Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra, do día 25 de febreiro de 2002, publicáronse as bases xerais e específicas que regulan o proceso selectivo para cubrir unha praza de electricista (oficial 2º), mediante contrato laboral de duración indefinida, polo sistema de concurso-oposición libre, persoal laboral fixo de novo ingreso.

As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo, de acordo co modelo oficial que figura publicado no Diario Oficial de Galicia nº 90, do 10 de maio de 2001, e que pode solicitarse na secretaría do concello, poderán presentarse no rexistro xeral deste concello, ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no taboleiro de anuncios do concello.

A Guarda, 28 de febreiro de 2002.

José Luis Alonso Riego

Alcalde