Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.463

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2002 pola que se revoga e deixa sen efecto a do 13 de decembro de 2001, mediante a que se convocaba a concurso unha praza de catedrático de universidade (184/2001).

No Boletín Oficial del Estado do 21 de decembro de 2001 publicouse a resolución rectoral da Universidade de Vigo, do 13 de decembro de 2001, pola que se convocaron a concurso diversas prazas dos corpos docentes universitarios, entre elas a que figuraba coa seguinte referencia:

184/2001. Número de prazas: unha. Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de universidade. Área de coñecemento á que corresponde: historia antiga. Departamento ó que está adscrita: Historia, Arte e Xeografía. Actividades para realizar por quen obteña a praza: docencia en historia antiga de Galicia. Clase de convocatoria: concurso.

Esta praza figura por erro na devandita resolución, razón pola que a Xunta de Goberno da Universidade de Vigo, en sesión do 27 de febreiro de 2002, acordou

e na súa virtude este rectorado resolveu revogar e deixar sen efecto a convocatoria a concurso da praza mencionada.

Vigo, 6 de marzo de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo