Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.364

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE MONDOÑEDO

EDICTO (213/2000).

No procedemento de xuízo executivo 213/2000 dictouse sentencia, con encabezamento e dictame que son do teor literal seguinte:

«Sentencia:

En Mondoñedo o 20 de decembro de 2001.

María Sara Pendas Álvarez, xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Mondoñedo e o seu partido, tendo visto os presentes autos de xuízo executivo 213/2000 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante, Banco Español de Crédito, S.A., representado polo procurador Castañeda Gutiérrez, e baixo a dirección do letrado Núñez-Torrón Latorre, e doutra, como demandados, Sofersa, S.L., María Jesús Criado Maluenda, Pedro Manuel Queipo Martín, Mario Alberto Alzaga González, que figuran declarados en rebeldía, en reclamación de cantidade, por contía de 1.088.613 pesetas de principal, máis 400.000 pesetas orzadas para xuros, gastos e custas, sen prexuízo de ulterior liquidación.

Dictamino: debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra Sofersa, S.L., María Jesús Criado Maluenda, Pedro Manuel Queipo Martín e Mario Alberto Alzaga González, ata facer trance e remate dos bens embargados, e co seu importe íntegro pagamento a Banco Español de Crédito, S.A. da cantidade dun millón oitenta e oito mil seiscentas trece (1.088.613) pesetas de principal, máis catrocentas mil (400.000) pesetas que, por agora e sen prexuízo de posterior liquidación, se fixan para xuros, pactados e legais, e custas, condenando ademais os demandados ó pagamento das custas procesuais deste xuízo.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, que poderá interpoñerse por escrito ante este xulgado, no prazo de cinco días, e do que coñecerá a Audiencia Provincial de Lugo. A interposición deste recurso non suspenderá, en ningún caso, a execución desta, nin o alleamento do ben adquirido a prazos».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Sofersa S.L., María Jesús Criado Maluenda, Pedro Manuel Queipo Martín e Mario Alberto Alzaga González, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Mondoñedo, 27 de decembro de 2001.

A secretaria

Rubricado