Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.537

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2002 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala de xestión da Universidade de Vigo.

Rematado o proceso selectivo, convocado por resolución rectoral do 23 de xullo de 2001 (DOG do 30 de agosto), pola que se convocan probas selectivas para o ingreso por promoción interna na escala de xestión da Universidade de Vigo, e á vista da proposta elevada a este rectorado polo tribunal cualificador.

Verificado o cumprimento dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, consonte o disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Este rectorado resolveu:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala de xestión da Universidade de Vigo os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo, ordenados consonte a puntuación acadada.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionario de carreira os interesados deberán prestar xuramento ou promesa, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Os funcionarios nomeados continuarán tendo como destino definitivo o posto que tivesen adxudicado con tal carácter no momento da súa toma de posesión.

Terceiro.-De conformidade co previsto na Lei 53/84, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas, para tomar posesión o persoal nomeado deberá realizar declaración expresa ou realiza-la opción prevista na devandita lei.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación da presente, ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 25 de marzo de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

OrdeNomeDNI

1González Groba, José35.557.616
2Santos García, José Santiago76.890.949
3Díaz Álvarez, Mª Teresa34.945.460
4Munilla Rumbao, Silvia34.954.904
5Cacheiro Seguín, Ana Mª34.956.316
6García Coalla, Juan Jesús11.376.056

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE RIBEIRA