Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

EDICTO.

No BOP de Pontevedra, do 5 de marzo de 2002, publícanse as bases xerais e específicas que haberán de rexer nos procesos de selección das prazas convocadas na oferta de emprego público do Concello de Marín de 2001 e que se relacionan a continuación:

Cadro de persoal funcionario:

* Unha praza de arquitecto, grupo A, escala de Administración especial, subescala: técnica, clase: técnicos superiores, denominación arquitecto. Sistema de selección: oposición libre.

* Unha praza de garda da policía local, grupo D, escala: Admón. especial, subescala: servicios especiais, clase policía local, denominación: garda. Sistema de selección: oposición libre.

* Unha praza de oficial albanel, grupo D, escala: Admón. especial, subescala: servicios especiais, clase persoal de oficios, denominación: oficial sepultureiro. Sistema de selección: oposición libre.

* Unha praza de auxiliar administrativo, grupo D, escala de Admón xeral, subescala: auxiliar, denominación: auxiliar administrativo. Sistema de selección: oposición libre.

* Unha praza de peón operario, grupo E, escala de Administración especial, subescala: servicios especiais, clase: persoal de oficios, denominación peón operario. Sistema de selección: oposición libre.

* Catro prazas de auxiliares administrativos, grupo D, escala de Administración xeral. Subescala: auxiliar, denominación: auxiliar administrativo. Proceso de selección: concurso-oposición restrinxido a funcionarios do Concello de Marín pertencentes ó grupo E, escala de Administración xeral, subescala: subalterna.

* Tres prazas de administrativos de Admón. xeral, grupo C, escala de Administración xeral, subescala administrativa, denominación: admtvos., de Admón xeral. Proceso de selección: concurso-oposición restrinxido a funcionarios do Concello de Marín pertencentes ó grupo D, escala de Admón. xeral, subescala auxiliar.

* Unha praza de cabo da policía local, grupo D, escala de Administración especial, subescala: servicios especiais, clase: policía local, categoría cabo.

Proceso de selección: concurso de méritos entre funcionarios pertencentes á escala de Admón. especial, subescala: servicios especiais, clase: policía local, categoría: garda con dous anos ininterrompidos de servicios na policía local do concello.

Prazo e forma de presentación de instancias: dirixiranse ó alcalde do Concello de Marín mediante instancia que se pode presentar en calquera das formas admitidas pola Lei de procedemento administrativo xunto coa acreditación do pagamento dos dereitos de exame e demais documentación esixida nas bases. O prazo para a presentación de instancias é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da convocatoria que se publique no BOE.

Os seguintes anuncios serán publicados no taboleiro de edictos do concello e BOP, conforme determinan as referidas bases.

Marín, 7 de marzo de 2002.

Francisco A. Santiago Fernández

Alcalde