1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Nº expediente: C1/2002.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: arrendamento con opción de compra de catro servidores informáticos.
b) División por lotes: lote único.
c) Lugar de entrega: servicios centrais da Consellería de Asuntos Sociais.
d) Prazo de entrega: non superior a un mes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base licitación: 46.337,94 euros (IVE incluído).
5. Garantías:
Provisional: 926,78 euros.
6. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.
c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.
d) Teléfono: 981 54 56 50; fax: 981 54 69 69.
e) Internet: www.xunta.es/contratación.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo día natural contados a partir do seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais (edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.
b) Domicilio: sala de xuntas da Secretaría Xeral.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o quinto día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 10.30 horas.
10. Criterios de adxudicación:
Número de puntos Porcentaxe
1. Importe económico 0-3 65%
2. Implantación 0-3 35%
11. Gastos dos anuncios: o pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2002.
Miguel Rodríguez Barrio
Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais