Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 17 de xaneiro de 2002, acordou:

1. Aprobar con carácter inicial o proxecto de urbanización da UA 21 delimitada no PXOU promovido pola xunta de compensación e redactado polo arquitecto Jorge López Silva.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión da provincia. Durante o devandito prazo poderá ser examinado o documento nas oficinas municipais da área de urbanismo e formularse as alegacións que se estimen pertinentes.

Culleredo, 21 de xaneiro de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo