Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 18/2002.

De conformidade co disposto no art. 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións, no caso de non presentalas e segundo o artigo 13.2º do dito Regulamento 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

A Coruña, 15 de febreiro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente sancionador Secretaría 18/2002.

Denunciado/a: Josefa García Martínez.

DNI/CIF: 33226838-A.

Derradeiro enderezo coñecido: lugar O Maio-Esteiro (Muros).

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: noventa euros con quince céntimos.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS