Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.350

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2002 do tribunal III-D designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 68 (oficial 1ª campo) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

Na sesión celebrada o día 21 de marzo de 2002, polo tribunal III-D designado pola Orde do 15 de xaneiro de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 68 (oficial 1ª campo) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola orde da Consellería de Presidencia do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), e de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, acordouse:

1. Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 68 (oficial 1ª campo) do grupo III realizarase o día 25 de abril de 2002, ás 17 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4 (polígono das Fontiñas) de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos aspirantes no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17 horas.

2. Os aspirantes deberán acudir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como de lapis nº 2 e goma de borrar (base II.2.3).

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2002.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal