Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre a renovación da notificación de actuación da empresa Wezol, S.L. como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Examinada a solicitude de renovación da notificación presentada por Antonio Sánchez López, en calidade de representante de Wezol, S.L., con CIF B 48569792 e con enderezo social en Torretxu Bidea, 7, 48150 Sondika (Bizkaia), para actuar como organismo de control, esta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas toma en consideración os seguintes feitos:

Primeiro.-Wezol, S.L. foi acreditada por Enac, Entidade Nacional de Acreditación, con data do

23-12-1997, como entidade de inspección co número de acreditación 15/EI014, segundo os criterios da norma EN 45004, para a realización de inspeccións nos campos e segundo os documentos normativos especificados no anexo técnico rev. 8 con data do 8-11-2001 da acreditación de Enac correspondente.

Segundo.-Con data do 16 de xaneiro de 2002, Antonio Sánchez López, en nome e representación de Wezol, S.L., presentou escrito solicitando, ó amparo do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial, que se lle concedese a renovación da notificación para actuar como organismo de control autorizado, nos campos regulamentarios solicitados e segundo os documentos normativos establecidos no anexo técnico da acreditación como entidade de inspección.

Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo 43 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei 1/1981, do 6 de abril, nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo e 2563/1982, do 24 de xullo, nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro, e 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria, e con relación á Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo) e o Real decreto 2200/1995, do 2 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial, e demais lexislación concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

Terceiro.-A documentación presentada por Wezol, S.L. acredita que a empresa cumpre coas esixencias xerais establecidas no artigo 43 do citado Real decreto 2200/1995 para a súa actuación nos campos regulamentarios de actuación notificados.

Esta Dirección Xeral de Industria, de acordo con todo lo que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Non manifestar oposición ningunha para renova-la súa notificación para a actuación como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia para as actividades de inspección comprendidas nos campos regulamentarios seguintes e segundo os documentos normativos recollidos no anexo técnico con data do 8-11-2001 da acreditación nº 15/EI014.

-Instalacións e aparellos a presión.

-Instalacións eléctricas.

-Instalacións de almacenamento de productos químicos.

-Vehículos e contedores destinados ó transporte de mercadorías perecedoiras.

-Instalacións e aparellos para combustibles gasosos.

-Construcción de máquinas con risco.

-Elementos e instalacións de aparellos de elevación e manutención.

-Instalacións petrolíferas.

-Pararraios.

Segundo.- Esta autorización pode ser suspendida ou revogada ademais de nos casos previstos na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de Enac.

Terceiro.-Wezol, S.L. debe comunicar á dirección xeral competente en materia de industria calquera variación dos seus técnicos inspectores no prazo dun mes.

Cuarto.-Calquera ampliación dos campos regulamentarios de actuación ou dos documentos normativos correspondentes deberán segui-los trámites establecidos na lexislación vixente.

Quinto.-Esta autorización queda supeditada ó seguinte condicionado:

a) Comunicar á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ó día seguinte de producirse, calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, acompañando, se é o caso, informe ou certificado da entidade de acreditación (Enac).

b) Cumpri-lo establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, e demais lexislación concordante no que sexa de aplicación.

c) Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumpri-los requisitos suplementarios que no seu día poida establece-la Consellería de Industria e Comercio.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada, ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas