Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.464

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO 1º)

EDICTO (A1/2002).

Por medio deste edicto faise público, para dar cumprimento ó acordado polo conselleiro da Sección de Axuizamento do Tribunal de Contas, por providencia con data do vinte de febreiro, dictada no procedemento de reintegro por alcance A1/2002, do ramo de corporacións locais (Concello de Ferrol), provincia da Coruña, que no dito tribunal se segue xuízo contable con motivo do posible descuberto producido nos fondos públicos polo valor estimado de corenta mil cincocentos corenta e cinco euros con vinteún céntimos (40.545,21 euros, 6.746.155 pesetas), como consecuencia das anulacións das liquidacións tributarias do sistema de contraído previo no período abranguido entre agosto de 1994 e febreiro de 1996.

O cal se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos dentro do prazo dos nove días.

Dado en Madrid, vinte de febreiro de dous mil dous.

O letrado secretario

Rubricado