Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.538

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (681/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber que nos autos número 681/2001 seguidos pola instancia de María Luisa Larrosa San Luis contra Bupan 2000, S.L. y otro, sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 20-2-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por María Luisa Larrosa San Luis, contra a empresa Bupan 2000, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento á demandante da cantidade de 190.824 pesetas (1.146,88 euros), coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Así por esta a miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Bupan 2000, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ San Vicente de Paul, 17 baixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 20 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado