Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.350

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspiranes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira.

Por Resolución do 19 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 42, do 27 de febreiro, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base 1.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 29 de novembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 238, do 11 de decembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira.

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

A lista definitiva de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo/s ós que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer

directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Nome: Portela Vázquez, Alberto Manuel.

DNI: 36138095-N.

Exclusión: 10, 22.

Causas de exclusión:

10 Instancia fóra de prazo.

22 Taxas aboadas fóra de prazo.