Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite ordinario, para a contratación dun servicio para o mantemento das aplicacións informáticas para a xestión de determinadas prestacións sociais.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Nº de expediente: C4/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: mantemento correctivo e evolutivo das aplicacións e soporte ós seus usuarios dos sistemas de información desenvolvidos para a xestión de determinadas prestacións sociais.

b) Lugar de realización do servicio: locais da Consellería de Asuntos Sociais.

c) Prazo de execución: nove meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: 151.455,08 euros (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: 3.029,10 euros.

6. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Clasificación: grupo III, subgrupo 7, categoría B.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 50; Fax: 981 54 69 69.

e) Internet: www.xunta.es/contratación.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural contados a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais (edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas da Secretaría Xeral.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

11. Criterios de adxudicación:

Número de puntos

1. Coñecemento dos sistemas de información

obxecto de mantemento0-35

2. Equipo de traballo0-30

3. Coñecemento da arquitectura tecnolóxica0-25

4. Importe0-10

12. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais