Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.436

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de marzo de 2002 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.

De acordo co previsto nos artigos 99 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 13 e 19 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional (BOE do 9 de agosto), e de conformidade co establecido na Orde do 8 de setembro de 1994, do Ministerio para as administracións públicas, pola que se aproba o modelo de convocatoria conxunta e bases comúns polas que se rexerán os concursos ordinarios para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional (BOE nº 216, do 9 de setembro), na Orde do 10 de agosto de 1994, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a estes funcionarios (BOE nº 192, do 12 de agosto) e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Publica-las bases comúns, así como os méritos de determinación autonómica e específicos do concurso

ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

Bases comúns

Primeira.-Postos.

Ofrécense neste concurso os postos vacantes reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional naquelas corporacións que aprobaron as bases específicas e das que os presidentes efectuaron a convocatoria de concurso.

Segunda.- Participación.

1. Os funcionarios con habilitación de carácter nacional así como os funcionarios non integrados nas actuais subescalas, pertencentes ós extinguidos corpos nacionais de secretarios, interventores e depositarios da Administración local a que se refire a disposición transitoria primeira, 1, do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, poderán concursar ós postos que se ofrecen, nos termos seguintes:

-Os secretarios de primeira, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría superior;

-Os secretarios de segunda, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría de entrada;

-Os secretarios de terceira, a postos reservados á subescala de secretaría intervención;

-Os secretarios de concellos a extinguir, as secretarías de concellos con poboación que non exceda dos 2.000 habitantes;

-Os interventores, a postos reservados á subescala de intervención-tesourería, categoría superior, pero unicamente a postos de intervención e

-Os depositarios, a postos reservados á subescala de intervención-tesourería, pero unicamente a postos de tesourería.

2. Os funcionarios con nomeamento provisional e os que se encontren en expectativa de nomeamento están obrigados a concursar á totalidade de postos ofertados na súa subescala e categoría. Tamén o están os que se encontren en calquera das circunstancias a que se refire o artigo 53.2º do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, os que cesasen na situación de servicios especiais e non tivesen reserva de praza, e os que promocionasen á categoría superior nos termos do artigo 24.2º do mesmo real decreto.

3. Non poderán concursar:

a) Os funcionarios inhabilitados e os suspensos en virtude de sentencia ou resolución administrativa firmes, se non transcorrese o tempo sinalado nelas.

b) Os funcionarios destituídos a que se refire o artigo 148.5º do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, durante o período a que se estenda a destitución.

c) Os funcionarios nas situacións de excedencia voluntaria a que se refire o artigo 29.3º c) e d), da Lei de medidas para a reforma da función pública, se non transcorrese o prazo de dous anos desde o paso ás mesmas.

d) Os funcionarios que non leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo en calquera Administración pública, salvo que concursen a postos reservados á súa subescala e categoría na mesma corporación ou se encontren nos supostos do artigo 20.1º f), da Lei de medidas para a reforma da función pública.

Terceira.-Documentación e prazo para participar.

1. No prazo de quince días naturais a partir da publicación conxunta deste concurso no Boletín Oficial del Estado, os funcionarios con habilitación de carácter nacional que desexen tomar parte no mesmo dirixirán á corporación local do posto a que concursan, a seguinte documentación:

-Solicitude de participación comprensiva de declaración xurada de non estar incurso nalgunha das circunstancias a que se refire o artigo 18.3º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e

-Documentación acreditativa do coñecemento da lingua e dos méritos de determinación autonómica de acordo co que establece a base IV da presente resolución, así como os específicos de cada posto nos termos que se indican no anexo I.

2. Os concursantes a dous ou máis postos presentarán solicitude e documentación acreditativa do coñecemento da lingua e méritos de determinación autonómica en tódalas corporacións en que soliciten postos. Así mesmo, os concursantes a dous ou máis postos presentarán en idéntico prazo de 15 días naturais orde de prelación de adxudicacións ante a Subdirección Xeral de Función Pública Local (Rexistro de Entrada de documentos do Ministerio para as Administracións Públicas, rúa María de Molina, 5028071. Madrid). A orde de prelación será única e comprensiva da totalidade de postos solicitados, e único, así mesmo, se se concursa a unha ou varias subescalas e categorías. A formulación da orde de prelación, da que o único obxecto é evita-la adxudicación simultánea de varios postos a un mesmo concursante, non substituirá á solicitude de participación dirixida a cada corporación local.

No suposto de solicitarse postos en corporacións locais do País Vasco, os concursantes remitirán ás deputacións forais respectivas copia da folla de prelación.

3. A solicitude de participación e a folla de prelación de adxudicacións presentaranse conforme ós modelos que se achegan nos anexos II e III.

4. Os requisitos esixidos así como os méritos deberán reunirse na data da publicación da correspondente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Cuarta.-Coñecemento de linguas propias e méritos de determinación autonómica.

Méritos de determinación autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia.

(Decreto 136/1997, do 5 de xuño de 1997).

1. Méritos.

Os méritos correspondentes ó coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia ós que, de conformidade co establecido no artigo 99.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, se atribúe o 10% da puntuación total posible nos concursos para a provisión de postos de traballo de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, son os seguintes:

-Experiencia profesional: consistente no exercicio de funcións na Administración autonómica ou nas entidades locais de Galicia que impliquen o coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

-Cursos de formación e perfeccionamento superados, homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública e que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

-Actividade docente: dirixida ó ensino das materias sobre organización territorial e normativa de Galicia, réxime local, urbanismo e réxime económico financeiro das entidades locais en cursos organizados pola EGAP ou en colaboración con esta.

-Publicacións: en materias relativas ás especialidades de organización territorial e da normativa de Galicia.

2. Valoración de méritos.

A proporción que corresponde a cada unha das clases de méritos expresados no artigo anterior, dentro da porcentaxe do 10% da puntuación total posible asignada para o coñecemento das especialidades autonómicas, que é de 3 puntos, é a seguinte:

-Experiencia profesional: ata un 30% do total de puntos que na puntuación total correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

-Cursos de formación e perfeccionamento: ata un 50% do total de puntos que, na puntuación total correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas, en función do nivel académico do curso.

-Actividade docente: ata un 10% do total de puntos que na puntuación total correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

-Publicacións: ata un 10% do total de puntos que na puntuación total correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

3. Regras para a puntuación de méritos.

Experiencia profesional: os servicios prestados valoraranse da seguinte forma:

-Servicios prestados en postos de traballo do mesmo grupo ou superior de funcionarios que o correspondente á subescala á que se concursa: 0,02 puntos/mes.

-Servicios prestados en postos de traballo asignados ó grupo de funcionarios inmediatamente inferior á subescala á que se concursa: 0,01 puntos/mes.

Máximo: 0,90 puntos.

-Cursos de formación e perfeccionamento: a valoración dos cursos, con exclusión dos que formen parte dos procesos selectivos correspondentes, efectuarase da forma seguinte:

Teranse en conta, unicamente, os cursos impartidos pola EGAP ou, en colaboración con esta, polas universidades, centros de ensino superior ou outros órganos competentes en materia de formación e perfeccionamento dos funcionarios, sempre que sexan homologados pola EGAP, para efectos deste artigo.

A puntuación de cada curso dentro da escala de 0,10 a 1,5 será establecida pola EGAP en función da relación da materia impartida coas funcións reservadas ós funcionarios con habilitación nacional, o grao de dificultade do curso, o número de horas lectivas e o sistema de avaliación.

As convocatorias dos cursos formuladas pola EGAP indicarán a puntuación outorgada para os efectos deste precepto.

Para o suposto de que a puntuación dos cursos non estivese determinada nas súas convocatorias, a valoración farase exclusivamente respecto daqueles cursos nos que a materia impartida teña relación coas funcións reservadas ós funcionarios con habilitación de carácter nacional, da forma seguinte:

-Cursos con certificado de asistencia: 0,10 puntos por curso.

-Cursos con certificado de aproveitamento de ata 40 horas: 0,20 puntos por curso.

-Cursos con certificado de aproveitamento de máis de 40 horas: 0,40 puntos por curso.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, seminarios, simposios e similares.

Máximo: 1,5 puntos.

-Actividade docente: Valorarase cun máximo de 0,30 puntos, a razón de 0,01 puntos por hora impartida en cursos, excluíndose xornadas, seminarios, simposios ou similares.

-Publicacións de monografías ou artigos sobre materias relativas ás especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia. Por cada monografía: 0,10 puntos; por cada artigo 0,05 puntos. A puntuación máxima será de 0,30 puntos. Só se valorarán as monografías ou artigos aparecidos en publicacións con ISBN ou ISSN.

4. Acreditación de méritos.

Os concursantes acreditarán os méritos que aleguen mediante a presentación do certificado correspondente ou a copia do título debidamente compulsada.

5. Valoración dos méritos polos tribunais.

O tribunal de valoración do concurso comprobará e valorará os méritos alegados de acordo coas regras e as puntuacións establecidas neste decreto.

Quinta.-Méritos específicos.

Os méritos específicos para cada posto de traballo, son os que se detallan no anexo I.

Sexta.-Valoración de méritos.

1. O tribunal de valoración comprobará a concorrencia nos concursantes dos requisitos que figuren na convocatoria, excluíndo a quen non os reúna. A continuación puntuará, respecto dos non excluídos, os méritos do seguinte modo:

-Méritos xerais, ata un máximo de 19,50 puntos, segundo a relación individualizada de méritos xerais dos habilitados nacionais aprobada á data da presente resolución sen que sexa posible acreditación adicional ningunha por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte do tribunal.

-Méritos específicos, ata un total de 7,50 puntos, e méritos de determinación autonómica, ata un total de 3 puntos, con base na documentación acreditativa achegada polos concursantes.

2. O tribunal poderá celebrar, se o prevé a convocatoria específica respectiva, entrevista con concursante ou concursantes que considere conveniente, para a concreción dos méritos específicos ou de determinación autonómica. A data e hora de celebración da entrevista, será notificada ós afectados polo tribunal polo menos con seis días de antelación á súa celebración.

3. En caso de empate na puntuación final de méritos de dous ou máis concursantes, o tribunal dará prioridade na proposta de adxudicación a aquel que obtivese maior puntuación en méritos específicos. De manterse o empate, a favor de quen en méritos de determinación autonómica teña máis alta puntuación. De persistir este, a favor de quen en méritos xerais teña maior puntuación nas alíneas a), b), c), d) e e), pola dita orde, do artigo 15.1º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. En última instancia, o empate resolverase con base na orde de prelación no proceso selectivo.

Sétima.-Proposta de resolución.

Efectuadas polo tribunal a exclusión, puntuación final e priorización de concursantes, elevará ó pleno da corporación proposta de resolución comprensiva de tódolos os non excluídos e as súas puntuacións ordenadas de maior a menor. Así mesmo, elevará relación fundada de excluídos.

Oitava.-Resolución.

1. A corporación resolverá o concurso de acordo coa proposta formulada polo tribunal de valoración.

2. A dita resolución será motivada con referencia ó cumprimento das normas regulamentarias e das bases de convocatoria. En todo caso deberán quedar acreditadas, como fundamentos da resolución adoptada, a observancia do procedemento debido e a valoración final dos méritos dos candidatos e comprender, por orde de puntuación, a totalidade dos concursantes non excluídos.

3. A resolución do concurso será remitida á Dirección Xeral da Función Pública dentro dos trinta días naturais seguintes ó de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

4. As corporacións locais do País Vasco, en lugar da resolución do concurso, formularán propostas de nomeamento e remitiranas á respectiva institución foral dentro dos 30 días naturais seguintes á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

5. As institucións forais do País Vasco procederán á resolución do concurso e á súa remisión ó órgano competente da Comunidade Autónoma, que a enviará á Dirección Xeral da Función Pública.

Novena.-Coordinación de nomeamentos.

1. A Dirección Xeral da Función Pública, transcorrido o prazo a que se refire a base anterior, procederá a efectua-la coordinación de resolucións coincidentes a favor dun mesmo concursante, con adxudicación final de postos, atendendo á orde formulada polos interesados na folla de prelación e a puntuación obtida en cada un dos postos afectados.

2. Respecto dos postos do País Vasco, o órgano competente da Comunidade Autónoma e a Dirección Xeral da Función Pública efectuarán a coordinación precisa para evita-los nomeamentos múltiples en postos adxudicados simultaneamente a un mesmo concursante no País Vasco e noutras comunidades autónomas.

Décima.-Formalización de nomeamentos.

De acordo co resultado da coordinación nos casos de adxudicacións múltiples e das resolucións das corporacións nos restantes, a Dirección Xeral da Función Pública procederá a formaliza-los nomeamentos, ó seu envío ás comunidades autónomas e á súa publicación no prazo de un mes, no Boletín Oficial del Estado.

Décimo primeira.-Prazo posesorio.

1. O prazo de toma de posesión nos destinos obtidos no concurso será de tres días hábiles se se trata de postos de traballo da mesma localidade ou de un mes se se trata de primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

2. Este prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ó de cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación da resolución de nomeamentos no Boletín Oficial del Estado. Se o destino obtido comportase o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

3. Se no momento da publicación de nomeamento non se producise a xubilación á que se refire o artigo 11 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, o prazo de cesamento no posto de orixe diferirase ó momento en que esta teña lugar.

4. O cómputo de prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licencias que, se é o caso, se concedesen ós interesados.

5. Por necesidades do servicio, mediante acordo dos presidentes das corporacións en que teña que cesar e tomar posesión o concursante, poderase diferi-lo cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres meses, debendo o segundo deles dar conta deste acordo á Dirección Xeral da Función Pública.

Décimo segunda.-Irrenunciabilidade e voluntariedade dos destinos.

Os concursantes non poderán renunciar ó concurso nin ó posto que sexa adxudicado a partir do momento en que os tribunais eleven proposta de resolución ó pleno correspondente.

As adxudicacións de postos no concurso terán carácter voluntario e non xerarán en consecuencia dereito ningún ó aboamento de indemnización por traslado.

Décimo terceira.-Cesamento e toma de posesión.

1. A toma de posesión determina a adquisición dos dereitos e deberes funcionariais inherentes ó posto, pasando a depende-lo funcionario da correspondente corporación.

2. As dilixencias de cesamento e toma de posesión dos concursantes, serán comunicadas á Dirección Xeral de Función Pública e á Comunidade Autónoma respectiva, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

Décimo cuarta.-Recursos.

Os actos administrativos dos tribunais de valoración poderán ser impugnados conforme o previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De acordo co establecido no artigo 114 e na disposición adicional novena da citada lei, os actos do presidente da corporación e os do director xeral

da Función Pública na súa actividade de coordinación poñen fin á vía administrativa.

ANEXO I

BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE REXERÁN OS CONCURSOS PARA A PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO RESERVADOS A FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL

Secretarías de 1ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Culleredo (A Coruña).

Entidade: Culleredo.

Posto: secretaría.

Clase: 1ª.

Subescala: secretaría.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento especifico: 12.727,95 A (2.117.753 ptas.) anuais.

A praza non está cuberta por titular que deba xubilarse nos seis meses seguintes á publicación desta convocatoria.

Baremo

Méritos especificos:

1º Coñecemento do idioma galego:

a) Curso de iniciación: 0,25 puntos.

b) Curso de perfeccionamento: 0,50 puntos.

c) Curso de especialización da linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais: 1 punto.

Maximo total coñecemento idioma galego: 1,50 puntos.

2º Diploma de técnico urbanístico expedido polo INAP: 3 puntos.

3º Curso de dirección e xerencia pública na Administración local, expedido polo INAP (227 horas lectivas aproximadamente): 3 puntos.

Forma de acredita-los méritos específicos: os méritos alegados acreditaranse cos correspondentes certificados ou diplomas orixinais, expedidos por centros oficiais ou debidamente homologados.

Puntuación mínima para concursar ó posto: 7,50 puntos.

Entrevista:

O tribunal de avaliación poderá acorda-la celebración dunha entrevista para os efectos da concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados nos que o consideren necesario, resolvendo, de se-lo caso, o aboamento dos gastos do desprazamento que orixine a entrevista.

Concello de Narón (A Coruña).

Entidade: Narón.

Posto: secretaría.

Clase: 1ª.

Subescala: secretaría.

Categoria: superior.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 15.044,68 A.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria?: Non.

Baremo

1º Servicios en secretaría:

a) Polo desempeño de postos de secretaría en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación superior ós 20.000 habitantes, xa sexa con carácter definitivo, interino, comisión de servicios ou provisional, ata un máximo de 4 puntos, conforme ás seguintes regras:

-Por cada ano completo: 2 puntos.

-Nas fraccións inferiores a un ano, por mes: 0,17 puntos.

Estos méritos acreditaranse mediante certificado expedido polas entidades en que fosen prestados os devanditos servicios.

2º Cursos.

Dereito urbanístico:

Curso superior de urbanismo (mínimo 140 horas lectivas): 2 puntos.

Persoal:

Curso xestión e administración do persoal da Administración local (mínimo 30 horas lectivas): 1 punto.

Contratación:

Curso de contratación administrativa local (mínimo 15 horas lectivas): 0,5 puntos.

Estos méritos acreditaranse mediante certificado expedido polos organismos públicos convocantes.

Intervencións de 1ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Culleredo (A Coruña).

Entidade: Culleredo.

Posto: interventor.

Clase: 1ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: superior.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 12.727,95 A (2.117.753 ptas.) anuais.

A praza non está cuberta por titular que deba xubilarse nos seis meses seguintes á publicación desta convocatoria.

Baremo

Méritos específicos:

1. Coñecemento do idioma galego:

-Iniciación: 0,25 puntos.

-Perfeccionamento: 0,50 puntos.

-Curso de especialización da linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais: 1 punto.

Máximo total coñecemento idioma galego: 1,50 puntos.

2. Curso homologado de acceso ó Rexistro Oficial de Auditores de Contas: 3 puntos.

3. Cursos específicos de formación relacionados coas funcións que se van desempeñar, expedidos por centro oficial ou homologado, de máis de 200 horas de duración: 3 puntos.

Forma de acredita-los méritos específicos: os méritos alegados acreditaranse cos correspondentes certificados ou diplomas orixinais, expedidos por centros oficiais ou debidamente homologados.

Puntuación mínima para concursar ó posto: 7,50 puntos.

Entrevista:

O tribunal de valoración poderá acorda-la celebración dunha entrevista para os efectos da concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados nos que o consideren necesario, resolvendo, de se-lo caso, o aboamento dos gastos do desprazamento que orixine a entrevista.

Concello de Oleiros (A Coruña).

Entidade: Oleiros.

Posto: interventor.

Clase: 1ª.

Subescala: intervención- tesourería.

Categoría: superior.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico:

Baremo

Méritos específicos:

1. Coñecemento do idioma galego:

a) Curso de lingua galega acreditado mediante certificado da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (nivel de iniciación): 0,50 puntos.

b) Curso de lingua galega acreditado mediante certificado da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (nivel de perfeccionamento): 1,50 puntos.

(Soamente se puntuará o curso de maior nivel acreditado).

2. Cursos:

a) Curso de dirección e xerencia pública na Administración local expedidos polo INAP ou EGAP (mínimo de 200 horas lectivas): 1,20 puntos.

b) Curso de xestión económico-financeira impartido polo INAP ou EGAP (mínimo de 100 horas lectivas): 1,20 puntos.

c) Curso sobre dereito público autonómico de Galicia impartido pola EGAP (mínimo de 75 horas): 0,60 puntos.

3. Por servicios prestados como interventor ou tesoureiro na mesma categoría ou subescala que a

praza convocada en concellos cun orzamento e cadro de persoal segundo o cadro seguinte:

-Máis de 18.030.363,13 A (3.000 millóns de ptas.) e máis de 200 traballadores: 0,50 puntos/ano (ata un máximo de 3 puntos).

-Máis de 12.020.242,09 A (2.000 millóns de ptas). e máis de 150 traballadores: 0,25 puntos/ano (ata un máximo de 1,25 puntos).

-Máis de 6.010.121,04 A (1.000 millóns de ptas.) e máis de 100 traballadores: 0,15 puntos/ano (ata un máximo de 0,60 puntos).

Para os efectos de puntuación deste punto, é imprescindible cumprir, simultaneamente, os requisitos que se sinalan no cadro antes transcrito. Os puntos de cada tramo do cadro non son acumulables e a puntuación será a do tramo na que se cumpran os requisitos de orzamento-cadro de persoal municipal.

Para os efectos de valoración dos méritos específicos para as prazas que se ofertan, faise constar que respecto ós cursos e titulacións, soamente se valorarán os impartidos polos organismos que se citan, debéndose acreditar mediante os títulos específicos. Poderanse presentar en orixinal ou ben en fotocopia compulsada.

Respecto á experiencia profesional en municipios que se indican, deberá de acreditarse mediante certificación de servicios prestados e certificado no que conste o importe do orzamento e o cadro de persoal e datos referidos ós anos en que se prestaron os servicios no concello en cuestión.

Entrevista:

Os tribunais de valoración poderán acorda-la celebración da entrevista para efectos de concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados na que a consideren necesaria. En tales casos, notificarase ós concursantes afectados a data, hora e lugar da súa celebración.

Ós aspirantes afectados que deban trasladarse desde fóra da provincia, aboaránselle os gastos de desprazamento que isto supuxese.

Puntuación mínima:

Quedan excluídos os candidatos que non obteñan un mínimo de 7,5 puntos na puntuación total.

Tesourerías vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Culleredo (A Coruña).

Entidade: Culleredo.

Posto: tesoureiro.

Clase: ---.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: indistintamente entrada ou superior.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 12.727,95 A (2.117.753 ptas.) anuais.

A praza non está cuberta por titular que deba xubilarse nos seis meses seguintes á publicación desta convocatoria.

Baremo

Méritos específicos:

1. Coñecemento do idioma galego:

-Iniciación: 0,25 puntos.

-Perfeccionamento: 0,50 puntos.

-Curso de especialización da linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais: 1 punto.

Máximo total coñecemento idioma galego: 1,50 puntos.

2. Curso homologado de acceso ó Rexistro Oficial de Auditores de Contas: 3 puntos.

3. Cursos específicos de formación relacionados coas funcións que se van desempeñar, expedidos por centro oficial ou homologado, de máis de 200 horas de duración: 3 puntos.

Forma de acredita-los méritos específicos:

Os méritos alegados acreditaranse cos correspondentes certificados ou diplomas orixinais, expedidos por centros oficiais ou debidamente homologados.

Puntuación mínima para concursar ó posto: 7,50 puntos.

Entrevista:

O tribunal de valoración poderá acorda-la celebración dunha entrevista para os efectos da concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados nos que o considere necesario, resolvendo, de se-lo caso, o aboamento dos gastos do desprazamento que orixine a entrevista.

Concello de Lalín (Pontevedra).

Entidade: Lalín.

Posto: tesoureiro.

Clase: ---.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: indistintamente entrada ou superior.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 18.145,43 A.

Baremo

Méritos específicos:

1. Coñecemento da lingua galega:

a) Curso de iniciación e perfeccionamento da lingua galega ou curso básico de linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais: 0,25 puntos.

b) Curso medio de linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais: 0,5 puntos.

c) Curso de especialización de linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais: 1 punto.

Só terán validez os cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, debendo acreditarse mediante documentos orixinais ou fotocopias cotexadas. No caso de acredita-la realización de varios destes cursos, unicamente se terá en conta o de maior puntuación.

2. Formación académica:

Dentro das titulacións que serven de base para o acceso á subescala correspondente, outorgarase por estar en posesión do título de licenciado en CC. económicas ou empresariais: 0,50 puntos.

3. Cursos de formación específicos:

Curso homologado de acceso ó Rexistro Oficial de Auditores de Contas: 3 puntos.

4. Experiencia profesional: máximo 3 puntos.

Polo desempeño dun posto de tesoureiro en concellos cunha poboación superior a 20.000 habitantes durante un período mínimo de 2 anos: 1 punto.

Por cada ano de experiencia profesional como tesoureiro de Administración local, en concellos cunha poboación superior a 20.000 habitantes, que exceda do período indicado: 0,5 puntos.

Medios de acreditación e valoración:

A experiencia profesional acreditarase mediante orixinal ou copia cotexada das certificacións expedidas polos secretarios das corporacións locais correspondentes.

Entrevista persoal:

Co obxecto dunha axeitada apreciación dos méritos alegados, o tribunal poderá realizar unha entrevista persoal a cada un dos interesados, logo de citación con indicación da data, hora e lugar da súa celebración. Non se aboarán os gastos de desprazamento que poida ocasiona-la súa realización.

Puntuación mínima:

De conformidade co disposto no artigo 14.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, fíxase como puntuación mínima para concursar ó posto que se convoca o 25% do total.

Concello do Porriño (Pontevedra).

Entidade: O Porriño.

Posto: tesoureiro.

Clase: ---.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: indistintamente entrada ou superior.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 19.998,49 A.

¿Cuberto con titular que se xubilará nos seis meses seguintes á publicación desta convocatoria? Non.

Méritos específicos:

a) Solicita-la praza en primeiro lugar: 2 puntos.

b) Cursos de contabilidade financeira impartidos polo INAP ou institutos ou escolas oficiais das comunidades autónomas (mínimo 40 horas): 1,5 puntos.

c) Cursos de informática impartidos polos mesmos organismos do parágrafo anterior (mínimo 40 horas): 1,5 puntos.

d) Outros cursos ou xornadas de menor duración sobre materias económicas, contables, ou informática impartidos polos organismos citados en b): 0,5 puntos para cada un; máximo desta alínea d): 1 punto.

e) Coñecemento da lingua propia desta comunidade autónoma:

1. Iniciación ó galego ou curso básico de linguaxe administrativa galega para o cadro de persoal das corporacións locais: 0,5 puntos.

2. Perfeccionamento do galego ou curso medio de linguaxe administrativa galega para o cadro de persoal das corporacións locais: 1 punto.

3. Curso de especialización de linguaxe administrativa galega para o cadro de persoal das corporacións locais: 1,5 puntos

No caso de acreditar varios cursos dos especificados nesta alínea e), terase en conta só o de maior puntuación.

Só se concederá validez polo que á acreditación do coñecemento do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Puntuación mínima para concursar ó posto: non se exise.

¿Prevén as bases específicas da convocatoria a realización de entrevistas? Non.

Concello de Lugo (Lugo).

Entidade: Lugo.

Posto: tesoureiro.

Clase: ---.

Subescala: intervención-tesoureria.

Categoría: indistintamente entrada ou superior.

Nivel de complemeto de destino: 30.

Complemento específico: 20.944,07 A anuais.

Aprobar, así mesmo, os méritos específicos que a seguir se citan:

-A puntuación máxima destes méritos será de 7,50 puntos.

-Servicios en corporacións locais: pola experiencia como mínimo dun ano en postos de tesoureiro en concellos de máis de 20.000 habitantes: 3 puntos.

-Cursos en materia de xestión financeira impartidos por organismos oficiais e de máis de 20 horas lectivas: 0,50 puntos por curso.

-Cursos de informática de máis de 20 horas lectivas: 0,20 puntos por curso.

-Coñecemento do idioma galego:

-Iniciación: 1 punto.

-Perfeccionamento: 2 puntos.

-Linguaxe administrativa: 2,25 puntos.

Máximo total de puntos polo coñecemento do idioma galego: 2,25 puntos.

Os méritos alegados acreditaranse cos correspondentes certificados ou diplomas orixinais, expedidos por centros oficiais ou debidamente homologados.

Remiti-las bases e méritos específicos xuntamente coa convocatoria, unha vez aprobada, á Comunidade Autónoma de Galicia, para a súa inclusión no concurso ordinario da praza vacante de tesoureiro deste concello.

Vicetesourerías vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

Entidade: Santiago de Compostela.

Posto: vicetesoureiro.

Clase: 1ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Nivel de complemento de destino: 28.

Complemento específico anual: 22.175,28 A.

Baremo

Méritos específicos:

1. Coñecemento do idioma galego:

-Iniciación ou básico de linguaxe administrativa: 0,25 puntos.

-Perfeccionamento ou medio de linguaxe administrativa: 0,50 puntos.

-Especialización de linguaxe administrativa: 0,75 puntos.

Máximo total de coñecemento do idioma galego: 0,75 puntos. Só se terá en conta o de maior puntuación.

2. Servicios prestados en postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación de carácter nacional da subescala de intervención-tesourería en entidades locais de similares características ó Concello de Santiago de Compostela, isto é, con número de habitantes superior a 75.000:

-Durante un período mínimo de dous anos: 1 punto.

-Por cada ano que exceda de dous: 0,5 puntos.

Non se computarán os períodos inferiores ó ano.

Máximo total por servicios prestados: 4 puntos.

3. Por impartición de docencia en materias tributaria, recadatoria, orzamentaria e de contabilidade local:

-Docencia universitaria: por cada curso de 40 ou máis horas: 0,40 puntos.

-Docencia non universitaria en centros públicos con competencias en materia de formación de funcionarios: por cada curso de 40 ou máis horas: 0,20 puntos.

Máximo total por docencia 2 puntos.

4. Por asistencia a cursos específicos de formación en materia tributaria, recadatoria, orzamentaria e de contabilidade local:

Por cada curso de 40 ou máis horas: 0,25 puntos.

Máximo total por asistencia a cursos 0,75 puntos.

Medios de acreditación e valoración dos méritos.

a) Coñecemento do idioma galego: só se concederá validez ós cursos ou titulación homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

b) Por servicios prestados: mediante certificación de servicios prestados expedida polo secretario xeral da entidade local correspondente, na que se fará constar o número de habitantes da entidade.

c) Por impartición de docencia: mediante certificación expedida polo director ou responsable da entidade ou centro, na que se fará consta-lo número de horas do curso.

d) Por asistencia a cursos específicos de formación: mediante copia compulsada do diploma ou título correspondente no que deberá consta-lo número de horas do curso.

Non se prevé a celebración de entrevista cos aspirantes.

Puntuación mínima para concursar:

En virtude do disposto no artigo 14.2º do Real decreto 1732/1994, establécese que a puntuación mínima para a adxudicación do posto ofertado será do 25 por 100 da puntuación total, isto é, 7,5 puntos, de xeito que os concursantes que obteñan unha puntuación total (méritos xerais, autonómicos e específicos do concello) inferior, serán excluídos da proposta que o tribunal de avaliación eleve ó presidente da corporación.

Secretarías de 2ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Cerceda (A Coruña).

Entidade: Cerceda.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino:

Complemento específico:

Baremo

Méritos específicos:

1. Coñecemento da lingua galega:

a) Curso de lingua galega acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (iniciación): 0,25 puntos.

b) Curso de lingua galega acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (perfeccionamento): 0,50 puntos.

c) Curso de especialización de linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais: 1 punto.

Máximo total de coñecemento do idioma galego: 1,50 puntos.

2. Cursos:

a) Diploma de directivo da Xunta de Galicia: 0,90 puntos.

b) Curso superior de urbanismo impartido pola EGAP ou INAP: 0,70 puntos.

c) Curso sobre dereito público galego (mínimo 75 horas): 0,25 puntos.

d) Curso sobre contratación administrativa local: 0,25 puntos.

e) Curso sobre obtención de axudas e fondos comunitarios impartido polo INAP ou EGAP (mínimo 30 horas): 0,25 puntos.

f) Curso sobre a Lei do solo de Galicia impartido pola EGAP (mínimo 20 horas): 0,25 puntos.

g) Cursos ou xornadas sobre a Lei de administración local de Galicia impartidos pola EGAP (mínimo 12 horas): 0,20 puntos.

h) Curso ou xornadas sobre proceso contencioso-administrativo impartidos polo INAP ou EGAP: 0,20 puntos.

Puntuación máxima: 3 puntos.

3. Servicios:

Por servicios prestados como secretario da mesma categoría ou subescala que a praza convocada en concellos cun orzamento e cadro de persoal segundo o cadro seguinte:

-Máis de 18.030.363,13 A (3.000 millóns de pesetas) e máis de 200 traballadores: 0,50 puntos/ano ata un máximo de 3.

-Máis de 12.020.242,09 A (2.000 millóns de pesetas) e máis de 150 traballadores: 0,25 puntos/ano ata un máximo de 1,50 puntos.

-Máis de 6.010.021,04 A (1.000 millóns de pesetas) e máis de 100 traballadores: 0,15 puntos/ano ata un máximo de 0,90.

Puntuación máxima: 3 puntos .

Para os efectos de puntuación neste punto, é imprescindible cumprir simultaneamente os requisitos que se sinalan no cadro antes descrito.

A forma de acredita-los méritos específicos alegados polos interesados será a través dos correspondentes certificados ou diplomas orixinais, expedidos por centros oficiais ou debidamente homologados.

Puntuación mínima para poder concursar ó posto: 7,50 puntos.

4. Entrevista:

O tribunal de valoración poderá acorda-la realización dunha entrevista para os efectos da concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados nos que se considere necesario, resolvendo, de se-lo caso, sobre o aboamento dos gastos de desprazamento que se orixinen da entrevista.

Concello de Melide (A Coruña).

Entidade: Melide.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico:

Baremo

Méritos específicos:

a) Coñecemento da lingua galega:

Por ter realizado e aprobado o curso de perfeccionamento da lingua galega: 0,15 puntos.

Este mérito acreditarase mediante certificado ou título expedido pola Xunta de Galicia.

b) Cursos de formación ou perfeccionamento:

Por curso de especialización sobre dereito comunitario cunha duración mínima de 50 horas lectivas, impartido pola escola de práctica xurídica dalgunha facultade de dereito das universidades españolas (máximo un curso): 1,85 puntos.

Este mérito acreditarase mediante título ou diploma expedido ou recoñecido pola universidade oficial española. As horas de duración do curso deberán constar no título ou diploma ou, noutro caso, acreditarse mediante certificación expedida para o efecto.

Por diploma directivo da Xunta de Galicia: 0,50 puntos.

c) Valoración do traballo desenvolvido:

Polo desempeño do posto de traballo de secretario (en propiedade, comisión de servicios, provisional ou interino) da mesma categoría ou subescala que a praza convocada en concellos cun orzamento municipal de máis de 18.030.363,13 A (3.000 millóns de pesetas) e cun cadro de persoal de máis de 300 funcionarios e traballadores: 1 puntos.

Este mérito ten por obxecto que o secretario posúa unha sólida formación e experiencia contrastada en concellos que polo seu orzamento e o número de funcionarios e traballadores fixos teñan certa complexidade na súa xestión. Acreditarase mediante certificación expedida pola correspondente corporación local, onde consten expresamente esas circunstancias.

d) Experiencia profesional:

Por exercicio da avogacía por un período de dez ou máis anos, estando de alta como exercente, ó tempo da publicación da convocatoria conxunta do concurso ordinario pola Xunta de Galicia, no Colexio de Avogados da Coruña: 3 puntos.

Este mérito, que persegue que o secretario poida asumi-la defensa dos intereses deste concello perante calquera instancia, acreditarase mediante a correspondente certificación expedida polo citado colexio de avogados, xustificativa de estar de alta como exercente ó tempo da publicación da convocatoria conxunta do concurso ordinario pola Comunidade Autónoma. Na devandita certificación deberá constar, así mesmo, que o letrado reúne o período de exercicio da avogacía de dez ou máis anos.

e) Por reunir ó mesmo tempo tódolos méritos establecidos nos puntos a), b), c) e d): 1 puntos.

Puntuación mínima para poder concursar ó posto: 7,50 puntos, é dicir, o 25% do total da convocatoria. Os candidatos que non acaden a dita puntuación serán excluídos.

Concello de Pontedeume (A Coruña).

Entidade: Pontedeume.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 29.

Complemento específico : 9.163,92 A.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? Non.

Baremo

Méritos específicos:

a) Coñecemento do idioma galego:

Valorarase da seguinte forma:

1. Ter realizado o curso de iniciación á lingua galega: 1 punto.

2. Ter realizado o curso de perfeccionamento de lingua galega: 1,50 puntos.

Para efectos de valoración, tomarase en conta unicamente a puntuación do curso de maior nivel.

Estes méritos acreditaranse mediante título ou certificación validados ou expedidos pola Dirección Xeral de Politica Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, mediante documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

b) Cursos de perfeccionamento. Valoraranse da seguinte forma, ata un máximo de 6 puntos:

Por asistir a cursos de materias relacionadas directamente co posto (urbanismo, contratación, persoal, dereito público, ambiente, etc.) impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, ou escolas ou

institutos oficiais de administración pública das distintas comunidades autónomas:

1. Por cada curso de máis de 120 horas: 2 puntos.

2. Por cada curso de entre 50 e 120 horas, inclusive: 1 punto.

3. Por cada curso de menos de 50 horas: 0,50 puntos.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, seminarios, simposios e/ou similares.

Acreditarase mediante título, diploma ou certificación expedida polo organismo convocante o de título de aproveitamento, en documento orixinal ou copia cotexada.

Puntuación mínima para concursar ó posto: non se establece.

¿Prevén as bases da convocatoria a realización de entrevista? Non.

Concello de Cambados (Pontevedra).

Entidade: Cambados.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico: 16.355,82 A.

¿Cuberta con titular que se xubilará nos 6 meses seguintes á publicación desta convocatoria? Non.

Baremo

De acordo co disposto polo artigo 13 do Real decreto 1732/1994, artigo 6 da Orde do 10-8-1994, en relación co establecido pola Lei 5/1988, da Xunta de Galicia, declárase como obrigatorio o coñecemento da lingua galega, incluíndose, ó mesmo tempo, como mérito específico, conxuntamente cos que se indican a seguir:

Méritos específicos:

1. Grao de coñecemento do idioma galego:

a) Iniciación ó galego, ou curso básico de linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais: 0,5 puntos.

b) Perfeccionamento do galego ou curso medio de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1 punto.

c) Cursos de especialización de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1,5 puntos.

(En caso de acreditarse varios cursos indicados, terase en conta só o de maior puntuación).

Só se concederá validez ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, debendo acreditarse cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

2. Cursos de perfeccionamento:

a) Por cada curso realizado en materia urbanística, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

b) Por cada curso realizado en materia de procedemento administrativo, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

c) Por cada curso en materia de contratación local, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

d) Outros cursos: por cada curso de perfeccionamento para funcionarios de Administración local, distintos dos enumerados anteriormente, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas de duración cada un: 0,5 puntos, cun mínimo de 60 horas de duración cada un: 1 punto.

O máximo de puntos, por tódolos conceptos, que poderá concede-la corporación é o de 7,50, en virtude do establecido polo artigo 14 do Real decreto 1732/1994.

A acreditación destes méritos poderase efectuar cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

Puntuación mínima para concursar: fíxase como puntuación mínima para concursar ó posto que se convoca o 25% do total.

Non se prevé a realización de entrevistas cos concursantes.

Concello de Valga (Pontevedra).

Entidade: Valga.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 22.

Complemento específico: será determinado polo Pleno da Corporación no seu día.

Baremo

Méritos específicos:

a) De acordo co establecido nos artigos 20.2º do Real decreto 731/1993, e 5.1º da Orde do 7 de xullo de 1993, en relación coa Lei 5/1988, do 21 de xuño, da Comunidade Autónoma galega, establécese como obrigatorio o coñecemento da lingua galega, debendo acreditarse estar en posesión dos títulos de iniciación e perfeccionamento de galego, expedidos pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ou outro centro oficial autorizado para impartilos.

b) Coñecemento e aplicación dos sistemas e procesos informáticos de xestión administrativa e contable, con especial referencia ás aplicacións existentes no Concello de Valga: 3,5 puntos.

c) Desempeño de postos de traballo en concellos con empresas mixtas constituídas para o desenvolvemento de actividades de servicio público ou interese xeral, cun mínimo dun ano: 2,5 puntos.

d) Experiencia en traballo na empresa privada, en posto vencellado, fundamentalmente, á xestión de recursos humanos, cun mínimo de dous anos: 1,5 puntos.

Puntuación mínima:

A puntuación mínima que deben reuni-los aspirantes para optar á praza é do 25% do total acadable pola suma de méritos xerais e específicos.

Acreditación de méritos e condicións:

Os méritos especificados nas alíneas c) e d) da base 2ª acreditaranse con certificación do traballo desenvolvido, con indicación expresa do tipo e actividade da empresa.

Os méritos relativos á alínea b) da devandita base 2ª acreditaranse mediante memoria analítica dos temas de referencia, cunha extensión mínima de 20 folios mecanografados ou impresos por medios informáticos a 1,5 espacios de entreliña.

Entrevista persoal:

Para unha mellor apreciación e valoración dos méritos alegados, o tribunal celebrará entrevista persoal, logo de citación ós interesados, con indicación de data, hora e lugar para a súa celebración.

Non se prevén pagamentos polos gastos de desprazamento para a realización, de se-lo caso, destas entrevistas.

Concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Entidade: Vilanova de Arousa.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 11.181,96 A.

¿Cuberta con titular que se xubilará nos 6 meses seguintes á publicación desta convocatoria? Non.

Baremo

De acordo co disposto polo artigo 13 do Real decreto 1732/1994, artigo 6 da Orde do 10-8-1994, en relación co establecido pola Lei 5/1988, da Xunta de Galicia, declárase como obrigatorio o coñecemento da lingua galega, incluíndose, ó mesmo tempo, como mérito específico, conxuntamente cos que se indican a seguir:

Méritos específicos:

1. Grao de coñecemento do idioma galego:

a) Iniciación ó galego, ou curso básico de linguaxe administrativa galega para o persoal das corporación locais: 0,5 puntos.

b) Perfeccionamento do galego ou curso medio de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1 punto.

c) Curso de especialización de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1,5 puntos.

(En caso de acreditarse varios cursos dos indicados, terase en conta só o de maior puntuación).

Só se concederá validez ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, debendo acreditarse cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

2. Curso de perfeccionamento:

a) Por cada curso realizado en materia urbanística, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

b) Por cada curso realizado en materia de procedemento administrativo, impartido polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

c) Por cada curso realizado en materia de contratación local, impartidos polo INAP ou escolas oficias das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

d) Outros cursos: por cada curso de perfeccionamento para funcionarios de Administración local, distintos dos enumerados anteriormente, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas de duración cada un: 0,5 puntos. Cun mínimo de 60 horas de duración cada un: 1 punto.

O máximo de puntos, por tódolos conceptos, que poderá concede-la corporación é o de 7,50, en virtude do establecido polo artigo 14 do Real decreto 1732/1994.

A acreditación destes méritos poderase efectuar cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

Puntuación mínima para concursar: Fíxase como puntuación mínima para concursar ó posto que se convoca o 25% do total.

Non se prevé a realización de entrevistas cos concursantes.

Intervención de 2ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Cerceda (A Coruña).

Entidade: Cerceda.

Posto: intervención.

Clase: 2ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino:

Complemento específico:

Baremo

Méritos a valorar:

1. Coñecemento da lingua galega:

a) Curso de lingua galega acreditado mediante certificado da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (nivel de iniciación): 0,50 puntos.

b) Curso de lingua galega acreditado mediante certificado da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (nivel de perfeccionamento): 1,50 puntos.

Soamente se puntuará o curso de maior nivel acreditado.

2. Cursos:

a) Curso de dirección en xerencia pública na Administración local expedidos polo INAP ou EGAP (mínimo de 200 horas lectivas): 1,20 puntos.

b) Curso de xestión económico-financeira impartido polo INAP ou EGAP (mínimo 200 horas lectivas): 1,20 puntos.

c) Cursos sobre dereito público autonómico de Galicia impartido pola EGAP (mínimo 75 horas): 0,60 puntos.

3. Por servicio prestado como interventor ou tesoureiro na mesma categoría ou subescala que a praza convocada en concellos cun orzamento e cadro de persoal segundo o cadro seguinte:

-Máis de 3.000 millóns de pesetas (18.030.363,13 A) e máis de 200 traballadores: 0,50 puntos/ano (ata un máximo de 3 puntos).

-Máis de 2.000 millóns de pesetas (12.020.242,09 A) e máis de 150 traballadores: 0,25 puntos/ano (ata un máximo de 1,25 puntos).

-Máis de 1.000 millóns de pesetas (6.010.121,04 A) e máis de 100 traballadores: 0,15 puntos/ano (ata un máximo de 0,60 puntos).

Para os efectos de puntuación deste punto, é imprescindible cumprir simultaneamente os requisitos que se sinalan no cadro antes transcrito. Os puntos de cada tramo do cadro non son acumulables e a puntuación será a do tramo no que se cumpran os requisitos de orzamento-cadro de persoal municipal.

Entrevista:

O tribunal de valoración poderá acorda-la celebración da entrevista para os efectos de concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados nos que o considere necesario. En tales casos, notificarase ós concursantes afectados o lugar, a data e a hora da súa celebración.

Ós aspirantes afectados que deban trasladarse fóra da provincia aboaránsellelos gastos de desprazamento que isto supusese.

Puntuación mínima:

Quedan excluídos os candidatos que non obteñan un mínimo de 7,5 puntos na puntuación total.

Concello de Mugardos (A Coruña).

Entidade: Mugardos.

Posto: intervención.

Clase: 2ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 28.

Complemento específico: 5.443,73 A.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? Non.

Baremo

Méritos específicos:

1. De acordo co establecido nos artigos 20.2º do R.D. 731/1993, e 5.1º da Orde do 7 de xullo de 1993, en relación coa Lei 5/1998, do 21 de xuño, da Comunidade Autónoma galega, establécese como obrigatorio o coñecemento da lingua galega, debendo acreditarse estar en posesión dos títulos de iniciación e perfeccionamento de galego, expedidos ou homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou validacións efectuadas por organismo competente ó abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 1988 que establece o procedemento para a validación de cursos de lingua galega, mediante documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

2. Servicios en intervención:

a) Polo desempeño de postos de intervención en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia durante os cinco últimos anos ininterrompidamente: 1,50 puntos.

Estes méritos acreditaranse mediante cerfificado expedido polas entidades nas que fosen prestados os ditos servicios.

3. Cursos:

a) Por cada curso realizado en materia de contabilidade pública local, impartido polo INAP, EGAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 40 horas: 1 punto. Entre 50 e 80 horas: 1,5 puntos. De máis de 100 horas: 2 puntos.

b) Por cada curso realizado en materia tributaria, impartido polo INAP, EGAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 40 horas: 1 punto. Entre 50 e 80 horas: 1,5 puntos. De máis de 100 horas: 2 puntos.

c) Por cada curso en materia de contratación local, impartido polo INAP, EGAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 40 horas: 1 punto. Entre 50 e 80 horas: 1,5 puntos. De máis de 100 horas: 2 puntos.

d) Outros cursos. Por cada curso de perfeccionamento para funcionarios da Administración local, distintos dos enumerados anteriormente, impartidos polo INAP, EGAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 40 horas de duración cada un: 0,5 puntos. Cun mínimo de 60 horas de duración: 1 punto.

O máximo de puntos, por tódolos conceptos, que poderá concede-la corporación é o de 7,50, en virtude do establecido polo artigo 14 do Real decreto 1732/1994.

Estes méritos acreditaranse mediante certificados expedidos polo INAP, EGAP ou órganos competentes das comunidades autónomas, ben orixinais ou fotocopias cotexadas.

Puntuación mínima para concursar ó posto: 25% do total.

Concello de Pontedeume (A Coruña).

Entidade: Pontedeume.

Posto: intervención.

Clase: 2ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 29.

Nivel de complemento especifico: 9.163,92 A.

¿Cuberta por títular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? Non.

Baremo

Méritos específicos:

a) Servicios en corporacións locais.

Valorarase da forma seguinte, ata un máximo de 3,5 puntos.

-Polo desempeño do posto de interventor de habilitación nacional en municipios de categoría de entrada (en propiedade, comisión de servicios, provisional), ata un máximo de 2,5 puntos, comforme as regras seguintes:

-Por cada ano completo: 0,75 puntos.

-Nas fracccións inferiores a un ano, por cada mes completo: 0,075 puntos.

-Polo desempeño dun posto de habilitación nacional en municipios de categoría superior (en propiedade, comisión de servicios, provisional), ata un máximo de 1 punto, conforme as seguintes regras:

-Por cada mes completo: 0,07 puntos.

Estos méritos acreditaranse mediante certificado expedido polas entidades nas que fosen prestados os servicios.

b) Coñecemento do idioma galego.

1. Por curso de iniciación á lingua galega: 1 punto.

2. Por curso de perfeccionamento en lingua galega: 1,5 puntos.

Para efectos de valoración, terase en conta unicamente a puntuación do curso de maior nivel.

Modo de acreditación: mediante orixinal ou copia cotexada do certificado acreditativo ou da validación á que fai referencia a Orde do 11 de novembro de 1998, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Cursos de perfeccionamento.

Valorarase conforme as regras seguintes, ata un máximo de 2,5 puntos.

Por asistir a cursos de materias relacionadas directamente co posto (persoal, financiamento, información económico-financeira, informática, dereito público, contratación, fiscalización, etc.), impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, ou escolas ou institutos oficiais de administración pública das distintas comunidades autónomas:

1. Por cada curso de máis de 90 horas: 0,75 puntos.

2. Por cada curso de entre 30 e 90 horas, inclusive: 0,30 puntos.

3. Por cada curso de menos de 30 horas: 0,15 puntos.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, seminarios, simposios e similares.

Acreditarase mediante título, diploma ou certificación expedida polo organismo convocante o título de aproveitamento, en documento orixinal ou copia cotexada.

Puntuación mínima para concursar ó posto: non se establece.

¿Prevén as bases da convocatoria a realización de entrevista? Non.

Concello de Cambados (Pontevedra).

Entidade: Cambados.

Posto: intervención.

Clase: 2ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico: 10.333,93 A

¿Cuberta con titular que se xubilará nos 6 meses seguintes á publicación desta convocatoria? Non.

Baremo

De acordo co disposto polo artigo 13 do Real decreto 1732/1994, artigo 6 da Orde do 10-8-1994, en relación co establecido pola Lei 5/1988, da Xunta de Galicia, declárase como obrigatorio o coñecemento da lingua galega, incluíndose, ó mesmo tempo, como mérito específico, conxuntamente cos que se indican a seguir:

Méritos específicos:

1. Grao de coñecemento do idioma galego:

a) Iniciación ó galego ou curso básico de linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais: 0,5 puntos.

b) Perfeccionamento do galego ou curso medio de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1 punto.

c) Cursos de especialización de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1,5 puntos.

(En caso de acreditarse varios cursos indicados, terase en conta só o de maior puntuación).

Só se concederá validez ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, debendo acreditarse cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

2. Cursos de perfeccionamento:

a) Por cada curso realizado en materia de contabilidade pública local, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

b) Por cada curso realizado en materia tributaria, impartidos polo INAP ou escolas oficias das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

c) Por cada curso en materia de contratación local, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

d) Outros cursos: por cada curso de perfeccionamento para funcionarios da Administración local, distintos dos enumerados anteriormente, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas de duración cada un: 0,5 puntos. Cun mínimo de 60 horas de duración cada un: 1 punto.

O máximo de puntos, por tódolos conceptos, que poderá concede-la corporación é o de 7,50 , en virtude do establecido polo artigo 14 do Real decreto 1732/1994.

A acreditación destes méritos poderase efectuar cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

Puntuación mínima para concursar: fíxase como puntuación mínima para concursar ó posto que se convoca o 25% do total.

Non se prevé a realización de entrevistas cos concursantes.

Concello de Valga (Pontevedra).

Entidade: Valga.

Posto: intervención.

Clase: 2ª.

Subescala: intervención.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 22.

Complemento específico: será determinado polo Pleno da Corporación no seu día.

Baremo

Méritos específicos:

a) De acordo co establecido nos artigos 20.2º do R.D. 731/1993, e 5.1º da Orde do 7 de xullo de 1993, en relación coa Lei 5/1988, de 21 de xuño, da Comunidade Autónoma galega, establécese como obrigatorio o coñecemento da lingua galega, debendo acreditarse estar en posesión dos títulos de iniciación e perfeccionamento de galego, expedidos pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ou outro centro oficial autorizado para impartilos.

b) Coñecemento e aplicación dos sistemas e procesos informáticos de xestión administrativa e contable, con especial referencia ás aplicacións existentes no Concello de Valga: 3,5 puntos.

c) Desempeño de postos de traballo de intervención en concellos con empresas mixtas constituídas para o desenvolvemento de actividades de servicio público ou interese xeral, cun mínimo dun ano: 2,5 puntos.

d) Experiencia en traballo na empresa privada, en posto vencellado, fundamentalmente, á xestión de contabilidade e asesoramento financeiro, cun mínimo de dous anos: 1,5 puntos.

Puntuación mínima:

A puntuación mínima que deben reuni-los aspirantes para optar á praza é do 25% do total acadable pola suma de méritos xerais e específicos.

Acreditación de méritos e condicións:

Os méritos especificados nas alíneas c) e d) da base 2ª acreditaranse con certificación do traballo desenvolvido, con indicación expresa do tipo e actividade da empresa.

Os méritos relativos á alínea b) da devandita base 2ª acreditaranse mediante memoria analítica dos temas de referencia, cunha extensión mínima de 20 folios mecanografados ou impresos por medios informáticos a 1,5 espacios de entreliña.

Entrevista persoal:

Para unha mellor apreciación e valoración dos méritos alegados, o tribunal celebrará entrevista persoal, logo de citación ós interesados, con indicación da data, a hora e o lugar para a súa celebración.

Non se prevén pagamentos polos gastos de desprazamento para a realización, de se-lo caso, destas entrevistas.

Secretarías de 3ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de A Baña (A Coruña).

Entidade: A Baña.

Posto: secretaría-intervención.

Clase: 3ª.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico: pendente de asignación polo Pleno da Corporación.

Baremo

Requisitos para concursar:

De conformidade co disposto no artigo 99.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, R.B.R.L., na Lei 5/1981, do 21 de xuño, do uso do idioma galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, en relación cos artigos 21.2º do R.D. 1732/1994, do 29 de xullo, e 6.2º da Orde do 10 de agosto de 1994, establécese como obrigatorio para participar no presente concurso acredita-lo coñecemento da lingua galega, téndose en conta para isto estar en posesión dalgún dos cursos seguintes:

-Iniciación ou curso básico da lingua galega para o persoal das corporacións locais.

-Perfeccionamento ou curso medio da lingua galega para o persoal das corporacións locais.

Esta base considérase como norma complementaria do artigo 21 do R.D. 1732/94, do 29 de xullo, e será aplicada polo tribunal de valoración á hora de resolve-los empates que se poidan producir no desenvolvemento da valoración de méritos, téndose en conta o maior ou menor grao de coñecemento do idioma galego e segundo os cursos que se acrediten.

A forma de acreditación deste requisito será mediante certificación ou diploma, ou copias debidamente cotexadas deles, expedidos ou homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ou comisión coordinadora para normalización lingüística.

Méritos específicos:

1. Pola obtención do diploma de directivo da Xunta de Galicia: 2,30 puntos.

2. Formación urbanística específica.

Considerando necesaria unha formación técnica urbanística continuada e actualizada por canto esta entidade non dispón no seu cadro de persoal doutro

persoal cualificado na materia, valorarase a acreditación da realización dos seguintes cursos:

-Curso superior de urbanismo e ambiente, expedido polo INAP, EGAP ou escolas oficiais de formación das comunidades autónomas, cunha duración mínima de 120 horas lectivas no que se obtivese certificado de aproveitamento: 0,25 puntos.

-Curso sobre réxime do urbanismo e do ambiente en Galicia, cunha duración mínima de 75 horas lectivas, expedido pola EGAP, INAP ou escolas oficiais de formación das comunidades autónomas, e posterior á entrada en vigor do Regulamento 28/1999, do 21 de xaneiro, de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei 1/1997, do solo de Galicia: 0,75 puntos.

3. Servicios prestados:

a) Pola prestación de servicios como técnico de auditoría ou realización de funcións de control externo e fiscalización das corporacións locais, nalgún dos órganos de control externo das comunidades autónomas, ou tribunal de contas, por un período mínimo dun ano: 0,16 puntos/mes, máximo 3,5 puntos.

b) Pola prestación de servicios como secretario e interventor conxuntamente en concellos da Comunidade Autónoma galega de categoría de entrada por un período mínimo de 2 anos: 0,70 puntos.

Acreditación dos méritos específicos:

A realización dos cursos de méritos que se aleguen serán necesariamente referidos á data anterior á resolución da Direción Xeral da Función Pública polo que se dá publicidade á convocatoria conxunta de cada concurso, sen que sexa posible acreditación adicional ningunha por parte dos concursantes.

A acreditación dos méritos recollidos nos puntos 1 e 2 realizarase mediante presentación dos títulos en orixinal ou fotocopia debidamente cotexada.

A acreditación dos méritos recollidos no punto 3 mediante certificación expedida polo secretario da entidade na que consten os extremos sinalados.

Concello do Pereiro de Aguiar (Ourense).

Entidade: O Pereiro de Aguiar.

Posto: secretaría-intervención.

Clase: 3ª.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico: pendente de asignación polo Pleno da Corporación.

Méritos específicos:

1. Servicios prestados como funcionario de Administración local con habilitación de cáracter nacional.

-Polo desempeño do posto de secretario-interventor en concellos que posúan Plan Xeral de Ordenación Urbana e ó mesmo tempo conten con parque empresarial: 1,50 puntos (non se computarán servicios inferiores a un mes).

-Pola prestación de servicios como secretario en mancomunidades de concellos con mínimo de seis anos: 1,50 puntos.

-Por servicios de permanencia continuada no posto de secretaría-intervención nun mesmo concello, cun mínimo de quince anos: 2,50 puntos.

-Por servicios prestados como secretario-interventor en concellos coa secretaría clasificada en superior categoría ou subescala que a praza convocada, cun mínimo dun ano: 0,75 puntos.

2. Outros méritos.

-Polo desempeño do posto de secretario-interventor en concellos cunha poboación superior a 5.000 habitantes: 0,75 puntos (non se computarán servicios inferiores a un mes).

-Por solicitar en primeiro lugar, no presente concurso, o posto de secretario-interventor deste concello: 0,50 puntos.

Xustificación dos méritos específicos.

Os méritos puntuables serán necesariamente referidos á data anterior á resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se dá publicidade á convocatoria conxunta de cada concurso, sen que sexa posible acreditación adicional por parte dos concursantes.

Os méritos alegados acreditaranse cos correspondentes certificados ou diplomas, orixinais ou fotocopias compulsadas.

Polo que fai referencia á solicitude da praza en primeiro lugar, acreditarase mediante copia complulsada da solicitude para tomar parte no concurso de traslados, na que se relaciona a totalidade das prazas solicitadas por orde de preferencia coa dilixencia de entrada do centro que a reciba ou selo da oficina de correos onde se remita.

Entrevista.

Non se prevé a realización de entrevista cos concursantes.

Coñecemento da lingua galega.

De conformidade co disposto nos artigos 20.2º do R.D. 731/1993 e 5.1º da Orde do 7 de xullo de 1993, en relación coa Lei 5/1988, do 21 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, establécese como requisito previo para poder participar no presente concurso acredita-lo coñecemento da lingua galega mediante a presentación dos títulos de iniciación e perfeccionamento de galego, expedidos pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ou por outro centro oficial autorizado para impartilos.

Puntuación mínima para concursar.

En virtude do disposto no artigo 14.2º do R.D. 1732/1994, establécese que a puntuación mínima para adxudica-lo posto ofertado será do 25 % da puntuación total, isto é, 7,5 puntos, de tal maneira que os concursantes que obteñan unha puntuación

total inferior serán excluídos da proposta que o tribunal de valoración eleve ó presidente da corporación.

Adxunto á secretaría-intervención vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Soutomaior (Pontevedra).

Entidade: Soutomaior.

Posto: adxunto á secretaría-intervención.

Clase: 3ª.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico anual: 10.116,48 A.

Baremo

Méritos específicos:

1. Méritos que corresponde fixar ó concello:

a) Polo desempeño en postos de traballo reservados á subescala intervención-tesourería, xa sexa con carácter interino, provisional, accidental ou comisión de servicios, durante un período mínimo de 2 anos. Este mérito valorarase ata un máximo de 3,5 puntos segundo as regras seguintes.

-Por cada ano: 1 punto.

-Nas fraccións inferiores ó ano, por cada mes completo: 0,05 puntos.

Estes méritos acreditaranse mediante certificado expedido polas entidades nas que fosen prestados os servicios, indicando a subescala do posto de traballo.

b) Coñecemento do idioma galego:

-Ter realizado o curso de iniciación ou curso básico de lingua galega para o persoal das corporacións locais: 0,5 puntos.

-Ter realizado o curso de perfeccionamento da lingua galega: 1 punto.

Para efectos de valoración, tomarase en conta unicamente a puntuación do curso de maior nivel.

Este méritos acreditaranse mediante título ou certificación validados ou expedidos pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ou pola Escola Galega de Administración Pública, ou centros oficiais.

c) Cursos de formación e perfeccionamento:

-Por cada curso de formación e perfeccionamento en materia de contabilidade pública, tributaria ou de fiscalización interna das entidades locais, impartido polo INAP, EGAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración mínima de 30 horas: 0,50 puntos. Entre 40 e 60 horas: 1 punto. Superando as 60 horas: 1,5 puntos.

-Outros cursos: por cada curso de formación e perfeccionamento distintos dos enumerados anteriormente, impartidos polo INAP, EGAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración mínima de 30 horas: 0,30 puntos. Entre 40 e 60 horas: 0,50 puntos. Superando as 60 horas: 1 punto.

O presente epígrafe c) valorarase ata un máximo de 1,5 puntos.

Neste punto os méritos alegados acreditaranse cos correspondentes certificados expedidos polo INAP, EGAP ou órganos competentes das comunidades autónomas, ben orixinais ou fotocopias cotexadas.

d) Pola licenciatura en dereito: 1,5 puntos.

Este mérito acreditarase mediante a presentación do título, ben orixinal ou fotocopia cotexada.

2. Méritos que corresponde fixar á Comunidade Autónoma:

Valorarase os méritos establecidos no Decreto 136/1997, do 5 de xuño.

Puntuación mínima para concursar:

En virtude do disposto no artigo 14.2º do Real decreto 1732/1994, establécese que a puntuación mínima que deben reuni-los aspirantes para optar á praza é do 25% (7,5 puntos) do total que resulte da suma de méritos xerais, específicos e de determinación autonómica, de tal maneira que os concursantes que obteñan unha puntuación inferior serán excluídos da proposta que o tribunal de valoración eleve ó presidente da corporación.

Entrevista persoal:

Non se prevé a realización de entrevistas cos concursantes.

Tribunais

Secretarías de 1ª

Concello de Culleredo (A Coruña).

Presidente: Alicia Ferreiro Varela, concelleira de Persoal, Réxime Interior e Seguridade Cidadá de Culleredo.

Vocais:

Titular: Natalia Fernández-Mosquera Sande, secretaria da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Suplente: José Enrique Herrero de Padura, secretario provincial da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Coruña.

Titular: Javier Varela Tejedor, xefe do gabinete da alcaldía.

Suplente: Mª Nieves Fuentes Bermejo, asesora xurídica do concello.

África González-Baylin López, funcionaria de administración local con habilitación de carácter nacional que fará as funcións de secretaria.

Concello de Narón (A Coruña).

Presidente: Juan Gato Díaz, alcalde do Concello de Narón ou concelleiro en que delegue.

Vocais:

Titular: Teresa Morán Calero, xefe de área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.

Suplente: Javier Alonso Moraleja, secretario provincial da Delegación Provincial de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Coruña.

Leopolo Moure García, funcionario de habilitación nacional designado polo Colexio Provincial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros.

Secretario: Leopoldo Moure García.

Intervencións de 1ª

Concello de Culleredo (A Coruña).

Presidente: Alicia Ferreiro Varela, concelleira de Persoal, Réxime Interior e Seguridade Cidadá de Culleredo.

Vocais:

Titular: Natalia Fernández-Mosquera Sande, secretaria da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Suplente: José Enrique Herrero de Padura, secretario provincial da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Coruña.

Vocais:

Titular: Javier Varela Tejedor, xefe do gabinete da alcaldía.

Suplente: Mª Nieves Fuentes Bermejo, asesora xurídica do concello.

África González-Baylin López, funcionaria de Administración local con habilitación de carácter nacional que fará as funcións de secretaria.

Concello de Oleiros (A Coruña).

Presidenta:

Titular: Mª Esther Pita Pita, alcaldesa-presidenta da Corporación.

Suplente: Alfredo Novoa Gil.

Vocais:

Titular: José Enrique Herrero de Padura, secretario provincial da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Coruña.

Suplente: Natalia Fernández-Mosquera Sande, secretaria da Delegación Proivncial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Titular: Enrique Calvete Pérez, funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Suplente: Cristóbal V. Fraga Bermejo, funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Titular: Pilar Cela Alvárez, técnica municipal (que exercerá as funciones de secretaria de tribunal).

Suplente: Mª Soledad Arriba Doval, técnica municipal.

Titular: Yolanda Teixido Infante, técnica municipal.

Suplente: Marta Bosch Pibernat, técnico municipal.

Titular. Mª José Varela Neira, concelleira.

Suplente: Manuel Fernández Siso, concelleiro.

Titular: Daniel Romero Cajigal, concelleiro.

Suplente: José L. Pena Rama, concelleiro.

Tesourerías

Concello de Culleredo (A Coruña).

Presidenta: Alicia Ferreiro Varela, concelleira de Persoal, Réxime Interior e Seguridade Cidadá de Culleredo.

Vocais:

Titular: Natalia Fernández-Mosquera Sande, secretaria da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Suplente: José Enrique Herrero de Padura, secretario provincial da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Coruña.

Vocais:

Titular: Javier Varela Tejedor, xefe do gabinete da alcaldía.

Suplente: Mª Nieves Fuentes Bermejo, asesora xurídica do concello.

África González-Baylin López, funcionaria de Administración local con habilitación de carácter nacional que fará as funcións de secretaria.

Concello de Lalín (Pontevedra).

Presidente:

José Crespo Iglesias, alcalde do concello, ou concelleiro en que delegue.

Secretario:

César López Arribas, secretario do concello.

Vocais:

Titular: Mª Carmen Méijome Álvarez, interventora accidental do concello.

Suplente: Jorge García Fernández.

Titular: Salvador González Rodríguez, xefe dos servicios xurídicos do concello.

Suplente: Jorge García Fernández

Titular: Ramiro Ruibal Fuentes, concelleiro delegado de comercio.

Suplente: Ana Isabel Lareu Montoto.

Titular: Juan J. Piñeiro Gómez-Durán, xefe de sección da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra.

Suplente: Daniel Ochoa Gallego, xefe de sección de Deportes da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública en Vigo.

Concello do Porriño (Pontevedra).

Presidente:

Titular: José Manuel Barros González, alcalde-presidente do concello.

Suplente: César Moreira Crego, concelleiro delegado de persoal do concello.

Vocais:

Titular: Enrique Sarmiento Gómez, director provincial do Inem en Vigo.

Suplente. Cástor Conde Balado, xefe sección da Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Vigo.

Titular: Juan González Domínguez, secretario do concello.

Suplente: Manuel Cudeiro Mazaira, técnico de administración xeral do concello.

Titular: Miguel Santirso Fernández, interventor do concello.

Suplente: María Herculina Domínguez Martín, viceinterventora do concello de Pontevedra.

Titular: Modesto Solla Sanz, interventor do concello de Redondela.

Suplente: Ana Begoña Merino Gil, secretaria do concello de Gondomar.

Concello de Lugo (Lugo).

Presidente:

José Clemente López Orozco, alcalde do concello, ou concelleiro en que delegue.

Vocais:

Titular: Rosa Abelleira Fernández, interventora do concello.

Suplente: Lucía León Álvarez, tesoureira do concello Pontedeume.

Titular: Rafael López Charques, xefe de Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior da Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo.

Suplente: Alejandro Alcalde Varela, xefe de Servicio de Xuventude da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo.

Titular: Carmen Carlín Arias, funcionaria do servicio de Facenda local e representante da Xunta de Persoal

Suplente: Xosé Manuel Cao Rey, funcionario do servicio de Intervención e representantes da Xunta de Persoal

Titular: Eva Martín Minguela, secretaria do concello que asumirá as funcións de secretaria.

Suplente: José Antonio Mourelle Cillero, letrado consistorial.

Vicetesourería

Concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

Presidente titular:

Xosé Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela.

Suplente: Xaquín Fernández Leiceaga, concelleiro delegado de Facenda.

Vocais:

Titular: Juan Antonio Martínez-Casanueva Viqueira, secretario provincial da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña.

Suplente: Julio Fraga Mato, xefe de servicio de Deportes da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Coruña.

Un representante da Xunta de Persoal.

Titular: Carlos Moure Vieiro, tesoureiro do concello.

Suplente: Ana González Verdejo, viceinterventora do concello.

Secretario: Albino Otero Iglesias, interventor do concello. Actuará como suplente de Ana Gónzalez Verdejo.

Secretarías de 2ª

Concello de Cerceda (A Coruña).

Presidente:

Titular: José García Liñares, alcalde do Concello de Cerceda.

Suplente: Ricardo Javier Becerra Golán.

Vocais:

Titular: Javier Alonso Moraleja, secretario provincial da Delegación Provicial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Coruña.

Suplente: Teresa Morán Calero, xefe de área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.

Un habilitado de carácter nacional titular e suplente, de igual categoría que a do posto convocado designados polo alcalde-presidente.

Dous funcionarios e respectivos suplentes pertencentes á subescala técnica, ben de Administración xeral ou ben de Administración especial. Un deles exercerá funcións de secretario do tribunal, designados polo alcalde-presidente.

Dous concelleiros e respectivos suplentes designados polo alcalde:

Titular: Matilde Begoña Rodríguez Rumbo.

Suplente: Manuel Barbeito Garaboa.

Titular: Gerardo Barreiro García.

Suplente: Ramón Manuel Pérez Seedor.

Concello de Melide (A Coruña).

Presidente: Miguel R. Pampín Rúa, alcalde do Concello de Melide ou concelleiro no que delegue.

Vocais:

Titular: Julio Fraga Mato, xefe de servicio de Deportes da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Coruña.

Suplente: Juan Antonio Martínez-Casanueva Viqueira, secretario provincial da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña.

Titular: Antonio Moar Blanco do Concello de Sada.

Suplente: Mercedes Fernández González, secretaria do Consello de Bergondo.

Secretario: o vocal designado polo Colexio Provincial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración local.

Concello de Pontedeume (A Coruña).

Presidente:

Titular: Belarmino Freire Bujía, alcalde do Concello de Pontedeume.

Suplente: Manuel Rey Romeu, primeiro tenente de alcalde do Concello de Pontedeume.

Vocais:

Titular: José Antonio Amado Vila, xefe de área de servicios sociais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña.

Suplente: Néstor Valcarcel Teijeiro, asesor xurídico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Santiago de Compostela.

Titular: Mercedes Fernández González, secretaria do Concello de Bergondo.

Suplente: Mª Luisa de la Red Ampudia, secretaria do Concello de Cambre.

Titular: José Luis Fernández Rodríguez (comité de empresa).

Suplente: Pablo Mirón Placer (comité de empresa).

Titular: Alfonso de Prado Fernández, secretario do Concello de Narón, que exercerá as funcións de secretario.

Suplente: Javier Nieves González, secretario do Concello de Outes.

Concello de Cambados (Pontevedra).

Presidente:

Titular: José Manuel Cores Tourís, alcalde-presidente da Corporación.

Suplente: Rosa Oubiña Solla, primeira tenente de alcalde do concello.

Vocais:

Titular: Jorge García Borregón Millán, xefe de Sección de Autorización de Centros Sanitarios da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade en Pontevedra.

Suplente: Belén Queizán Piñeiro, xefa do Servicio de Consumo da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra.

Titular: Luis Bermúdez de la Puente Villalba, secretario do Concello de Sanxenxo.

Suplente: Mª Dolores Franco Mateo, secretaria do Concello de Ribadumia.

Titular: Mª Teresa Escudero Barral, secretaria do Concello de Meaño.

Suplente: Mª del Carmen Merino Moina, secretaria do Concello de Meis.

Titular: José Antonio Domínguez Padín, concelleiro.

Suplente: Fernando Pombo Rodríguez, concelleiro.

Secretario: Luis Bermúdez de la Puente Villalba, secretario do Concello de Sanxenxo

Concello de Valga (Pontevedra).

Presidente:

Titular: José María Bello Maneiro, alcalde do Concello de Valga.

Suplente: Román Castro Castromán, primeiro tenente de alcalde.

Vocais:

Titular: Ángeles Herrero Pérez, xefa de servicio de Turismo da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo en Pontevedra.

Suplente: Antonio Meis Fontán, inspector de Xogo da Delegación Provincial da Cosnellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Pontevedra.

Titular: José Ángel Souto Jamardo, concelleiro do concello.

Suplente: José Senín Bello, concelleiro do concello.

Titular: Luis Nieto Lago, secretario do Concello de Mesía.

Suplente: José Caamaño Paredes, secretario do Concello de Ames.

Titular: José Juan Vidal Vilanova, interventor do Concello de Sanxenxo.

Suplente: Ricardo Pernas Romaní, interventor do Concello de Tomiño.

Secretario: o do concello ou funcionario no que delegue.

Concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Presidente:

Titular: Gonzalo Durán Hermida, alcalde-presidente da corporación.

Suplente: Julio Varela Núñez, primeiro tenente de alcalde do concello.

Vocais:

Titular: Enrique Sarmiento Gómez, xefe do Inem de Vigo.

Suplente: José María Picallo Búa, secretario da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública de Pontevedra.

Titular: Luis Bermúdez de la Puente Villalba, secretario do Concello de Sanxenxo.

Suplente: Mª Dolores Franco Mateo, secretaria do Concello de Ribadumia.

Titular: Mª Teresa Escudero Barral, secretaria do Concello de Meaño.

Suplente: Mª do Carmen Merino Moina, secretaria do Concello de Meis.

Titular: José Juan Durán Hermida, concelleiro delegado de persoal.

Suplente: José Moares Miguens, concelleiro.

Secretario: Luis Bermúdez de la Puente Villalba, Secretario do Concello de Sanxenxo.

Intervencións de 2ª

Concello de Cerceda (A Coruña).

Presidente: José García Liñares, alcalde do Concello de Cerceda.

Suplente: Ricardo Javier Becerra Golán.

Vocais:

Titular: Javier Alonso Moraleja, secretario provincial da Delegación Provicial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Coruña.

Suplente: Teresa Morán Calero, xefa de área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.

Un habilitado de carácter nacional titular e suplente, de igual categoría que a do posto convocado designados polo alcalde-presidente.

Dous funcionarios e respectivos suplentes pertencentes á subescala técnica, ben de Administración xeral ou ben de Administración especial. Un deles exercerá funcións de secretario do tribunal, designados polo alcalde-presidente.

Dous concelleiros e respectivos suplentes designados polo alcalde:

Titular: Matilde Begoña Rodríguez Rumbo.

Suplente: Manuel Barbeito Garaboa.

Titular. Gerardo Barreiro García.

Suplente: Ramón Manuel Pérez Seedor.

Concello de Mugardos (A Coruña).

Presidente:

Titular: Ramón Toimil Saavedra, alcalde-presidente da corporación ou concelleiro no que delegue.

Vocais:

Titular: José Antonio Gómez Garcia, secretario provincial da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña.

Suplente: Isabel Marín Ordoqui, xefa de servicio de Coordinación Administrativa da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Coruña.

Titular: Leopoldo Moure García, secretario do Concello de Ferrol, designado polo Colexio Provincial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros.

Suplente: Manuel José Lorenzo Penela, secretario do Concello de Fene, designado polo Colexio provincial de Secretarios, Interventores y Tesoureiros.

Secretario: Rafael Bermúdez Iglesias, secretario do concello ou funcionario no que delegue.

Concello de Pontedeume (A Coruña).

Presidente:

Titular: Belarmino Freire Bujía, alcalde do Concello de Pontedeume.

Suplente: Manuel Rey Romeu, primeiro tenente de alcalde do Concello de Pontedeume.

Vocais:

Titular: Antonio Amado Vila, xefe de área de servicios sociais da Delegación de Sanidade da Coruña.

Suplente: Néstor Valcarcel Teijeiro, asesor xurídico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Santiago de Compostela.

Titular: José Mª Pérez Alvariño, interventor do Concello de Cambre.

Suplente: Jaime Presas Beneyto, interventor do Concello de Ordes.

Titular: José Luis Fernández Rodríguez (comité de empresa).

Suplente: Pablo Mirón Placer (comité de empresa).

Titular: Alfonso de Prado Fernández, secretario do Concello de Narón, que exercerá as funcións de secretario.

Suplente: Javier Nieves González, secretario do Concello de Outes.

Concello de Cambados (Pontevedra).

Presidente:

Titular: José Manuel Cores Tourís, alcalde-presidente da corporación.

Suplente: Rosa Oubiña Solla, primeira tenente de alcalde do concello.

Vocais:

Titular: Gerardo Zugasti Enrique, xefe de servicio da Delegación Provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Pontevedra.

Suplente: José Vázquez Pájaro, director do Centro Galego de Tecnificación Deportiva da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública de Pontevedra.

Titular: Antonio Graña Gómez, viceinterventor da Deputación Provincial de Pontevedra.

Suplente: Manuel Bereijo Crego, interventor do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Titular: Teresa Escudero Barral, secretaria do Concello de Meaño.

Suplente: María del Carmen Merino Moina, secretaria do Concello de Meis.

Titular: José Antonio Domínguez Padín, concelleiro.

Suplente: Fernando Pombo Rodríguez, concelleiro.

Secretario: María Teresa Escudero Barral, secretaria do Concello de Meaño.

Concello de Valga (Pontevedra).

Presidente:

Titular: José María Bello Maneiro, alcalde do Concello de Valga.

Suplente: Román Castro Castromán, primeiro tenente alcalde.

Vocais:

Titular: Ángeles Herrero Pérez, xefa de servicio de Turismo da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo en Pontevedra.

Suplente: Antonio Meis Fontán, inspector de Xogo da Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Pontevedra.

Titular: José Ángel Souto Jamardo, concelleiro do concello.

Suplente: José Senín Bello, concelleiro do concello.

Titular: Luis Nieto Lago, secretario do Concello de Mesía.

Suplente: José Caamaño Paredes, secretario do Concello de Ames.

Titular: José Juan Vidal Vilanova, interventor do Concello de Sanxenxo.

Suplente: Ricardo Pernas Romaní, interventor do Concello de Tomiño.

Secretario: o do concello ou funcionario no que delegue.

Secretarías de 3ª

Concello da Baña (A Coruña).

Presidente:

Titular: José Andrés García Cardeso, alcalde do Concello da Baña.

Suplente: Antonio Martínez Méndez, segundo tenente de alcalde do Concello da Baña.

Vocais:

Titular: Álvaro García López, director do Servicio de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña.

Suplente: Mª Esther Alvárez Martínez, secretaria do Concello de Arteixo.

Titular: Vicente Calvo del Castillo, xefe do Servicio de Asistencia Económica a Municipos da Deputación Provincial da Coruña.

Suplente: Emilio Seijo Frías, secretario do Concello de Camariñas.

Titular: José Antonio Sangil Noya, delegado provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Coruña.

Suplente: José Enrique Herrero de Padura, secretario provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Coruña.

Titular: José Ramón Lema Fuentes, secretario-interventor do Concello de Fisterra.

Suplente: Constantino Cobas Cotelo, secretario-interventor do Concello de Dumbría.

Titular: Santiago Mansilla Vázquez, secretario-interventor do Concello de San Cristovo de Cea (Ourense).

Suplente:Gabriel Vázquez García, secretario-interventor do Concello de Piñor de Cea (Ourense).

Titular: Ana Beatriz Oveja Villafane, secretaria do Concello de Tordoia (A Coruña), que exercerá as funcións de secretaria.

Suplente: Elena Súarez Rodríguez, secretaria-interventora do Concello de Boqueixón (A Coruña).

Concello do Pereiro de Aguiar (Ourense).

Presidente:

Titular: Eliseo Fernández Gómez, alcalde do Concello do Pereiro de Aguiar.

Suplente: Manuel Doval Soto, primeiro tenente de alcalde do Concello do Pereiro de Aguiar.

Vocais:

Titular: Agustín Gándara Montero, secretario provincial da Delegación da Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública de Ourense.

Suplente: Carmen Viñuales Castro, funcionaria da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense.

Titular: Benito González Pérez, secretario da Deputación Provincial de Ourense.

Suplente: Jaime González Méndez, secretario-interventor do Concello de Vilar de Barrio.

Titular: Rafael González Cao, secretario-interventor do Concello de Muíños.

Suplente: Santiago Mansilla Vázquez, secretario-interventor do Concello de San Cristovo de Cea.

Titular: María del Carmen Limia Fernández, secretaria-interventora do Concello de Nogueira de Ramuín.

Suplente: Cristina Villarino Cuquejo, secretaria-interventora do Concello de Trasmirás.

Secretario: Benito González Pérez, secretario da Deputación Provincial de Ourense, ou vocal que o substitua.

Adxunto á secretaría-intervención

Concello de Soutomaior (Pontevedra).

Presidente:

Titular: Agustín Reguera Ocampo, alcalde-presidente da corporación ou concelleiro no que delegue.

Suplente: primeiro tenente de alcalde do Concello de Soutomaior.

Vocais:

Titular: Ramón Lema Canay, xefe de sección da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Vigo.

Suplente: Juan J. Piñeiro Gómez-Durán, xefe de sección da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra.

Titular: José Riesco Boluda, secretario do Concello de Cangas.

Suplente: Miguel Gómez Alvárez, secretario do Concello de Pazos de Borbén.

Secretaria: Margarita Mariño Pérez, secretaria do Concello de Soutomaior ou funcionario no que delegue.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO