Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación Sindical de Productores de Cooperativa Farmacéutica Gallega.

De acordo coa normativa legal vixente na materia, e para o seu coñecemento xeral, procédese a comunicar que:

No correspondente servicio desta dirección xeral foi depositado o día 19 de febreiro de 2002 certificación do secretario da Asociación Sindical de Productores de Cooperativa Farmacéutica Gallega, David González Álvarez, avalada co visto e prace do seu presidente, Manuel Fidalgo Parada, na que se fai consta-lo acordo acadado na xunta xeral extraordinaria celebrada o día 15 de decembro de 2001 e que consiste na disolución da devandita asociación.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral Relacións Laborais