Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación de Veterinarios de Saneamiento Ganadero de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 15 de febreiro de 2002, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Óscar Bar Blanco, avalada co visto e prace da presidenta, Patricia González-Seco Vijande, na que se reflicten os acordos acadados na asemblea xeral ordinaria, na reunión celebrada en Lugo o día 22 de agosto de 2001, e que consisten na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral Relacións Laborais