Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.607

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais das axudas aprobadas e denegadas de tódalas prestacións do fondo de acción social para o exercicio de 2001 para o persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no punto dous das normas xerais de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 11 de xullo de 2001 polos representantes da Administración autonómica e a organización sindical CC.OO., representada na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión de Concesión das Axudas de Acción Social, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 26 de xullo de 2001 e publicado por Resolución do 30 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 148, do 1 de agosto), da Dirección Xeral de Relacións Laborais, deben publicarse as listas provisionais de admitidos e excluídos das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 2001.

De conformidade con isto, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás continxencias de xubilación, fillos menores, estudios por fillos, estudios do traballador, diminuídos e vivenda do fondo de acción social do ano 2001, que están expostas no taboleiro de anuncios de tódalas consellerías, así como nas delegacións provinciais e relativas ó seu persoal.

Segundo.-Contra as ditas listas os interesados poderán presentar reclamacións e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no punto 2 da norma xeral de procedemento do Acordo sobre criterios de reparticción do fondo de acción social para o exercicio de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 148, do 1 de agosto) no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Intitucionais e Administración Pública, nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo establece o artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro, e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano), Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO