Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite ordinario, para a contratación dun servicio para a administración do equipamento informático dos servicios centrais da consellería.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Nº expediente: C5/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: administración do equipamento informático da consellería que se describe no prego de prescricións técnicas, a adecuación deste e os sistemas de información no equipamento implantado ás medidas de seguridade que se establezan para cada un deles no documento de seguridade a elaborar polo adxudicatario.

b) Lugar de realización do servicio: Servicios centrais da Consellería de Asuntos Sociais.

c) Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: 47.059,25 euros (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: 941.18 euros.

6. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 50; Fax: 981 54 69 69.

e) Internet: www.xunta.es/contratación.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais (edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas da Secretaría Xeral.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Criterios de adxudicación:

Número de puntosPorcentaxe

1. Coñecemento da plataforma hardware e software relacionada no prego de prescricións técnicas0-335%

2. Coñecemento en:0-325%

-Administración en contornos técnicos determinados por arquitectura cliente/servidor, contorno transaccional

-Da normativa sobre medidas de seguridade e a súa aplicación sobre as plataformas existentes e os sistemas de información implantados neles

3. Importe económico0-325%

4. Equipo de traballo0-315%

11. Gastos dos anuncios: o pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais