse en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva as axudas que a seguir se indican, como instrumentos ordinarios do programa de promoción xeral da investigación que se rexerán polas respectivas bases que se inclúen como anexos á presente orde:

1. Axudas para a formación de novos grupos de investigación. (Anexo I).

2. Proxectos de promoción xeral do coñecemento. (Anexo II).

3. Axudas e incentivos para a participación noutros programas. (Anexo III).

4. Adquisición de infraestructura científico-técnica e material bibliográfico. (Anexo IV).

5. Axudas para a constitución de redes temáticas. (Anexo V).

6. Axudas para publicacións periódicas. (Anexo VI).

7. Axudas para organización de congresos. (AnexoVII).

8. Axudas para asistencias a reunións científicas por parte de investigadores non vinculados ás universidades galegas. (Anexo VIII).

9. Axudas para investigadores/tecnólogos visitantes. (Anexo IX).

Artigo 2º

Para os efectos das axudas dos anexos I-II-III, IV e V enténdese por:

1. Grupo de investigación: conxunto de persoas que baixo a dirección continuada dunha delas realizan coordinadamente e de forma habitual tarefas de investigación nun reducido número de liñas, afíns ou complementarias. O grupo ten carácter de permanencia dentro da súa natureza dinámica. Un investigador só poderá formar parte dun grupo de investigación.

2. Equipo de investigación: membros dun grupo de investigación, que baixo a dirección dun deles realizan un proxecto de investigación concreto. Nun grupo pode haber máis dun equipo de investigación.

3. Proxecto de investigación coordinado: proxecto de investigación no que participan equipos de investigación que pertencen a grupos de investigación distintos da Comunidade Autónoma de Galicia, que achegan coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación con ese proxecto. Tamén poderán participar equipos doutras comunidades autónomas, sempre que estas financien os correspondentes subproxectos.

4. Persoal con vinculación estable: persoal numerario, contratado laboral indefinido ou fixo e outras figuras equivalentes. Tamén se inclúen os investigadores contratados con cargo ó programa Ramón y Cajal ou a outros programas equiparados, sempre que a duración do contrato cubra a duración do proxecto solicitado.

5. Persoal con vinculación: persoal con relación laboral ou contractual temporal, bolseiros de predoutoramento e análogos. Non se considerará como vinculación dispor dunha bolsa de terceiro ciclo ou análoga excepto naqueles supostos en que así o indiquen as correspondentes bases da convocatoria. En ningún caso, na composición mínima de equipos de investigación se admitirá como persoal vinculado ó organismo aquel que estea contratado ou sexa bolseiro con cargo a un proxecto, independentemente do organismo financiador.

6. Grupo en formación: conxunto formado por investigadores para desenvolver novas liñas de investigación, non cubertas por grupos do seu contorno, ou para desenvolver liñas existentes naqueles casos en que concorran razóns circunstanciais que o xustifiquen. Estes grupos só poderán ter un equipo. Os grupos en formación terán que cumpri-las seguintes características de composición:

6.1. Ter como mínimo tres membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

6.2. O director do grupo, que será tamén o investigador principal do proxecto, deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos como tal e ter vinculación estable co correspondente organismo.

6.3. Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó mesmo organismo que o investigador principal. Para este caso e só para un deles, admitirase tamén como vinculación ser bolseiro de terceiro ciclo de segundo ano.

7. Grupo consolidado: é un grupo experimentado de investigadores dotado dunha certa coherencia interna, é dicir, con experiencia investigadora afín ou complementaria. Un grupo consolidado poderá integrar un ou varios equipos de investigación. Cada equipo, e polo tanto o grupo, deberá cumprir como mínimo as seguintes características de composición:

7.1. Estar integrado por tres membros, todos eles pertencentes, como norma, ó mesmo organismo.

7.2. O director e os outros membros do grupo consolidado que pretendan ser investigador principal dun proxecto deberán ser doutores con vinculación estable ó correspondente organismo e ter alomenos un sexenio recoñecido ou ben ter unha antigüidade mínima como doutor de catro anos e acreditar nos últimos catro anos unha actividade investigadora que como mínimo responda a algún dos seguintes puntos:

a) Ter dirixida unha tese de doutoramento que xa fose lida.

b) Ter publicados dous artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizados dous estudios técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicado un artigo de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudio técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada, no modelo que para tal efecto se incluirá na solicitude, polo vicerrector de investigación no caso das universidades, ou polo órgano competente do correspondente organismo.

7.3. O segundo membro do grupo deberá ser doutor con vinculación ó mesmo organismo có investigador principal.

7.4. Os restantes membros do grupo (mínimo un) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó mesmo organismo que o investigador principal.

8. Grupo de excelencia: é un grupo experimentado de investigadores con certa coherencia interna que, ademáis de cumprir unhas condicións mínimas en canto á súa composición, cumpren tamén uns criterios preestablecidos de calidade. Un grupo de excelencia poderá integrar un ou varios equipos de investigación. Cada equipo de investigación, e polo

tanto o grupo, terá que reunir como mínimo as seguintes características de composición e calidade.

8.1. Características mínimas de composición:

8.1.1. Cada equipo terá como mínimo cinco membros, todos eles pertencentes, como norma, ó mesmo organismo.

8.1.2. Entre os membros do equipo, e polo tanto do grupo, deberán figurar un mínimo de tres doutores:

8.1.2.1. O director do grupo e os outros membros do grupo que pretendan ser investigador principal dun equipo de excelencia deberán ser doutores con vinculación estable ó correspondente organismo e deberán ter alomenos dous sexenios recoñecidos ou ben ter unha antigüidade mínima como doutor de oito anos e acreditar actividade investigadora nos últimos catro anos que como mínimo responda a algún dos seguintes puntos ou á combinación de dous deles ó 50%.

a) Ter dirixidas dúas teses de doutoramento que xa fosen lidas.

b) Ter publicados catro artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizados catro estudios técnicos de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude polo vicerrector de investigación no caso das universidades ou polo órgano competente do correspondente organismo.

8.1.2.2. O segundo membro do grupo/equipo deberá te-las características establecidas no punto 7.2 para o director dun grupo consolidado.

8.1.2.3. O terceiro membro do grupo/equipo deberá ser doutor con vinculación ó mesmo organismo que o investigador principal e dedicación a tempo completo.

8.1.2.4. Os restantes membros, (mínimo 2) deberán ser, alomenos, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó mesmo organismo do investigador principal.

8.2. Criterios de calidade:

Para que o grupo/equipo poida ser considerado de excelencia, o conxunto dos seus membros deberá reunir alomenos catro dos seguintes criterios de calidade:

a) Catro sexenios recoñecidos.

b) Cinco teses de doutoramento dirixidas e lidas.

c) Doce publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.

e) Dirección de seis proxectos obtidos en convocatorias competitivas de ámbito nacional ou internacional.

f) Unha presidencia dun comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.

g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.

h) Dirección de seis proxectos financiados por empresas dun importe superior a 12.100 euros cada un deles.

9. Acadada a composición mínima, ós grupos tanto en formación como consolidados e de excelencia poderán incorporarse:

-Colaboradores.

-Asesores científicos.

-Investigadores asociados.

-Especialistas.

9.1. Colaboradores.

Enténdese por colaborador aquela persoa que ou ben non está vinculada a ningún organismo de investigación ou non cumpre os requisitos mínimos esixidos ó membro menos cualificado de tódolos que forman o grupo/equipo mínimo.

9.2. Asesores científicos.

Enténdese por asesor científico aquel investigador de recoñecido prestixio. No caso de que o asesor científico estea integrado nun grupo dos definidos nesta orde deberá presentar autorización do director do grupo ó que pertence.

9.3. Investigadores asociados.

Enténdese por investigador asociado o titulado superior con vinculación a un organismo de investigación e non integrado en ningún grupo.

9.4. Especialista.

Enténdese por especialista o persoal técnico que en función da súa capacitación colabora en determinadas etapas da investigación para realizar.

Os investigadores ou técnicos que se definen nos puntos 9.1 a 9.4 non se computarán para efectos da composición mínima dos equipos ou grupos establecidos nos puntos anteriores.

10. Os profesores numerarios de ensinanzas medias que sexan doutores e que veñan colaborando regularmente nun grupo de investigación desde hai catro anos, poderán ser contabilizados para a composición mínima do dito grupo con dedicación a media xornada, pero non poderán figurar como investigadores principais nin como directores do grupo. A tal obxecto deberán xustifica-lo seu labor investigador mediante as correspondentes publicacións.

11. Cando existan investigadores con vinculación estable a distintos organismos e que non se poidan integrar en ningún grupo de investigación por non existir grupo adecuado na súa institución, poderán

formar, con carácter excepcional, un grupo interinstitucional cunha composición mínima de tres membros.

Artigo 3º

As bases que rexen a concesión das axudas e todos cantos actos administrativos se deriven da súa aplicación poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 4º

O prazo máximo para resolve-las solicitudes presentadas ó abeiro da correspondente convocatoria pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento será de 6 meses, contados desde a apertura do prazo de presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no dito prazo as solicitudes deberán entenderse desestimadas.

Contra as resolucións expresas ou presuntas que poñen fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

De non estima-la presentación deste recurso poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 5º

Os beneficiarios das axudas concedidas quedarán obrigados a facilitar toda a información que lles sexa

requerida pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

Así mesmo os beneficiarios deberán proceder ó reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Artigo 6º

As resolucións de concesión de axudas poderán modificarse no caso de alteración das condicións que se tiveron en conta para a súa concesión.

Artigo 7º

As bases recollidas na presente orde entrarán en vigor ó día seguinte da súa publicación no DOG e terán vixencia ata a finalización do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005. (PGIDIT). Anualmente a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública procederá a publicar no DOG unha resolución na que se especificará:

-Prazo de presentación de solicitudes de cada acción.

-Créditos asignados a elas.

-Outros aspectos que se considere necesario actualizar na convocatoria anual.

Polo que respecta ó presente exercicio 2002, a convocatoria das axudas tramitarase polo procedemento de gastos anticipados ó abeiro do establecido na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, polo que se regula a tramitación anticipada de gastos, tendo en conta as modificacións da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 27 de novembro de 2000.

Nas aplicacións orzamentarias que a continuación se indican existe crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2002 presentado no Parlamento de Galicia, quedando condicionada a adxudicación das axudas á aprobación dos citados orzamentos.

Detállase igualmente o prazo de presentación de solicitude para cada tipo de axuda.

Créditos

Anualidades (EUR)

Tipo de axudaAplicación orzamentaria2002200320042005Prazo de solicitude

Axudas para a formación de novos grupos de investigación. (Anexo I).

Proxectos de promoción xeral do coñecemento. (Anexo II).

04.06.432A.740.06.000.0002.700.000900.000600.00030 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación presente orde no DOG

Axudas e incentivos para a participación noutros programas. (Anexo III).

Adquisición de infraestructura científico-técnica e material bibliográfico (Anexo IV).

04.06.432A.781.01.050.00060.00040.00018.000

Axudas para a constitución de redes temáticas. (Anexo V).04.06.432A.740.0180.00030 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG

Créditos

Anualidades (EUR)

Tipo de axudaAplicación orzamentaria2002200320042005Prazo de solicitude

Axudas para publicacións periódicas. (Anexo VI).04.06.432A.740.075.00030 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG

04.06.432A.781.015.000

Axudas para organización de congresos. (Anexo VII).04.06.432A.440.083.99030 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG

Axudas para asistencia a reunións científicas por parte de investigadores non vinculados ás universidades galegas. (Anexo VIII).04.06.432A.480.018.00030 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG

Axudas para investigadores/tecnólogos visitantes. (Anexo IX).04.06.432A.442.0102.00030 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG

Sen embargo, tódalas cantidades antes citadas poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

Axudas para a formación de novos grupos

de investigación

Os grupos en formación, definidos no artigo 2º da presente orde, poderán solicitar dous tipos de axudas debendo optar en cada convocatoria anual por só unha delas.

1. Axuda preparatoria.

Trátase dunha axuda destinada á realización de actividades encamiñadas á formación do grupo e, polo tanto, é unha axuda que so poderá ser solicitada previamente á obtención dun proxecto de investigación por parte deste. A contía máxima desta axuda ascende a 6.000 euros, para un período dun ano e só se poderá conceder por unha soa vez.

2. Axudas para a realización de proxectos de investigación precompetitivos.

Os grupos en formación poderán solicitar proxectos de investigación precompetitivos; un grupo en formación poderá gozar dun máximo de dúas axudas para a realización de proxectos precompetitivos que evidentemente non poderán concorrer temporalmente na súa execución e mentres teña vixente un proxecto precompetitivo non poderá gozar outros proxectos doutras convocatorias independentemente de cál sexa o organismo convocante. A contía máxima destas axudas ascende a 12.100 euros, para un período de dous anos, a primeira e a 18.100 euros, para un período de dous anos, a segunda. Non se permite a adquisición de infraestructuras por importe superior a 3.000 euros con cargo a estes proxectos. Non obstante se o grupo xustifica a necesidade de utilizar infraestructura dispoñible noutro grupo xuntando

documento polo que se autorize o seu uso, poderá concedérselle unha axuda adicional total non superior a 1.500 euros destinada a compensa-lo dito grupo.

Non poderán formar parte dos grupos que soliciten estas axudas aqueles investigadores que fosen investigadores principais de grupos que gozasen dalgún proxecto da modalidade B de convocatorias anteriores da Xunta de Galicia ou proxectos equivalentes doutros organismos, agás circunstancias excepcionais que deberán ser debidamente acreditadas na correspondente solicitude. O número total de axudas para un grupo en formación non poderá ser superior a tres.

Normas específicas destas axudas

1. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo director do grupo de investigación que deberá pertencer a unha das universidades do sistema universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma.

O modelo oficial de solicitude PXI-nº 01 (do que a cara externa se publica como anexo X da presente orde), estará ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid), durante o período anual de presentación de solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse cubertas no modelo que aparece na páxina web da Secretaría Xeral de I+D, antes citado.

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

As solicitudes relativas a proxectos de investigación presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por

calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e, para o caso da lingua galega, deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

2. Conceptos subvencionables.

En xeral as axudas solicitadas deberanse referir a algún dos conceptos que de seguido se relacionan.

1) Material inventariable e bibliográfico debidamente xustificado. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ó que pertence o investigador responsable. Este epígrafe non poderá supera-lo importe de 4.500 euros.

2) Material funxible debidamente xustificado.

3) Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen para a formación do grupo.

4) Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

5) Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarci-lo correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

3. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que de non face-lo considerarase desistido da súa solicitude procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases serán excluídos e no caso de que o grupo/equipo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos esixidos, a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

4. Avaliación e selección.

As axudas para a realización de proxectos precompetitivos serán obxecto de avaliación por expertos externos.

A selección de tódalas axudas (axudas preparatorias e proxectos precompetitivos) será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do

6 de febreiro), que elevará a proposta de adxudicación á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG.

A comisión, para a selección dos beneficiarios e a cuantificación de axudas dará prioridade a aquelas solicitudes que mellor se adapten ás prioridades do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e ademais terá en conta, entre outros, os seguintes criterios:

Axuda preparatoria:

-Novidade e interese de liñas de investigación proposta.

-Coherencia do plan de formación presentado.

-Actividades que pretendan realizar.

-Adecuación dos gastos propostos ós conceptos subvencionables

Proxectos precompetitivos:

-Avaliación realizada por expertos externos.

-Interese do proxecto.

-Adecuación dos gastos propostos ós conceptos subvencionables e xustificación deles.

5. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o grupo investigador, conforme ó plan de necesidades da axuda concedida e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto.

Para efectua-lo derradeiro pagamento o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades. Dado o carácter destas axudas considéranse incompatibles con calquera outra destinada ó mesmo fin, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda.

6. Seguimento.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá utiliza-los procedementos que considere necesarios para coñece-lo desenvolvemento da actividade subvencionada do investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica poderá coñece-la marcha das axudas financiadas e propo-la suspensión da axuda se da análise se derivase unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos.

Finalizada a actividade, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento remitirá ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito informe, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización da acción, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Este informe final será avaliado polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá a certificación acreditativa do cumprimento das mesmas. Así mesmo, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá convoca-lo investigador principal, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

7. Difusión de resultados.

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, no momento de os facer públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e deberán enviar a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

8. Incidencias.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse no dito grupo (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia da axuda financiada, agás circunstancias excepcionais ocorridas con posterioridade á concesión da axuda e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases da presente convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas, de conformidade co disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

ANEXO II

Proxectos de promoción xeral do coñecemento

Os grupos consolidados e os grupos de excelencia definidos no artigo 2º da presente orde poderán solicitar axuda para a realización dun proxecto de investigación sempre que o dito proxecto se presentase

previamente á última convocatoria xa resolta do Programa Nacional de Promoción Xeral do Coñecemento do Plan Nacional e non fose financiado. Os grupos que opten por solicitar axuda para proxecto de investigación ó abeiro deste anexo II non poderán optar ás axudas ás que se refire o anexo III.

Co fin de que o equipo investigador do proxecto cumpra os requisitos establecidos para os equipos consolidados ou de excelencia, poderase amplia-la composición do equipo investigador do proxecto presentado ó Plan Nacional.

Así mesmo deberá terse en conta que no caso de que o equipo investigador ou algún dos seus membros teña algún proxecto vixente, para poder solicitar axuda para un proxecto, o tamaño mínimo do equipo deberá incrementarse, incorporando, polo menos, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó mesmo organismo que o investigador principal, pasando a se-la composición mínima do grupo consolidado de 4 membros e do grupo de excelencia de 6 membros.

A contía máxima da axuda concedida ascenderá a 90.150 euros no caso de grupos consolidados e 120.300 euros para os grupos de excelencia, en ambos casos para un período máximo de tres anos.

Normas específicas destas axudas

1. Requisitos e limitacións.

A efectos da solicitude de axuda para a realización dun proxecto de investigación, os investigadores que constitúan o equipo deberán ter en conta as seguintes limitacións relativas ó número máximo de proxectos nos que poden participar computando o proxecto solicitado:

a) Se teñen unha antigüidade como doutores de catorce ou máis anos e acreditan producción científica durante ese período, poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e en dous se é a tempo parcial.

b) Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos e acreditan producción científica durante ese período, poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en dous se é a tempo parcial.

c) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos e acreditan producción científica durante ese período, poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e nun se é a tempo parcial.

Os restantes membros do equipo non incluídos nalgún dos tres puntos anteriores só poderán participar no proxecto que se solicita.

Ningún grupo, e polo tanto cada un dos seus membros poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Promoción Xeral da Investigación do Plan Galego, pero si poderá simultanear

un proxecto do Programa de Promoción Xeral de Investigación con ata dous doutros programas do plan, sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do programa marco. Tamén se exclúen os proxectos do plan nacional que rematen o mesmo ano no que se solicita o proxecto, calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, e os proxectos do Programa de Promoción Xeral do Plan Galego que rematen antes do 1 de setembro do mesmo ano no que se inicia o proxecto para o que se solicita a axuda.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos distintos pertencentes a organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase un mínimo de dous investigadores, a saber:

-O responsable de cada subproxecto deberá cumpri-los requisitos esixidos para os investigadores principais dos grupos consolidados. Un deles será o coordinador do proxecto.

-Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ó correspondente organismo.

Excepcionalmente, poderán solicitarse subproxectos que non acaden as condicións antes citadas, sempre que o organismo responsable certifique que nesa área de investigación, dentro do propio organismo, non é posible reuni-lo número e características mínimas esixidas para o subproxecto, pero neste caso o outro subproxecto deberá reuni-las condicións requeridas ós grupos consolidados.

Poderán solicitarse proxectos coordinados con grupos doutras comunidades autónomas sempre que estas se comprometan a financia-los subproxectos correspondentes.

2. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo investigador principal do proxecto que deberá pertencer a unha das universidades do Sistema Universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma. No caso de que o director do grupo de investigación non participe na composición do equipo investigador que solicita o proxecto, requirirase o seu visto e prace á correspondente solicitude.

O modelo oficial de solicitude PXI-nº 02 (do que a cara externa se publica como anexo XI da presente orde), estará ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de

Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, durante o período anual de presentación de solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse cubertas no modelo que aparece na páxina web da Secretaría Xeral de I+D, antes citado.

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e, para o caso da lingua galega, deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

3. Conceptos subvencionables.

En xeral as axudas solicitadas deberanse referir a algún dos conceptos que de seguido se relacionan.

3.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase consonte os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Poderá solicitarse persoal unicamente no caso de grupos de excelencia. O importe máximo por este concepto será de 45.000 euros para proxectos de 3 anos de duración, e 30.000 euros para proxectos de 2 anos de duración e 15.000 euros para proxectos de 1 ano de duración.

3.2. Material inventariable e bibliográfico debidamente xustificado. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ó que pertence o investigador principal.

3.3. Material funxible debidamente xustificado.

3.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen para a realización do proxecto.

3.5. Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

3.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin

de resarci-lo correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

4. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que de non face-lo considerarase desistido da súa solicitude procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases serán excluídos e no caso de que o grupo/equipo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos esixidos a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

5. Avaliación e selección.

A Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, procederá a selecciona-los beneficiarios das axudas e elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Para a selección dos beneficiarios e a cuantificación das axudas de proxectos de investigación teranse en conta, entre outros criterios, os seguintes:

a) A valoración realizada por expertos externos como referencia fundamental.

b) A valoración dos resultados obtidos, polos investigadores que forman o equipo, en proxectos financiados pola Xunta de Galicia en anteriores convocatorias.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

d) Para o axuste económico e cando sexa necesario como complemento do criterio a) terase en conta a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do equipo e a natureza e esixencia da investigación que se vai realizar.

e) Daráselle prioridade a aquelas solicitudes que estean relacionadas cos sectores prioritarios da economía galega.

Non se considerarán como prioritarias as solicitudes correspondentes a aqueles grupos de investigación que resulten ser beneficiarios dalgunha das axudas de infraestructura de investigación que se convocan no anexo IV da presente orde.

6. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto.

Para efectua-lo derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

7. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto de acordo coas valoracións feitas polos expertos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá utiliza-los procedementos que considere necesarios para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivase unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos do proxecto.

Finalizado o proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento remitirá ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no desenvolvemento deste, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito informe, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Este informe final será avaliado polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá a certificación acreditativa do cumprimento do proxecto. Así mesmo, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá convoca-lo investigador principal, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

8. Difusión de resultados.

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, no momento de os facer públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e deberán enviar a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

9. Incidencias.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse no dito grupo (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia do proxecto financiado, agás circunstancias excepcionais ocorridos con posterioridade á aprobación do proxecto e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e ás bases da presente convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas, de conformidade co disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

ANEXO III

Axudas e incentivos para a participación noutros programas

Os grupos consolidados e os grupos de excelencia definidos no artigo 2º da presente orde poderán solicitar dous tipos de axudas que non son incompatibles entre si:

-Axudas para a presentación de proxectos europeos:

Trátase de axudas encamiñadas a cubri-los gastos que supón a elaboración dun proxecto europeo. O importe máximo destas axudas será de 1.805 euros.

-Incentivos por proxectos do plan nacional ou de programas europeos:

Trátase dunha axuda destinada a reforza-la capacidade competitiva dos grupos que resultaron beneficiarios dun proxecto de investigación de calquera programa do plan nacional ou de proxectos europeos.

Segundo a modalidade do grupo (consolidado ou de excelencia) e o proxecto obtido establécense os seguintes importes máximos para os incentivos:

Incentivo PN

Incentivo programa

europeo

Grupo consolidado36.10048.100
Grupo de excelencia48.10060.200

Os incentivos son incompatibles coa solicitude dun proxecto de promoción xeral do coñecemento ós que se refire o anexo II das presentes bases.

Normas específicas destas axudas

1. Requisitos.

As axudas para a presentación de proxectos europeos, deberán referirse a solicitudes de proxectos que o grupo solicitante se compromete a presentar ós programas europeos, antes de rematar o exercicio orzamentario ó que se refire a correspondente solicitude.

Os incentivos por proxectos de calquera programa do plan nacional ou programas europeos só poderán solicitarse na convocatoria de promoción xeral inmediatamente posterior á notificación de concesión do proxecto que dá dereito ó mesmo. Excepcionalmente na presente convocatoria do ano 2002 poderán solicitarse incentivos por proxectos notificados a partir do ano 2000, sempre que non foran obxecto de solicitude na convocatoria do ano 2001.

2. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo director do grupo de investigación que deberá pertencer a unha das universidades do sistema universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma.

O modelo oficial de solicitude PXI-nº 03 (do que a cara externa se publica como anexo XII da presente orde), estará ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, durante o período anual de presentación de solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse cubertas no modelo que aparece na páxina web da Secretaría Xeral de I+D, antes citado.

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e, para o caso da lingua galega, deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

3. Conceptos subvencionables.

As axudas para solicitudes en programas europeos deberán referirse a:

-Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen para a formación do consorcio do proxecto.

-Outros gastos (especificados no modelo de solicitude).

-Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total.

As axudas de incentivos por proxectos do plan nacional ou de programas europeos deberán referirse a:

3.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do grupo. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase consonte os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

3.2. Material inventariable e bibliográfico debidamente xustificado. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ó que pertence o director do grupo de investigación.

3.3. Material funxible debidamente xustificado.

3.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que precise o grupo.

3.5. Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

3.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total da axuda, co fin de resarci-lo correspondente organismo.

4. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que de non face-lo considerarase desistido da súa solicitude procedéndose conforme ó disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases serán excluídos e no caso de que o grupo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos esixidos a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

5. Avaliación e selección.

A selección das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de

febreiro), que elevará a proposta de adxudicación á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG.

A comisión, para a selección dos beneficiarios e a cuantificación de axudas, dará prioridade a aquelas solicitudes que estean relacionadas cos sectores prioritarios da economía galega e ademais terá en conta, entre outros, os seguintes criterios:

-Respecto das axudas para presentación de proxectos europeos a comisión de selección terá en conta o detalle do gasto das actividades que pretendan realizar, coa axuda solicitada.

-En relación coas axudas de incentivos por proxectos do plan nacional ou de programas europeos a comisión terá en conta:

a) Duración e contía do proxecto que dá dereito ó incentivo.

b) Composición do grupo de investigación que solicita o incentivo.

6. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o grupo beneficiario, conforme o plan de necesidades da axuda concedida e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto. Así mesmo no caso das axudas para presentación de proxectos europeos, será necesario presentar documento acreditativo de ter presentada a solicitude ó correspondente programa.

Para efectua-lo derradeiro pagamento o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades. Dado o carácter destas axudas considéranse incompatibles con calquera outra destinada ó mesmo fin, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda.

7. Seguimento.

Para os incentivos por proxectos do plan nacional ou de programas europeos, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá utiliza-los procedementos que considere necesarios para coñece-lo desenvolvemento da actividade subvencionada e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica poderá coñece-la marcha das axudas financiadas e propo-la suspensión da axuda se da análise se derivase unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos.

Finalizada a actividade, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento remitirá ós directores do grupo un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito informe, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización da acción, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Este informe final será avaliado polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá a certificación acreditativa do cumprimento delas. Así mesmo, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá convoca-lo investigador principal, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

8. Difusión de resultados.

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, no momento de os facer públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e deberán enviar a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

9. Incidencias.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse no dito grupo (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia da axuda financiada, agás circunstancias excepcionais ocorridas con posterioridade á concesión da axuda e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases da presente convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas, de conformidade co disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

ANEXO IV

Axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria

A finalidade destas axudas é mellora-lo equipamento científico dos centros de investigación e a

adquisición de fondos bibliográficos ou documentais.

1. Modalidades de axuda.

Existen dúas modalidades de axuda:

1.1. Mellora da instrumentación científica.

Esta modalidade prevé á súa vez dúas variantes:

1.1.A. Solicitudes institucionais.

1.1.B. Solicitudes de grupos de investigación.

1.2. Adquisición de fondos bibliográficos ou documentais para investigación.

1.1.A. Solicitudes institucionais:

Poderán concorrer na variante de solicitudes institucionais:

A.1) As universidades do sistema universitario de Galicia que poderán presentar institucionalmente solicitudes relativas ós seus servicios xerais ou institutos de investigación.

A.2) Os centros públicos de investigación de Galicia non universitarios e non dependentes da Administración central, que teñan como única actividade a I+D.

A.3) Os centros tecnolóxicos de Galicia.

A.1) Solicitudes das universidades do sistema universitario de Galicia.

As solicitudes deberanse referir a servicios xerais ou institutos de investigación e xuntaráselle-la seguinte documentación:

a) Material solicitado e descrición pormenorizada deste (folletos descritivos), con indicación do servicio xeral ou instituto de investigación ó que se destinará e facturas proforma do dito material, de tres casas subministradoras diferentes.

b) Relación do material de que dispón o servicio xeral ou instituto de investigación correspondente con indicación de: data de adquisición, entidade financiadora e custo.

c) Relación do persoal destinado de forma permanente no servicio xeral ou instituto de investigación.

d) Fotocopia do libro de usuarios do servicio durante o ano anterior a aquel no que se presenta a solicitude ou memoria de actividades do instituto de investigación, se é o caso.

e) Declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

No caso de que se trate de peticións para a creación dun novo servicio os documentos b) e d) substituiranse por unha memoria na que se xustifique, de forma detallada, a súa necesidade e unha previsión dos grupos de investigación que puidesen utilizalo.

Cada universidade presentará unha única solicitude, que poderá referirse a un ou a varios servicios xerais ou institutos de investigación, entendéndose que a documentación sinalada no parágrafo anterior se refire de forma individual a cada petición.

A contía global da solicitude de cada universidade non poderá ser superior a 601.100 euros e ningún dos instrumentos solicitados será de contía inferior a 36.100 euros.

A.2) Solicitudes de centros públicos de investigación de Galicia non universitarios e non dependentes da Administración central, que teñan como única actividade a I+D.

Ás solicitudes xuntaráselle-la seguinte documentación:

a) Material solicitado e descrición del (folletos descritivos) e facturas proforma do material solicitado de tres casas subministradoras diferentes.

b) Xustificación pormenorizada da necesidade do dito material respecto da investigación que se realiza no correspondente centro con indicación das liñas de investigación nas que se utilizará o dito equipamento.

c) Relación das publicacións e informes técnicos máis salientables dos tres últimos anos de investigadores do centro relacionados coa liña de investigación na que se utilizará o equipo solicitado; documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela na que figuren os datos significativos desta (autor/es, título, editorial, revistas, etc.) e fotocopia da última páxina da publicación.

d) De se-lo caso, certificación expedida polo organismo competente relativa ó cofinanciamento externo que se achega para a adquisición do material solicitado.

e) Declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal.

A contía global da solicitude do centro non poderá ser superior a 240.500 euros.

A.3) Solicitudes de Centros Tecnolóxicos de Galicia.

Ás solicitudes xuntaráselle-la seguinte documentación:

a) Material solicitado e a súa descrición (folletos descritivos) e facturas proforma do material solicitado de tres casas subministradoras diferentes.

b) Xustificación pormenorizada dos servicios de I+D+I prestados ó sector productivo durante o último ano.

c) Xustificación detallada da mellora que poden experimenta-los servicios de I+D+I que se van prestar ó sector productivo coa incorporación da infraestructura que se solicita.

d) Relación dos proxectos de I+D+I que se están a realizar no centro tecnolóxico en colaboración con universidades e centros públicos de I+D, así como co sector productivo.

e) Certificación expedida polo organismo competente relativa ó cofinanciamento externo que se achega para a adquisición do material solicitado, que en ningún caso será inferior ó 10% do importe solicitado.

f) Declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

g) Certificado de estar ó corrente das obrigas fiscais e tributarias coa Administración central, Xunta de Galicia e Seguridade Social.

A contía global solicitada polo centro tecnolóxico non poderá ser superior a 150.000 euros nin inferior a 30.000 euros.

1.1.B. Solicitudes de grupos de investigación.

Poderán concorrer nesta modalidade os grupos de investigación consolidados ou de excelencia (ver puntos 7 e 8, respectivamente, do artigo 2º desta orde) pertencentes a centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma. Cada solicitude poderá estar apoiada por varios grupos ata un máximo de catro e cada grupo poderá participar soamente nunha solicitude das que se presenten a este punto da convocatoria.

Non poderán participar na convocatoria aqueles grupos que recibiron infraestructura nas dúas convocatorias anteriores a aquela na que se solicita a axuda.

A contía da solicitude deberá ser dun mínimo de 36.100 euros (enténdese esta relativa a un único instrumento), e non poderá supera-los 90.200 euros. Non obstante e de forma excepcional, en cada organismo público poderá admitirse anualmente unha solicitude de importe superior para o que se requirirá acompañar un informe favorable expedido polo órgano correspondente.

Ás solicitudes xuntaráselle-la seguinte documentación:

a) Descrición detallada do material que se solicita e factura proforma de instrumentos ou equipos equivalentes, desagregados en función dos diferentes módulos que constitúen o equipo, e emitidos por tres casas subministradoras diferentes.

b) Relación e composición do/dos grupo/s de investigación que usarán ordinariamente o material solicitado (máximo 4 grupos; xuntarase fotocopia do DNI de cada un dos membros do grupo). Os investigadores que se integran nun grupo, no caso de que este resulte beneficiario dunha axuda desta modalidade, quedan obrigados a manterse no dito grupo (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), cando menos durante 18 meses (período que se considera necesario para a posta en funcionamento e obtención de resultados coa infraestructura financiada), salvo

circunstancias excepcionais ocorridas con posterioridade á aprobación da correspondente axuda e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

c) Xustificación pormenorizada da necesidade do dito material respecto da investigación que realiza cada un dos grupos solicitantes (unha xustificación por cada un dos grupos solicitantes).

d) Relación das publicacións máis salientables relacionadas coa liña da infraestructura solicitada, dos 3 últimos anos, de cada un dos grupos solicitantes. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela na que figuren os datos significativos desta (autor/es, título, editorial, revista, etc.) e fotocopia da última páxina da publicación.

e) Financiamento de cada un dos grupos solicitantes nos últimos cinco anos. Acreditarase mediante copia das comunicacións de concesión das correspondentes axudas.

f) De se-lo caso, certificación expedida polo organismo competente relativa ó cofinanciamento externo ó solicitante, que se achega para a adquisición do material solicitado.

g) Declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal (rector no caso das universidades).

1.2. Adquisición de fondos bibliográficos ou documentais para investigación.

Esta modalidade de axuda ten carácter institucional e poderán concorrer a ela os organismos con sede na Comunidade Autónoma e con finalidade investigadora legal ou estatutaria, tendo en conta o seguinte:

a) Cada institución só poderá presentar unha solicitude e a contía global desta non poderá ser superior a 120.200 euros. Tendo en conta a creación do consorcio de bibliotecas universitarias de Galicia, as universidades poderán presentar unicamente peticións de fondos bibliográficos para investigación relativos a áreas non científico-técnicas e por un importe máximo de 60.100 euros.

b) Os fondos solicitados non poderán ser de contía inferior a 120 euros por unidade.

c) A solicitude, sexa única ou resultado da suma de varias peticións parciais, deberá indica-la relación de fondos solicitados e o lugar onde serán situados e acompañarase de:

-Factura proforma detallada dos fondos solicitados. As facturas proforma deberán referirse unicamente ós fondos solicitados.

-Aval, se é o caso, da correspondente comisión de biblioteca.

-Certificación da correspondente institución na que conste que os fondos solicitados están destinados á investigación.

-Certificación da correspondente institución na que conste que os fondos solicitados non supoñen duplicidade dentro desta, se ben poderán ser admitidas excepcións sempre que sexan debidamente xustificadas.

-Declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

d) Os fondos solicitados deberán ter un carácter netamente orientado á investigación e poderán incluír subscricións a publicacións periódicas.

2. Formalización das solicitudes.

Os modelos oficiais de solicitude que comprenden cada modalidade de axuda (PXI-nº 04 para solicitudes de instrumentación científica por parte de grupos de investigación e PXI-nº 05 en tódalas demais modalidades) están ó dispor dos interesados/as, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, e as súas caras externas publícanse como anexos XIII e XIV á presente orde.

As solicitudes deberán acompañarse inescusablemente da documentación requirida para cada modalidade de axuda de acordo co disposto no punto 1 do presente anexo.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999 durante o período anual de presentación de solicitudes.

3. Tramitación

Se a documentación presentada estivera incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que de non face-lo considerarase desistido da súa solicitude procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999 para os efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Nas solicitudes presentadas por grupos de investigación aqueles investigadores que non cumpran

os requisitos establecidos nas presentes bases serán excluídos e no caso de que a solicitude resultante non cumpra os requisitos mínimos da convocatoria será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

4. Avaliación e selección.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión poderá solicitar calquera informe de expertos, establecendo os contactos necesarios que conduzan a unha acertada distribución dos fondos dedicados a esta convocatoria.

A avaliación das solicitudes de mellora de instrumentación científica será realizada atendendo:

a) Ó informe emitido polos expertos, se este foi solicitado.

b) Ó cofinanciamento, externo ó solicitante, que se achega para a adquisición do material solicitado.

c) Á adecuación das solicitudes ós obxectivos e accións do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

d) A que a súa adquisición non supoña duplicidade inxustificada con relación ós medios xa existentes no centro onde se instalará o material.

No caso de solicitudes de grupos de investigación ademais dos criterios anteriores teranse en conta os seguintes:

a) Xustificación da petición por parte de cada un dos grupos solicitantes, tendo en conta as liñas de traballo do grupo de investigación.

b) Valoración das publicacións dos tres últimos anos de cada un dos grupos solicitantes, relacionadas coa liña do equipo solicitado.

c) Tamaño e número de grupos solicitantes e ponderación de uso proposto para cada grupo.

d) O número de grupos solicitantes en relación coa xustificación realizada da necesidade. Valorarase positivamente o compromiso de facilita-la utilización de infraestructuras por parte dos grupos en formación.

e) O grao de utilización polos grupos solicitantes das infraestructuras financiadas pola Xunta de Galicia en anteriores convocatorias. Un grao de utilización por debaixo do 60% poderá orixina-la perda da prioridade da petición tramitada.

A avaliación das solicitudes para adquisición de fondos bibliográficos ou documentais será realizada atendendo a:

a) A que a súa adquisición non supoña duplicidade inxustificada con relación ós medios xa existentes no centro onde se instalará o material.

b) Adecuación dos fondos solicitados a actividades de investigación.

c) Daráselles preferencia ás peticións de subscricións a publicacións periódicas en soporte informático pero o financiamento destas non implicará nunca compromiso de mantelo en anos sucesivos, e este, en todo caso, deberá correr a cargo da correspondente institución.

No caso de solicitudes de mellora de instrumentación científica que correspondan a centros de investigación dependentes da Xunta de Galicia, que sexan seleccionadas pola comisión de selección, esta deberá emitir informe favorable sobre as ditas solicitudes ordenándoas por orde de prioridade decrecente, co fin de que a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento estudie a adquisición do dito equipamento, de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias.

5. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo correspondente, de acordo coa normativa vixente requiríndose:

5.1. Factura acreditativa da adquisición do material financiado.

5.2. Declaración complementaria, realizada polo beneficiario, do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo material das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

5.3. Para as axudas concedidas superiores a 60.101,21 euros esixirase xustificación documental na que conste de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada.

6. Obrigas.

Os beneficiarios das axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria estarán obrigados a:

6.1. Xustificar antes do 25 de setembro do ano correspondente, mediante a correspondente factura, a adquisición do material financiado. Así mesmo, cando pola concesión doutras subvencións quedara cuberto o importe parcial ou total do gasto que supón o material, estarán obrigados a devolve-lo resto ou o total, respectivamente, da axuda concedida.

6.2. Facer constar nas memorias anuais que se redacten, así como nos traballos realizados co material subvencionado, o patrocinio da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.

6.3. Os investigadores beneficiarios das axudas de infraestructura da modalidade de grupos de investigación quedan obrigados a manterse no grupo no que participaron (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), cando menos durante 18 meses (período que se considera necesario para a posta en funcionamento e obtención de resultados coa infraestructura financiada), salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación da correspondente axuda e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

7. Seguimento.

7.1. Os beneficiarios das axudas deberán responder ós requirimentos, realizados desde a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento directamente ou a través do xestor do programa, destinados a coñece-lo grao de utilización e rendibilidade dos equipos adquiridos. Para estes efectos, antes de que transcorra un ano desde a adquisición do equipo, enviaráselles ós investigadores responsables unha enquisa na que analizarán estes aspectos quedando obrigados a respondela no prazo máximo dun mes.

7.2. Os beneficiarios de infraestructuras facilitarán xustificantes do grao de utilización da instrumentación adquirida (traballos de investigación nos que figure a utilización da devandita instrumentación, etc.), cando llelo demande a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

7.3. Para os efectos de xustificación do grao de utilización do equipamento e en concordancia co establecido no punto 4.2.d), terase en conta a utilización debidamente documentada por outros grupos e en particular polos grupos en formación.

O incumprimento destas obrigas ou a infrautilización dos equipos poderá dar lugar á reclamación das axudas concedidas conforme co disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa e a perda de prioridade para futuras solicitudes.

8. Outras normas da convocatoria.

O material adquirido mediante esta convocatoria será propiedade da universidade/centro de investigación ou centro tecnolóxico correspondente e deberá ser incluído no inventario xeral deste, facendo constar nel, en canto á súa adquisición, Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Xunta de Galicia, e ano de concesión da axuda. Os grupos adxudicatarios son usufructuarios do material financiado pero non propietarios deste; no caso de que non o empreguen ó 100% deberán permiti-la súa utilización a outros grupos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

ANEXO V

Axudas para a constitución de redes temáticas

1. Solicitantes e finalidade.

O obxecto desta convocatoria é conceder axudas para promover redes temáticas por parte daqueles investigadores que traballen en temas afins e/ou complementarios, en centros de investigación públicos ou privados da Comunidade Autónoma.

As axudas serán solicitadas por investigadores adscritos ás universidades e a outros organismos públicos con finalidade investigadora legal ou estatutaria e personalidade xurídica propia, radicados na Comunidade Autónoma, para promover e impulsar redes temáticas compostas por un mínimo de seis grupos de investigación (consolidados ou de excelencia) de alomenos dúas institucións diferentes (públicas ou privadas sen ánimo de lucro).

A solicitude será presentada por un investigador dun organismo público en nome de tódolos compoñentes da rede, o cal actuará de responsable e coordinador.

2. Importe e destino das axudas.

O importe máximo ordinario destas axudas será de 18.000 euros, pero no caso de redes que se axusten ás máximas prioridades do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica este límite poderá ser superado en función do interese das accións que se propoñan. As axudas poderán ser destinadas ó financiamento das seguintes actividades:

a) Organización de reunións entre os compoñentes da rede.

b) Intercambio de investigadores con grupos de investigación radicados fóra da Comunidade Autónoma.

c) Organización ou coordinación de servicios de apoio á investigación ou á industria na Comunidade Autónoma en áreas relativas á temática da rede.

d) Cursos, seminarios e conferencias relativas ó ámbito temático da rede.

e) Custos de elementos científico-técnicos indispensables para desenvolver eficazmente as actividades da rede.

f) Outros gastos debidamente xustificados.

En ningún caso se poderán incluír gastos de retribución de persoal fixo vinculado estatutaria ou contractualmente ás entidades beneficiarias, nin dotacións para bolseiros.

3. Presentación de solicitudes.

O modelo oficial de solicitude PXI-nº 06 (do que a cara externa se publica como anexo XV á presente

orde) estará ó dispor dos interesados/as, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos, http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, durante o período anual de presentación de solicitudes. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

A solicitude, de acordo co modelo normalizado será formalizada polo investigador responsable e coordinador da rede, co visto e prace do representante legal do organismo ó cal estea adscrito.

Ademais dos datos consignados no impreso normalizado, deberá xuntarse obrigatoriamente a documentación que se relaciona a continuación:

a) Denominación da rede.

b) Concreción dos obxectivos da rede en relación cos proxectos achegados por cada un dos grupos solicitantes.

c) Valores engadidos que desde o punto de vista científico-técnico proporciona a constitución da rede á actividade potencial dos investigadores que nela participan.

d) Actividades previstas e xustificación da súa necesidade, oportunidade e relevancia en relación cos obxectivos da rede.

e) Xustificación dos gastos obxecto da solicitude.

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

4. Tramitación.

Se a documentación presentada estivera incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que de non face-lo considerarase desistido da súa solicitude procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999 para os efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

5. Resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación

creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión poderá solicitar calquera informe de expertos, establecendo os contactos necesarios que conduzan a unha acertada distribución dos fondos dedicados a esta convocatoria.

A comisión terá en conta os seguintes criterios para a selección de beneficiarios:

a) A valoración realizada polos expertos externos se esta foi solicitada.

b) Os obxectivos que a constitución da rede permite conseguir como valor engadido á actividade que individualmente realiza cada un dos investigadores que participa na solicitude.

c) Adecuación dos obxectivos da rede ós obxectivos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Número de investigadores implicados na rede e a súa actividade e complementariedade.

6. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o investigador que actúa como responsable e coordinador da solicitude.

Antes do pagamento, os beneficiarios están obrigados a presentar unha declaración complementaria das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

7. Seguimento.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a presentar unha memoria científica final que resuma o alcance dos obxectivos propostos na solicitude xunto cunha descrición dos gastos efectuados e o equipamento adquirido.

Calquera modificación das condicións iniciais de aprobación da solicitude terá que ser previamente autorizada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

No caso de que as axudas outorgadas se destinen a unha finalidade distinta a aquela para a que foron adxudicadas ou que o beneficiario incumpra algunha das condicións establecidas nas presentes bases procederá a revogación total ou parcial da axuda concedida e se é o caso o reintegro das cantidades percibidas, conforme o disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais

e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

ANEXO VI

Subvencións a publicacións periódicas

Estas axudas teñen como finalidade potenciar na nosa Comunidade Autónoma a edición de publicacións periódicas de carácter científico, que sexan de interese para esta comunidade.

Bases da convocatoria.

1. Solicitantes.

As axudas poderán ser solicitadas polas universidades galegas, organismos e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia e institucións sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan entre os seus fins a realización de actividades de investigación científica ou tecnolóxica.

2. Requisitos.

As axudas poderán solicitarse para aquelas publicacións periódicas que reúnan os seguintes requisitos:

2.1. Deberán ser publicacións editadas no mesmo ano ó que se refire a correspondente convocatoria e no caso das universidades deberán ser publicacións editadas por algún dos servicios ou dependencias destas, competentes para tal efecto, ou ben coeditadas entre algún deles e outras institucións. Esta competencia deberá acreditarse mediante certificado do rector da universidade.

2.2. Estar en posesión do correspondente ISSN ou telo solicitado con anterioridade á data de peche da correspondente convocatoria.

2.3. Dispor de comité de redacción.

2.4. Dispor de sistema de avaliación, mediante censores, para a selección dos traballos que serán obxecto de publicación.

2.5. Admiti-la publicación de artigos nas linguas propias dos países ós que pertencen as institucións que participan na súa edición; no caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

3. Presentación e tramitación das solicitudes.

O modelo oficial PXI-nº 07 (do que a cara externa se publica como anexo XVI á presente orde) está ó dispor dos interesados/as nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse, durante o período anual de presentación de solicitudes, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de

Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes deberán presentarse cubertas no modelo que aparece na páxina web da Secretaría Xeral de I+D, antes citado.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

-Un exemplar do número da publicación para a que se solicita a axuda ou o proxecto do citado número.

-No caso das universidades certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polo órgano competente da universidade correspondente, na que conste o cumprimento do establecido no punto 2.1.

-Avance do ingreso previsto por venda directa de exemplares ou subscricións, especificando o sistema de distribución empregado, co fin de que a Comisión de Selección de Investigación poida estima-la tendencia ó autofinanciamento.

-No caso de publicacións de centros e organismos públicos de investigación, distintos das universidades, e entidades sen fins de lucro enviarase, así mesmo, o orzamento de edición realizado por unha imprenta.

-Declaración de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin, polas distintas administracións públicas.

-As entidades sen ánimo de lucro presentarán declaración de atoparse ó corrente dos pagamentos coa Seguridade Social, obrigas tributarias coas facendas estatal e autonómica.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia co visto e prace do seu representante legal.

4. Tramitación.

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederán á revisión das solicitudes presentadas comprobando se é correcta a documentación achegada. En caso contrario requirirase o solicitante para que achegue a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días, advertíndoo de que, de non o facer, se procederá conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

5. Selección e resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

6. Criterios de selección.

A comisión rexeitará tódalas solicitudes encamiñadas á dotación de equipamento (material informático, mobiliarios, maquinaria, etc.) e o pagamento de persoal das revistas.

Para os efectos de cuantificación das axudas a comisión terá en conta a tiraxe, interese científico da publicación e a súa extensión.

7. Libramento da axuda.

As subvencións faranse efectivas mediante libramento ós beneficiarios a través do organismo, universidade ou institución sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia na que aqueles estean integrados. Previamente ó pagamento, e en todo caso antes do 30 de setembro de cada ano, os beneficiarios deberán remitir á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento:

-Un exemplar das correspondentes publicacións, nas que deberá consta-la colaboración da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que lles poderá solicitar ós beneficiarios a presentación dunha memoria na que se detalle o investimento da subvención concedida.

-As entidades sen ánimo de lucro presentarán así mesmo certificación de estar ó corrente cos pagamentos á Seguridade Social, e coas facendas estatal e autonómica.

Os adxudicatarios destas axudas procederán ó reintegro total ou parcial da axuda concedida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Estas axudas son compatibles coa percepción doutras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade sempre que a suma das axudas concedidas non superen o orzamento total correspondente á axuda solicitada.

Así mesmo, antes do pagamento, os beneficiarios están obrigados a presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

ANEXO VII

Axudas para organización de congresos que se vaian celebrar en Galicia

Teñen como finalidade axudar ós órganos individuais ou colectivos das universidades da Comunidade Autónoma e ós centros de investigación radicados nesta, a sufraga-los gastos de organización de reunións de carácter científico e tecnolóxico, con estructura de relatorios e comunicacións, que fosen seleccionados trala apertura dun proceso aberto, entre o colectivo de interesados, para o envío de traballos e que teñan lugar na nosa Comunidade Autónoma e contribúan a difundi-los coñecementos e os avances da investigación.

Bases da convocatoria.

1. Solicitantes e finalidade.

As axudas serán solicitadas para unha reunión cientítíca específica, que se celebará en Galicia, polo responsable do comité organizador desta, que terá que ser necesariamente un órgano individual ou colectivo dunha universidade da Comunidade Autónoma de Galicia ou dun centro público de investigación radicado nela. Só se financiarán actividades con estructura de relatorios e comunicacións que fosen seleccionados trala apertura dun proceso aberto entre o colectivo de interesados para o envío de traballos.

2. Presentación de solicitudes.

O modelo oficial PXI-nº 08 (do que a cara externa se publica como anexo XVII á presente orde) está ó dispor dos interesados/as nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentarase, durante o período anual de presentación de solicitudes, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes realizadas no modelo oficial deberán ir acompañadas, inescusablemente, da seguinte documentación:

-Certificación do organismo público, institución ou centro de investigación no que conste expresamente a autorización de organización da actividade científica internacional.

-No caso de que o congreso teña carácter nacional ou internacional, documento no que conste o encargo da organización do congreso por parte do organismo, institución ou sociedade, nacional ou internacional.

-Orzamento detallado de ingresos e gastos, segundo o modelo oficial.

-Programa provisional no que conste a relación prevista de conferenciantes invitados, e as actividades que se van realizar.

-Declaración escrita do solicitante na que conste o compromiso de que no programa definitivo do congreso, nas actas del, pósters, etc., figurará a colaboración da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

-A composición do comité científico.

-Boletín de inscrición.

-Circular/es do congreso.

-Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo congreso das distintas

administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Outros documentos que consideren oportunos.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño e Decreto 173/1982, do 17 de novembro) e presentaranse a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal.

3. Tramitación.

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de I+D procederán á revisión das solicitudes presentadas comprobando se é correcta a documentación achegada. En caso contrario requirirase o solicitante para que achegue a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días, advertíndoo de que, de non facelo procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999.

4. Axudas.

4.1. Contía.

As axudas consistirán nunha subvención que en ningún caso superará as cantidades, en euros, que a continuación se indican, segundo o seu carácter:

Internacional: 5.000 euros.

Nacional: 2.500 euros.

Local: 1.250 euros.

Para efectos de solicitude de axuda para organización dun congreso enténdese que:

-Son congresos internacionais aqueles organizados por organismos, institucións ou sociedades recoñecidas de carácter internacional.

-Terán carácter nacional os organizados por organismos, institucións ou sociedades de carácter nacional.

-Terán carácter local os organizados polas universidades galegas e organismos con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os departamentos universitarios, centros universitarios e centros de investigación radicados na nosa Comunidade Autónoma poderán solicita-la organización de congresos de carácter propio do seu ámbito territorial directamente; tamén poderán solicita-la organización de congresos de carácter nacional ou internacional, se forman parte ou delega neles unha institución científica que teña recoñecido o carácter nacional ou internacional.

4.2. Utilización.

-As subvencións só se destinarán a financia-los gastos relacionados con algunha das seguintes actividades:

a) Difusión dos programas de reunión.

b) Custos de participación dos relatores e conferenciantes.

c) Edición das actas.

Unicamente se financiarán actividades que se realicen no exercicio orzamentario ó que se imputa o financiamento destas axudas.

5. Comisión de selección e resolución do concurso.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

6. Criterios de selección.

A comisión de selección en función das dispoñibilidades orzamentarias determinará en cada caso o importe da axuda concedida tendo en conta o ámbito do congreso (internacional, nacional ou local), e a súa duración, sen supera-los límites establecidos no punto 4.1 das presentes bases.

7. Libramento da axuda.

As subvencións faranse efectivas ós beneficiarios mediante libramento ó organismo con personalidade xurídica propia e de acordo coa normativa vixente; previamente ó pagamento os beneficiarios deberán ter presentado o programa definitivo, xunto coa memoria das actividades realizadas.

Esta documentación deberá presentarse dentro do mes seguinte ó de celebración do congreso que se financie.

Será condición necesaria para o pagamento da axuda que no programa definitivo e na documentación que se publique conste a colaboración da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Excepcionalmente poderán eximirse desta obriga aquelas actividades que teñan lugar antes da resolución das axudas.

Así mesmo antes do pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

8. Incidencias.

Calquera modificación que se vaia realizar nas actividades subvencionadas deberá ser comunicada á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Os adxudicatarios destas axudas procederán ó reintegro total ou parcial da axuda concedida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Estas axudas son compatibles coa percepción doutras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade sempre que a suma das axudas concedidas non superen o orzamento total correspondente á axuda solicitada.

Non observar calquera destas bases suporá a perda das cantidades percibidas como subvención.

ANEXO VIII

Axudas para asistencia a reunións científicas por parte de investigadores non vinculados ás universidades galegas

Estas axudas teñen a finalidade de favorece-la participación dos investigadores da Comunidade Autónoma de Galicia en reunións de carácter científico co fin de fomenta-lo intercambio de coñecementos e a colaboración entre grupos de investigación. Establécense dous tipos de axuda:

a) Bolsas para asistencia a congresos, cursos ou seminarios.

b) Bolsas para asistencia a cursos.

Bases da convocatoria.

1. Solicitantes.

1.1. Asistencia a congresos, simposios e seminarios.

As axudas poderán ser solicitadas polos investigadores de cadro de persoal, outros investigadores contratados e bolseiros de predoutoramento e asimilados vinculados a centros públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma agás os que teñen algún tipo de vinculación (relación funcionarial, contrato, bolsa, etc.) con algunha das universidades do sistema universitario de Galicia.

1.2. Asistencia a cursos.

As axudas para asistencia a cursos poderán ser solicitadas unicamente polos bolseiros de terceiro ciclo e bolseiros asimilados que estean a colaborar en actividades de investigación en centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma diferentes das universidades do sistema universitario de Galicia.

A exclusión en ambas modalidades de axuda dos investigadores vinculados ás universidades do sistema universitario de Galicia é debida a que a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento contribúe coas universidades a sufraga-las axudas que anualmente cada unha delas convoca, con esta finalidade, para os seus investigadores.

2. Solicitudes.

O modelo oficial de solicitudes PXI-nº 09 (do que a cara externa se publica como anexo XVIII á presente orde) está ó dispor dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Internet nos enderezos http://www.sxid.org, http://www.cesga.es/sxid ou http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/in

dex.htm, presentarase durante o período anual de presentación de solicitudes no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999.

As solicitudes deberán presentarse cubertas no modelo que aparece na páxina web da Secretaría Xeral de I+D, antes citado.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

a) No caso de asistencia a congresos, simposios e seminarios:

-Documento acreditativo da categoría do solicitante. No caso de persoal interino ou contratado, o dito documento deberá estar vixente na data de peche da convocatoria. Naqueles casos nos que a categoría do solicitante non leve implícita a condición de doutor, esta, de se-lo caso, deberá acreditarse.

-Declaración xurada do solicitante na que conste que carece de vinculación coas universidades do sistema universitario de Galicia (vinculación funcionarial, contrato, bolsas, etc.).

-Resumo do traballo/comunicación que se vai expoñer na reunión.

-Xustificante de aceptación do traballo/comunicación que se vai expoñer na reunión.

-Declaración xurada do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para un mesmo fin das distintas administracións públicas competentes.

Ademais dos documentos anteriores deberá xuntarse:

-Para o caso de doutores: relación das 5 publicacións máis salientables dos 3 últimos anos. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación, ou daquela na que figuren os datos salientables desta (autor/es, título, editorial, revista, etc.), e da última páxina.

-Para o caso dos solicitantes non doutores: informe do director da tese no que conste o interese que ten a asistencia do solicitante á dita reunión.

Nos traballos de máis dun autor só se poderá solicitar unha axuda para un dos asinantes. Un mesmo investigador só poderá solicitar unha axuda nesta convocatoria para asistir a reunións científicas. En ningún caso se concederán bolsas para a asistencia a unha mesma reunión a máis de dous membros do mesmo grupo de investigación.

b) No caso de cursos monográficos.

-Documento acreditativo da categoría do solicitante.

-Solicitude de inscrición no curso.

-Programa do curso.

-Informe do responsable da actividade investigadora do solicitante no que conste o interese do curso para a formación do peticionario.

-Declaración xurada do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

3. Contía e finalidade das axudas.

O importe máximo das axudas concedidas será o seguinte:

-360 euros brutos para congresos e reunións en territorio nacional e Portugal.

-650 euros brutos para congresos e reunións noutros países europeos.

-1.100 euros brutos para congresos e reunións que se realicen noutros países.

En ningún caso se financiarán actividades que se realizasen con anterioridade ó 1 de xaneiro do ano da correspondente convocatoria ou que se vaian realizar con posterioridade ó 31 de decembro do mesmo ano, tomando, para estes efectos, como referencia a data de comezo do congreso, simposio, seminario ou curso.

4. Tramitación.

Por parte dos servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarase que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e no caso de que a solicitude non estivera convenientemente cuberta ou acompañada da correspondente documentación, requirirase o solicitante para que, no prazo máximo de dez días, repare a falta e xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, de non facelo, se considerará desistido da súa petición e se procederá ó arquivo desta sen máis trámites, de conformidade co disposto no artigo 71.1º da Lei 4/1999.

Non axustarse ós termos da convocatoria será causa de desestimación da solicitude presentada.

5. Comisión de selección e resolución do concurso.

A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que lle elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Para a selección dos beneficiarios a comisión terá en conta os seguintes criterios:

-Ós solicitantes que non sexan doutores e acadasen a suficiencia investigadora prevista no Real decreto 778/1998, daráselles prioridade para asistencia a congresos que teñan lugar en España ou Portugal.

-Ós solicitantes que sexan doutores valoraránselle-las cinco publicacións máis salientables dos 3 últimos anos e daráselles prioridade para asistencia a congresos de carácter internacional. A valoración

das publicacións dos tres últimos anos realizarase aplicando a seguinte fórmula:

Ax3+Bx2+Cx1

5

A= número de publicacións de carácter internacional.

B= número de publicacións de carácter nacional.

C= número de publicacións de carácter local.

En función das solicitudes recibidas e dos orzamentos dispoñibles a comisión de selección poderá fixar unha puntuación mínima por debaixo da cal non se terá dereito á axuda.

-Daráselles prioridade a aquelas solicitudes correspondentes a persoas que non resultaron beneficiarias dunha destas axudas na convocatoria do ano anterior.

6. Libramento da axuda.

As subvencións faranse efectivas mediante libramento único e directo ós beneficiarios, que deberán presentar previamente:

Para asistencia a congresos, simposios e seminarios:

a) Declaración xurada na que conste que non recibiron ningún financiamento por parte doutras entidades para o mesmo fin.

b) Aceptación do traballo por parte da entidade, institución ou persoa organizadora da reunión, sempre que non fora entregada xa no momento de solicita-la axuda.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades. A dita declaración farase antes do pagamento da subvención.

d) Certificación de asistencia.

Para asistencia a cursos monográficos:

a) Declaración xurada na que conste que non recibiron ningún financiamento por parte doutras entidades para o mesmo fin.

b) Xustificación de ter feito o curso.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades. A dita declaración farase antes do pagamento da subvención.

7. Incidencias.

O incumprimento dalgunha das condicións establecidas nesta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas segundo o disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime

financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

ANEXO IX

Axudas para investigadores/tecnólogos visitantes

Estas axudas teñen como finalidade a incorporación de investigadores e tecnólogos visitantes a organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Bases da convocatoria.

1. Solicitantes.

As axudas no modelo oficial PXI que se publica como anexo XIX a esta orde, e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e na Internet nos seguintes enderezos http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid poderán ser presentadas unicamente polas universidades de Galicia, pola coordinadora institucional en Galicia do Consello Superior de Investigación Científica (CSIC), polo representante en Galicia do Instituto Español de Oceanografía (IEO), ou polos responsables dos centros de investigación da Xunta de Galicia.

As solicitudes deberán presentarse cubertas no modelo que aparece na páxina web da Secretaría Xeral de I+D, antes citado.

As solicitudes deberán referirse a investigadores e tecnólogos de fóra de Galicia e as estadías para as que se solicita a axuda deberán de realizarse de maneira íntegra no ano da correspondente convocatoria. As ditas solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Currículum vitae do investigador/tecnólogo ó que se convida.

b) Fotocopia do DNI ou pasaporte do investigador/tecnólogo convidado.

c) Breve memoria referente á actividade que vai realizar durante a estadía con indicación da duración desta en meses.

d) Declaración de tódalas axudas solicitadas tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

2. Contía.

A contía das axudas estará comprendida entre 1.500 euros e 1.800 euros mensuais.

3. Tramitación.

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederán á revisión das solicitudes presentadas comprobando

se é correcta a documentación achegada. En caso contrario requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende os erros detectados con advertencia de que, de non o facer, considerarase que desistiu da súa solicitude, procedéndose consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada, con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

4. Selección e resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada por unha comisión designada polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, actuando un dos seus membros como presidente e outro como secretario, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A selección farase tendo en conta os criterios que se relacionan a continuación por orde decrecente de prioridade:

a) Méritos do candidato proposto.

b) Interese científico-técnico da actividade que vai realiza-lo candidato.

c) Contribución que o candidato poida ofrecer á investigación do/dos gupo/s receptor/es.

d) A comisión daralles prioridade a aquelas solicitudes referentes ós programas prioritarios do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, así como aquelas solicitudes referentes ás accións de especial interese no contexto do plan.

5. Libramento da axuda.

As axudas faranse efectivas mediante libramento directo ó organismo ó que se incorporará o visitante, unha vez presentada a seguinte documentación:

-Xustificación da universidade ou organismo correspondente na que conste que se realizou a estadía indicando o período na que aquela tivo lugar.

-Memoria na que se resuman as actividades realizadas polo visitante.

-Declaración xurada de tódalas axudas solicitadas e pendentes de resolución ou concedidas para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes.

6. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que puidesen xurdir na aplicación desta convocatoria.