Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.537

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (252/2001).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 252/2001 se acordou citar a Juan José Becerra Romano co fin de que asista á celebración do devandito xuízo na sala de audiencia deste xulgado o día oito de maio deste ano ás 12 horas.

E para que conste e lle sirva de citación a Juan José Becerra Romano, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Ribeira o seis de marzo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado