Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 7 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador de incendios OU 010/02 IN e catro máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a

partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Oaseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de Resolución, conforme ó establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estos efectos o importe da sanción indicado no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 7 de marzo do 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción pesetas

OU 010/02 INJaime Reboredo Fernández

34607265

R/ Bonhome, 42 6º B

32005 Ourense

Abandono do vehículo

OR-5986-A

Art. 137 e) do Regulamento 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 euros

(50.000 ptas.)

OU 011/02 INMaría del Pino Curbelo Mateo

42825907

R/ Uva Pedro Jiménez, 3 baixo

11500 Puerto de Santamaría (Cádiz)

Abandono do vehículo

TF-4801-L

Art. 137 e) do Regulamento 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 euros

(50.000 ptas.)

OU 037/02 INOrlando Sarabia Romero

34922783-C

R/ San Joaquín, 16

28004 Madrid

Abandono do vehículo

B-5939-AS

Art. 137 e) do Regulamento 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 euros

(50.000 ptas.)

OU 077/02 INTeófilo González González

34547615

Alcalde Portanet, 25 3º C

Vigo (Pontevedra)

Abandono do vehículo

PO-7891-Y

Art. 137 e) do Regulamento 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 euros

(50.000 ptas.)

OU 078/02 INJosé Gómez Alonso

37609916

Travesía Villa Valencia, 6

32002 Ourense

Abandono do vehículoArt. 137 e) do Regulamento 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 euros

(50.000 ptas.)