Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.435

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación Profesional Sanitaria de Atención Primaria.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recur-

so número 1/356/2002 (procedemento especial para a protección dos dereitos fundamentais da persoa) interposto pola Asociación Profesional Sanitaria de Atención Primaria contra a Orde do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), da Consellería de Sanidade, pola que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde da categoría de médico de familia de atención primaria.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 116 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA