Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.365

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (828/2000).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 828/2000 seguidos por instancia de Justiniano Viejo Martín contra Fogasa e outros sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 31-1-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Justiniano Viejo Martín, condeno a empresa Sistemas e Instalaciones de Telecomunicación, S.A.-Sintel, S.A. a aboarlle a cantidade de 28.075,90 euros (4.617.437 pesetas), absolvendo da demanda o Fondo de Garantía Salarial e condenando os comisarios da quebra Gregio Mingot Conde e Alejandro Latorre Atence a estar e pasar pola presente declaración.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte á súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 828-2000 do Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva

de notificación en forma á empresa Sistemas de Instalaciones de Telecomunicación, S.A.-Sintel, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado