Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Serra de Lastra para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 095-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, de aplicación segundo o establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Serra de Lastra coas seguintes características:

Peticionario: Pereira de Montes, S.L., Rúa da Bouza, 6-4º, 27002 Lugo.

Situación: concellos de Ribeira de Piquín, Pol, Castroverde, Baleira, A Fonsagrada, Becerreá e Baralla (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.639.994,00; 4.781.000,00) V (0.649.398,00; 4.780.600,00)

V (0.649.110,00; 4.762.154,00) V (0.645.598,00; 4.744.399,00)

V (0.646.400,00; 4.753.400,00) V (0.639.594,00; 4.774.200,00)

Superficie afectada: 18.821 ha.

Potencia bruta: 24,8 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 11 de febreiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo