Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 31 de xaneiro de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura (transversal á rúa Rafael Bárez), redactado pola arquitecta Ana María Fonticoba Graña e solicitado por Promotora F.G. Narón, S.L.

Exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ó abeiro do previsto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia.

O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Narón, 12 de febreiro de 2002.

Xoán Gato Díaz

Alcalde