1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Nº de expediente: C3/2002.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: mantemento correctivo e evolutivo das aplicacións e soporte ós seus usuarios dos sistemas de información do ámbito de xestión económica: contabilidade orzamentaria e facturación.
b) Lugar de realización do servicio: locais da Consellería de Asuntos Sociais.
c) Prazo de execución: un ano.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base licitación: 47.059,25 euros (IVE incluído).
5. Garantías:
Provisional: 941,18 euros.
6. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.
c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.
d) Teléfono: 981 54 56 50; Fax: 981 54 69 69.
e) Internet: www.xunta.es/contratación.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural contados a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais (edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.
b) Domicilio: sala de xuntas da Secretaría Xeral.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 9 horas.
10. Criterios de adxudicación:
Número de puntos.
1. Coñecemento dos sistemas de información
obxecto de mantemento0-35.
2. Equipo de traballo0-30.
3. Coñecemento da arquitectura tecnolóxica0-25.
4. Importe0-10.
11. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2002.
Miguel Rodríguez Barrio
Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais