Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, en concordancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do 31 de xaneiro de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes edificables en soar situado na rúa Xeneral Mola-Guitiriz, promovido por Inalcuba, S.L. e redactado pola arquitecta Iglesias Álvarez con data de abril último.

O contido da memoria, fundamentación, determinacións e ordenanzas do estudio de detalle definitivamente aprobado publicouse no BOP de Lugo número 47, correspondente ó día 26 de febreiro de 2002.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase recorrer potestativamente en reposición perante o mesmo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación, ou ben poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo ou a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo corresponda, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó desta publicación.

Guitiriz, 28 de febreiro de 2002.

María José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa