Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.464

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (110/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co nº 110/2002, se acordou, por resolución con data do 6 de marzo de 2002, la citación de Graciela Lourdes Parafita Rodríguez mediante a publicación da seguinte cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña, e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 110/2002, que se

seguen neste xulgado, se acordou citar a Graciela Lourdes Parafita Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 18 de abril de 2002, ás 12.30 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non verificar, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, 6 de marzo de 2002.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DA POBRA DE TRIVES