Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra, do día 25 de febreiro de 2002, publicáronse as bases xerais e específicas que regulan o proceso selectivo para cubrir unha praza de funcionario interino, vacante neste Concello da Guarda.

As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo, de acordo co modelo oficial que figura publicado no Diario Oficial de Galicia nº 90, do 10 de maio de 2001, e que pode solicitarse na secretaría do concello, poderán presentarse no

rexistro xeral deste concello, ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no DOG.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no taboleiro de anuncios do concello.

A Guarda, 27 de febreiro de 2002.

José Luis Alonso Riego

Alcalde