Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.351

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo para a presentación das solicitudes ás que se refire o artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo.

Base 1º.-Obxecto.

O obxecto desta convocatoria é a modificación das listas elaboradas trala convocatoria realizada pola Resolución do 30 de xuño de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 12, do 7 de xullo) para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo dos grupos e categorías da Administración da Xunta de Galicia que se especifican no anexo I, nos que a súa cobertura se considere de urxente necesidade, mentres non sexan ocupados polo correspondente persoal laboral fixo, de conformidade co disposto no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e no punto 5 da base 6ª da citada resolución.

Base 2º.-Modificación das listas.

A modificación consistirá, de conformidade co artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, na inclusión das persoas que reúnan os requisitos ós que se refire o anexo I desta resolución (os citados requisitos deberán posuílos o último día de prazo para a pesentación de solicitudes) para formar parte das listas A1, A2 ou B e ou ben non presentaron no prazo fixado pola Resolución do 30 de xuño de 1999 da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 12, do 7 de xullo) a correspondente instancia ou ben, tendo presentado solicitude, figuraron

excluídos ou non admitidos nas listas definitivas do grupo e categoría que se trate.

De conformidade co exposto anteriormente, as listas nas que se incluirán os solicitantes serán as seguintes:

Lista A) 1. Incluiranse nestas listas os aspirantes que, non tendo superado o último proceso selectivo correspondente, aprobaron tódalas probas da fase de oposición e obtiveron puntuación na fase do concurso. Neste caso a prelación virá dada pola posición obtida na resolución das respectivas convocatorias de acceso, computándose a suma de ámbalas dúas puntuacións, figurando aquela de maior a menor.

Lista A) 2. Incluiranse nesta lista aqueles aspirantes que, non tendo superado o último proceso selectivo correspondente, aprobaron tódalas probas da fase de oposición e non obtiveron puntuación na fase de concurso, fixando a súa prelación en función da suma das cualificacións obtidas na dita fase, ordenadas estas de maior a menor.

Así mesmo, aqueles aspirantes que aínda tendo puntos correspondentes á fase de concurso, desexen inscribirse na lista A) 2 renunciando ós puntos da fase de concurso e polo tanto á súa inclusión na lista A) 1 poderán facelo sinalándoo na instancia, debendo permanecer na devandita lista, unha vez efectuada a opción durante a súa vixencia.

Se se trata de interesados ós que lles sexa de aplicación a alínea A 1 deberán indicar na solicitude en qué alínea desexa figurar na lista (A1 ou A2). No seu defecto incluirase na alínea A1.

Os aspirantes poderán elixir ser incluídos nas listas respectivas en máis dun ámbito territorial. Unha vez chamados para prestar servicios nun dos ámbitos elixidos, e logo de aceptación do posto de traballo, serán excluídos dos demais ámbitos territoriais nos que figuren, sen prexuízo do disposto no artigo 8 do Decreto 89/1997, do 10 de abril.

De acordo co disposto no artigo 4.2º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, as listas que se confeccionan para os grupos e categorías que así se sinalan no anexo I serán unicamente as correspondentes ás alíneas sinaladas con anterioridade (A1 e A2), ó considerar suficiente o número de opositores que non superaron os últimos procesos selectivos pero si tódalas probas da fase de oposición.

No caso de empate prevalecerá a nota máis alta conseguida no primeiro exame do correspondente proceso selectivo.

Os chamamentos realizaranse utilizando simultánea e alternativamente as listas A) 1 e A) 2 de forma que o primeiro aspirante chamado será o correspondente da lista A) 1, o segundo o da lista A) 2, e así sucesivamente ata esgota-las dúas listas da letra A), todo isto en cada ámbito territorial no que existan as listas de que se trate.

Lista B:

Incluiranse nesta lista os solicitantes que non reúnan as condicións para poder inscribirse nas anteriores, e a súa orde de prelación virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo ó que se refire o artigo 12.B) do Decreto 89/1997, de 10 de abril. En todo caso, o chamamento dos integrantes desta lista terá carácter subsidiario da lista A1 e A2.

Esta lista so se aplicará ós aspirantes que se inscriban na lista de grupos e categorías que se especifican con tal carácter no anexo I.

Cada interesado poderá presentar solicitude para ser incluído nunha ou máis listas e, dentro destas, nos ámbitos territoriais que desexe. Unha vez chamado para prestar servicios nun dos ámbitos elixidos e logo de aceptación do posto de traballo, será excluído dos demais ámbitos territoriais nos que figure, sen prexuízo do disposto no artigo 8 do Decreto 89/1997, do 10 de abril.

De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, a comisión permanente de valoración poderá fixar un número máximo de compoñentes das listas cando, polo número de instancias presentadas e o número de vacantes que se prevexa que poidan producirse, aquel pareza suficiente.

Polo que se refire o ámbito territorial para cada grupo e categoría dos que figuren no anexo I, elaborarase unha nova lista para servicios centrais e/ou para cada provincia da Comunidade Autónoma salvo para aquelas categorías que se indican no anexo I na que a elaboración das listas será de ámbito territorial inferior ou superior ó da provincia. Para tal efecto no anexo V especifícanse os distintos ámbitos territoriais nos que será efectiva cada lista.

Base 3º.-Solicitudes.

1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo II e III desta convocatoria.

2. O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Os solicitantes estarán obrigados, no prazo de dez días contados a partir da publicación das listas provisionais a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante de pagamento das taxas que a seguir se expresan:

Grupo III: 34,92 euros.

Grupo IV: 29,12 euros.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Para facer efectivo o ingreso da taxa deberase cubri-lo anexo IV. Os modelos correspondentes a este anexo facilitaranse nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia especificadas na base 3.2, debendo cubrirse cos códigos que figuran neste. Non obstante para o cumprimento deste requisito poderanse utilizar unha fotocopia do anexo IV, que se publica con esta convocatoria.

Base 4º.-Requisitos.

1. Non figurar admitido con carácter definitivo na lista do grupo e categoría correspondente.

2. Os solicitantes deben reuni-los requisitos que para cada grupo e categoría se determinen no anexo I.

3. Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega, ou nacional da República de Islandia.

Tamén podrán participa-lo cónxuxe, ascendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais asinados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

4. Ter cumpridos os 18 anos.

Os citados requisitos deberán posuílos o último día de prazo para a presentación de solicitudes.

Así mesmo, terán que acreditar no momento en que acepten o posto de traballo que se lles oferte:

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das correspondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude dun expediente disciplinario nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Estar en posesión do título esixido para o grupo e categoría a que se accede.

-Declaración de non estar incurso nalgún dos supostos da normativa en materia de incompatibilidades (Lei 53/1984, do 2 de agosto, e normativa concordante)

No suposto de non acreditar estes requisitos, os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

Base 5º.-Documentación.

Xunto coa solicitude deberán presentar fotocopia do DNI e da titulación académica esixida no anexo I.

Os méritos que invoquen os interesados e que, de acordo co baremo previsto no artigo 12 do Decreto 89/1997, desexen que se lles teña en conta, así como o cumprimento dos requisitos esixidos para cada grupo e categoría que se solicite, acreditaranse debidamente mediante documentos orixinais ou fotocopias destes, que se presentarán cotexadas de maneira que dean fe, debendo numerarse de acordo co modelo do anexo III, sinalando que non se valorarán aqueles méritos que pola comisión se considere que non estiveran suficientemente acreditados.

Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata o 7 de xullo de 1999, data da publicación da Resolución do 30 de xuño de 1999 da Dirección Xeral da Función Pública pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril.

Os méritos a que se refiren as alíneas B.2) e B.3) do artigo 12 do referido decreto, servicios prestados na Xunta de Galicia no mesmo grupo e categoría e nas outras administracións públicas no mesmo grupo e categoría, acreditaranse mediante certificación xustificativa que deberán emitir os órganos de xestión de persoal competentes.

Os méritos a que se refire a alínea B.4) do artigo 12 do referido decreto, servicios prestados nas empresas privadas no mesmo grupo e categoría, acreditaranse mediante copia cotexada dos contratos e informe de vida laboral emitido pola Tesorería Xeral da Seguridade Social.

No suposto de alegar méritos polas alíneas A) e B.1) (ter superados a totalidade ou algún dos exercicios do último proceso selectivo), non será necesario que o interesado os xustifique.

Base 6º.-Elaboración das listas.

1. A comisión permanente de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados

ó persoal laboral, ó que se refire o artigo 5 do Decreto 89/1997, e que ten a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, será a encargada de elabora-las listas correspondentes. A petición da comisión permanente, e cando o número de aspirantes así o faga aconsellable, poderán nomearse comisións colaboradoras, e a súa función será participar na aplicación do baremo ós méritos alegados polos interesados.

2. Unha vez elaboradas as listas obxecto desta convocatoria, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da exposición destas nos taboleiros de anuncios do servicio de información e atención ó cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

3. A partir da data da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio da exposición das listas definitivas desta convocatoria, os solicitantes admitidos serán incluídos pola Comisión Permanente de Selección nas listas do grupo e categoría existentes, no lugar que lle corresponda pola orde de prelación atendendo á puntuación obtida segundo o establecido na base 2.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO I

GrupoCategoríaRequisitos académicos requiridosÁmbito territorialObservacións

III63Bacharelato superior, FP2 ou equivalente. Carné de conducir C2 (equivalente ó novo carné C) e C+EProvincial e servicios centraisLista A1/A2/B

IV9a) FP1 (rama agraria), ou b) graduado escolar, FP1 ou equivalente e dous anos acreditados de experiencia na categoría naProvincialA CoruñaLista A1/A2/B

Administración pública ou tres anos na empresa privada.Lugo

Relación e denominación das categorías das que se abren listas.

Grupo III. Especialistas e encargados.

(63) Oficial 1ª conductor; conductor 1º; conductores de altos cargos; conductor/a mecánico.

Grupo IV. Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª.

(9) Oficial 2ª faenas agrícolas; oficial 2ª de campo; oficial 2ª gandería; oficial 2ª agrícola.

ANEXO V

Ámbitos territoriais

D0000: servicios centrais.

D1500: provincia da Coruña.

D2700: provincia de Lugo.

D3200: provincia de Ourense.

D3600: provincia de Pontevedra.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA