Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de ordenadores persoais, o seu software de base e impresoras.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Nº expediente: C2/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: arrendamento con opción de compra de cen ordenadores persoais, vinte impresoras e cincuenta licencias MS office XP acompañadas de cinco xogos de CD e manuais.

b) División por lotes: lote único.

c) Lugar de entrega: servicios centrais, unidades periféricas e centros asistenciais da consellería.

d) Prazo de entrega: non superior a un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: 171.862,89 euros (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: 3.437,26 euros.

6. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 50; Fax: 981 54 69 69.

e) Internet: www.xunta.es/contratación.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo día natural contados a partir do seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais (edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas da Secretaría Xeral.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Criterios de adxudicación:

Número de puntosPorcentaxe

1. Importe económico0-1050%

2. Presencia na Administración autonómica0-1020%

3. Infraestructura en Galicia0-1020%

4. Tempo de substitución en caso de avaría0-1010%

11. Gastos dos anuncios: o pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais