Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Distribuidores Independientes de Productos Petrolíferos (Adippe).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Distribuidores Independientes de Productos Petrolíferos (Adippe) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas ou entidades que exerzan a actividade de distribución de productos petrolíferos. Asinan a acta de constitución: Jesús Manuel Domingo González, representante da entidade Paradanta Oil, S.L., e dúas persoas máis representando outras entidades.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais