Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.537

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (233/2001).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 233/2001 se dictou esta sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Ribeira o vintetrés de xaneiro de dous mil dous. Vistos por min, Sonia María Cartamil Obelleiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta cidade, viu os presentes autos de xuízo de faltas número 233/2001, seguidos perante este xulgado por unha presunta falta de estafa, sendo partes, ademais do Ministerio Fiscal no exercicio da acción pública, Juan Pérez Pérez, como denunciante, e Juan Vicente Ces Rodríguez como denunciado.

Debo absolver e absolvo a Juan Vicente Ces Rodríguez dos feitos que se lle viñan imputando; declaro de oficio as custas do xuízo. Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fai saber que contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña no termo de cinco días desde a súa notificación, conforme o artigo 976 e seguintes da LAC. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta

instancia, de conformidade coa autoridade que me confire a Constitución de 1978 e a Ley orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Juan Vicente Ces Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Ribeira o sete de marzo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado