Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.464

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DA POBRA DE TRIVES

EDICTO (55/1999).

Eu, María Lapido Alonso, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un da Pobra de Trives, dou fe de que nos autos de xuízo de menor contía seguidos perante este xulgado baixo o número 55 de 1999, figura a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia. Na vila da Pobra de Trives o 8 de xaneiro de 2002, Marcos Ramón Porcar Laynez, xuíz do xulgado de primeira instancia e instrucción desta vila e do seu partido, vistos os precedentes autos de xuízo de menor contía, seguidos co número 55/1999, por instancia de León Mainer Saras, representado pola procuradora Emilia Enríquez Domínguez, contra o Banco Pastor, S.A., representado pola procuradora Mónica Vázquez Blanco e contra Granitos Vianeses, S.A., por José Cuquejo Iglesias, Teresa Alonso García, Secundino García Prada, Pilar Orozco Guerra, Teolindo García Rodríguez, Rodolfo Orozco Guerra, Lourdes Sarasa Saras, declarados en rebeldía.

Decido que se desestima totalmente a demanda presentada por León Mainer Saras, representado pola procuradora Emilia Enríquez Domínguez, contra o Banco Pastor, S.A., representado pola procuradora Mónica Vázquez Blanco, e contra Granitos Vianeses, S.A., José Cuquejo Iglesias, Teresa Alonso García, Secundino García Prada, Pilar Orozco Guerra, Teolindo García Rodrígez, Rodolfo Orozco Guerra e Lourdes Sarasa Saras, declarados en rebeldía, desestimándose a acción de tercería de dominio proposta, non procede realizar ningún dos pronunciamentos solicitados pola demandante. Que se condena ó demandante nas custas causadas.

Notifíquese esta sentencia, con indicación de que cabe recurso de apelación, que poderá interpoñerse perante este xulgado dentro do prazo dos cinco días seguintes á notificación e que se tramitará conforme ás disposicións da Lei de axuizamento civil 1/2000. Unha vez firme quede sen efecto a suspensión acordada nos autos de xuízo executivo 55/1992. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e así

noo. Asinado e rubricado. Marcos Ramón Porcar Laynez. Consta publicada no mesmo día da súa data.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación en forma ós demandados rebeldes Granitos Vianeses, S.A. e herdanza xacente e herdeiros e persoas descoñecidas e incertas que poidan ter interese na herdanza do demandado Teolindo García Rodríguez, ós que se lles fai saber que contra a dita resolución poderán preparar recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da publicación, por medio de escrito perante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial de Ourense, expido e asino este edicto na Pobra de Trives o 8 de xaneiro de 2002.

Rubricado